Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Movementos nos clubes da Costa: 14 equipos na 3ª?

Movementos nos clubes da Costa: 14 equipos na 3ª?
Novidades arredor do Cerqueda, Seaia, Corcubión, Xaviña e Carnota

Nas últimas semanas varios clubes estiveron pendentes dun fío ao tempo que parece que outros van aparecer en escena. Carnota, Cerqueda, Xaviña, os filiais, Sporting Seaia... Nalgún lado a cousa vai para adiante, como no caso do Carnota, o Cerqueda ou o propio Seaia, pero noutros vai para atrás e parece que a baixa federativa non ten marcha atrás.

Así, facendo balance, topamos con que vai quedar a 3ª Autonómica bastante coxa, con só 14 equipos.

Repasamos pois os últimos movementos.

4 equipos en Malpica: Cerqueda si, Sporting Seaia tamén

Prantexábase complicada a supervivencia da UD Cerqueda trala dimisión do seu presidente Angel Garrido nun ano moi longo. Pero apareceu esa man salvadora.
O Cerqueda segue adiante cun novo proxecto, e como presidente estará un ex xogador que xa estaba na directiva estes 2 últimos anos, Roberto García Pérez, que debe ser o presi máis novo da Costa con 26 anos. Ao seu carón estará como Vicepresidente Oliver Castro Garrido, como Secretario Hector Castro Garrido, como Tesoureira Tatiana Dourado Rios e como Vocais Iván Chans Pose, Anxo Garrido e Jose Luís García.
Do plantel quedan case todos agás un par de nomes, e a nova directiva xa está pensando en reforzar o equipo para seguir estando arriba un ano máis.

Ademais, a proposta do Sporting Seaia vaia adiante. O equipo de peñas vai federarse esta temporada. E nolo asegura Pablo Caamaño tras organizar un torneo condicionado pola coincidencia da final de Copa co Malpica ademais en xogo. "Xa temos os papeis, xa temos todo listo, só falta que haia asemblea e aprobar a nova directiva". Unha directiva na que estarán como Presidente, Ramón Carracedo, Pablo Caamaño será o vicepresidente, Abelenda Martínez a tesoureira, e Sergio Carracedo, Raquel Pose Mouzo e Adrián Parga de vocais.
Cun plantel xa máis o menos formando, andan buscando un adestrador que meta garra de verdade.

A armada carnotá segue adiante

Por Carnota, a pesar da amenizaza de bomba, seguen os mesmos de sempre mantendo a flote o barco. Tono do Toumo asumirá un ano máis o papel de presidente, Manolo Chouza e Pedro Pichín serán os currantes dentro e fóra do campo, e Alfredo Cambeiro manterase no banco. Jacobo Sande, Miki e Brea serán das poucas baixas coas que contará o cadro carnotán, que prentende recuperar vellas fichaxes.

E o Xaviña?

Outro equipo con sombra de desaparecer é o Xaviña. O cadro camariñán perde a Pirucho, que marcha de adestrador de xuvenís e posiblemente sexa tamén un reforzo do equipo de 1ª Autonómica. Esa baixa fixo dano no plantel, e o presidente Isaac Gallego, no que recae todo o traballo, tampouco está moi animado nin atopa un equipo que lle meta unha man.
Polo de pronto estarán presentes no Trofeo do Carme de Camariñas o día 14 de xullo, pero xa teñen os papeis preparados para dar a baixa federativa. Teñen de prazo ata o 16 de agosto, e esperarán a ver se volven os ánimos.

Como vai a UD Corcubión?

Non é que o Corcubión estea a piques de desaparecer, nin moito menos. De feito, o seu presidente, Casimiro, seguirá á fronte do equipo non aparece ningún relevo, e trala dimisión do resto da directiva. Mentres Casimiro busca compañeiros, xa ten enriba da mesa unha oferta para tomar o clube. Carlos Lema, pai do actual xogador Iago Lema, prantexoulle ao actual presidente que el e mais un grupo de colaboradores están dispostos a tomar a iniciativa de coller o clube. De feito, xa ten armado un equipo de traballo, cun proxecto completo, pensando en facer xuvenís e mais cadetes.

Tamén está pendente Carlos Lojo, ex presidente do clube, que de non presentarense máis alternativas, tomará o mando de novo. Todo queda pendente da Asemblea do día 12 de xullo dende cando terán 10 días para presentar nova candidatura.

De filiais

O ano que vén, a non ser que cambien moito as cousas, non haberá Dumbría B, que desaparece igual que o Fisterra B, dando conta o complicado que é manter filiais no #futboldacosta.
I é que nos últimos anos vimos aparecer e desaparecer ao Bergantiños B, ao Muros B, ao Santa Comba, ou ao Ponteceso B.

Así, este ano só estará o Soneira B en competición, tras un gran ano no que estivo preto do ascenso á 2ª Autonómica.

De fichaxes

E nos últimos días estanse facendo efectivos varias fichaxes. Se David Lourido deixa o Corcubión para ir ao Dumbría, o mesmo destino colle o fisterrán Cote, o ceense Rivi ou o carballés Julián Couto. Ademais, do Corcubión sae tamén o dianteiro Cristian, que volve á que foi a súa casa, o UC Cee. Un Cee que queda sen Víctor, o dianteiro corcubionés que é o primeiro reforzo do Baíñas do ano que vén, que parece que vai con forza.
Un que volve é Bibi, que fichará de novo polo Muros, que tamén se reforza na menos que con Piti, outro vello roqueiro que deixa o Volantes para voltar ao Muros.

Crónicas da semana

Torneos

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios