Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carnota e Muros viviron grandes e emotivos torneos

Carnota e Muros viviron grandes e emotivos torneos

Se boa parte da bisbarra estaba na gran festa do #futboldacosta, Carnota e Muros tiveron citas nos respectivos municipais, que por certo, foron protagonistas.

Torneo de F7 de Carnota

Torneo de F7 de Carnota-Foto-Jorge Parri

Foi a ACDR O Patín de Carnota a organizadora deste III Campionato de Fútbol 7 Carnota 2013. 17 equipos participaron, chegando de toda a provincia, e de feito o nivelazo fixo que os primeiros postos marcharan lonxe da Costa. De feito, os costeiros que máis arriba quedaron foron os ceenses do Drinking Team, con xogadores como Parroto, Isma Leis, Diego Cespón ou Piquero, que quedaron 3º vencendo aos xalleiros de Deportes Alvite na final de consolación.

O primeiro posto marchou para Santiago, da man da Casa dos Morcegos que vencía na finalísima aos membros da Cervecería Esmorga de Negreira. Precisamente foron os nicrarienses os que eliminaron aos ceenses en semifinais.

Os santiagueses da Casa dos Morcegos foron campións do Torneo de Carnota-Foto-Jorge Pari A Esmorga de Negreira quedaron 2º no Torneo de F7 de Carnota-Foto-Jorge Parri O Drinking Team de Cee quedaron 3º no Torneo de Carnota-Foto-Jorge Parri Os xalleiros de Deportes Alvite quedaron 4º no Torneo de Carnota-Foto-Jorge Parri

I Torneo Eleuterio Balayo

Placa do novo campo EleuterioBalayo de Muros-Foto-Manuel Caamano

"Unha das mellores persoas que houbo no mundo do fútbol muradán". Así definen en todo o Concello ao fundador do Muros SD, tanto os rivais como os antigos compañeiros, deste o que será o eterno presidente do Muros.

O sábado tivo lugar o "bautizo" oficial do campo municipal de Miraflores como Campo Eleuterio Balayo, coa celebración du torneo que enfrontaba a unha boa selección do Concello de Muros contra ao CF Dumbría.

Foron os locais os vencedores, tras superar por 4-1 (cos tantos de Edu, Manu, Sexo e Pesco para os muradáns e do novo Marcote para os dumbrieses). I é que contaban cun bo plantel formado por xogadores dos 4 equipos: Fabio, Teo, Dani, Manu e Sexo por parte do Muros SD; Dani Rama, Kike, Simón, Alex e Andel pola Esteirana; Iago, Varito, Mingos, Ivi e Nimo polo Volantes; e Chema, Canelo, Cosme, Pesco e Edu representando ao Montelouro.

E mentres, segue a emoción no Campionato de Barrios de Esteiro e para o 20 de xullo, Torneo do Volantes.

Escena do choque entre a Seleccion de Muros e o Dumbria no Torneo Eleuterio Balayo-Foto-Manuel Caamano

Crónicas da semana

Torneos

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios