Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os campións da MiniCopa da Costa

Os campións da MiniCopa da Costa
Os alevins de Vimianzo campions da primeira Copa da Costa

Se mañá coñeceremos o novo Mundialiño de Cee, hoxe repasamos o acontecido na mini Copa da Costa así como o Memoria Andújar de Dumbría.

Primeira Mini Copa da Costa

O UC Cee de Jose Carlos e Carabanda campion da Copa da Costa Benxamin

Tiveron o seu momento de gloria os máis pequenos da bisbarra na gran Festa do Fútbol da Costa. No descanso da final saltaron ao campo os campións da primeira edición da Copa da Costa en benxamíns e alevíns de fútbol 8. Houbo algunha queixa dos pais, pois algúns dos equipos estaban disputando precisamente o Memorial Andújar e non puideron estar, e porque os pais tiveron que pagar a entrada da finalísima.

En alevíns o campión foi o equipo de Vimianzo, tras vencer 3-1 na final ao Cabana, sumando un novo título aos xa acadados de Campión de Liga de Fútbol 8, Campión de Liga de Fútbol Sala Costa da Morte, Campión Intercomarcal de Fútbol Sala e Subcampión Provincial de Fútbol Sala. Aí é nada o temporadón dos de Paco.
Mentres foron os benxamíns do UC Cee os campións desta primeira Copa tras vencer ao Outes por un apretado 1-0.

Os alevins de Vimianzo de Paco pecharon un ano tremendo

Moito máis que fútbol en Dumbría

Os trofeos do Memorial Andujar

Toda unha referencia xa este "III Memorial Manolo Andujar". Pequenos de toda a provincia xuntáronse no Conco para disputar o torneo, participando nada menos que 20 equipos das categorías Prebenxamin, Benxamin e Alevin: CF Dumbría (Prebenx, Benx e Alev), Victoria CF (Benx e Alev), Sp. Coruñés (Benx e Alev), Platges de Calvia (Mallorca) (Benx), AD Parameán (Alev), SD Fisterra (Prebenx, Benx e Alev), UC Cee (Prebenx, Benx e Alev), Outes CF (Prebenx, Benx e Alev), Rácing San Pedro (Benx e Alev).

Moita xente no campo dumbriés para ver aos cativos, sendo protagonistas os fisterráns, que quedaron subcampións nas tres finais. Nos máis pequenos, os prebenxamíns, caían nos penaltis co Dumbría; en Benxamíns eran os mallorquíns do Platges de Calvia os que vencía con claridade, ao igual que o Sporting Coruñés de Alevíns.

A festa continuou nas excelentes instalacións do Conco.

Un dos equipos do Memorial Andujar Futbol pero tamen piscina no Memorial Andujar Xantar comunal no Conco

Crónicas da semana

Torneos

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios