O XSC pecha o seu primeiro ano en loor de multitudes


O flamante gañador da Copa da Costa 2013, a do 50 aniversario, era recibido onte no seu Concello. O Xallas de Santa Comba recibía toda clase de felicitacións e detalles por parte da corporación municipal, que deu as grazas a todas as categorías do clube bicolor polo esforzo realizado nesta meriotoria campaña.
Unha campaña, esta 2012/2013, histórica por é a primeira dende a fusión entre os Santa Comba e o Xallas CF. Polo visto, e máis alá dalgunha que outra desavenencia, son todo un exemplo para o restodo fútbol da Costa, e esperemos que todos se decaten do gran paso que deron e do gran futuro que lle espera a este clube, chamado a metas máis altas.
I é que a idea da recepción foi que a campaña 2013/2014 ten que ser cara adiante. Xa comezan a campaña cun equipo en Liga galega Infantil, e un en Preferente, pero aínda hai moito camiño por andar. Os maiores buscarán o ascenso á 3ª, os cadetes e xuvenís a Liga Galega, para seguir sendo grandes estandartes do fútbol costeiro.
Na recepción, as visitas máis esperadas eran as dos deportivistas Juan Domínguez, ou Juan Carlos, xogador do Deportivo da Coruña, cedido a pasada temporada á SD Huesca. Tamén estiveron Víctor Espasandín, xogador de Santa Comba, que actualmente milita no C.E. Sabadell, e mais Sergio Pereira Blanco, xogador formado no fútbol base de Santa Comba, actualmente no Deportivo da Coruña (Xuvenil División de Honor).

E como non, o broche de ouro, e o momento máis emotivo protagonizouno Doro. O capitán xalleiro, nomeado mellor xogador da Final, e para nós o mellor xogador da #CopadaCosta e probablemente da temporada, non puido conter as bágoas da emoción.
O concello fixo entrega a todos os xogadores do clube de varias orlas e un diploma ás categorias máis pequenas.




Novas relacionadas
- Movementos nos clubes da Costa: 14 equipos na 3ª?.
- A Gala do Fútbol da Costa xa ten convocados e xogarase probablemente en Outes.
- Os equipos costeiros de Preferente e 1ª non terán descanso pola Copa Deputación.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
Crónicas da semana
- Os campións da MiniCopa da Costa.
- O Xallas de Santa Comba, campión da 50 edición da Copa da Costa.
- Carnota e Muros viviron grandes e emotivos torneos.
Torneos
Artigos relacionados
- Alberto Pose: A miña homenaxe a un deses Presidentes que fan grandes o fútbol da Costa.
- Xosé María Lema Suárez: O ascenso, a celebración ideal do cincuentenario do C.D. Baio.
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).