O XSC pecha o seu primeiro ano en loor de multitudes

O flamante gañador da Copa da Costa 2013, a do 50 aniversario, era recibido onte no seu Concello. O Xallas de Santa Comba recibía toda clase de felicitacións e detalles por parte da corporación municipal, que deu as grazas a todas as categorías do clube bicolor polo esforzo realizado nesta meriotoria campaña.

Unha campaña, esta 2012/2013, histórica por é a primeira dende a fusión entre os Santa Comba e o Xallas CF. Polo visto, e máis alá dalgunha que outra desavenencia, son todo un exemplo para o restodo fútbol da Costa, e esperemos que todos se decaten do gran paso que deron e do gran futuro que lle espera a este clube, chamado a metas máis altas.

I é que a idea da recepción foi que a campaña 2013/2014 ten que ser cara adiante. Xa comezan a campaña cun equipo en Liga galega Infantil, e un en Preferente, pero aínda hai moito camiño por andar. Os maiores buscarán o ascenso á 3ª, os cadetes e xuvenís a Liga Galega, para seguir sendo grandes estandartes do fútbol costeiro.

Na recepción, as visitas máis esperadas eran as dos deportivistas Juan Domínguez, ou Juan Carlos, xogador do Deportivo da Coruña, cedido a pasada temporada á SD Huesca. Tamén estiveron Víctor Espasandín, xogador de Santa Comba, que actualmente milita no C.E. Sabadell, e mais Sergio Pereira Blanco, xogador formado no fútbol base de Santa Comba, actualmente no Deportivo da Coruña (Xuvenil División de Honor).

E como non, o broche de ouro, e o momento máis emotivo protagonizouno Doro. O capitán xalleiro, nomeado mellor xogador da Final, e para nós o mellor xogador da #CopadaCosta e probablemente da temporada, non puido conter as bágoas da emoción.

O concello fixo entrega a todos os xogadores do clube de varias orlas e un diploma ás categorias máis pequenas.

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Torneos

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).