mércores. 04.12.2024
El tiempo

O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa

O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador da Selección Galega de tenis de mesa
Miguel Rey co AD Zas O zaseiro Miguel Rey, novo Seleccionador Galego de Tenis de Mesa

Unha nova demostración da potencia do tenis de mesa soneirán a nivel galego é a confirmación do zaseiro Miguel Rey como novo Seleccionador Galego. O membro da familia AD Zas farase cargo de todas as categorías agás da de Veteranos, que teñen unha agrupación propia.

A directiva tivo que escoller a alguén que tivese continuidade e que collese a cousa con ilusión, e quen mellor que este tremendamente compromedito rapaz. Miguel substitúe a Tere Nine e afronta o reto con moitas gañas e unha actitude sempre positiva.

Terá que lidiar, iso si, coas dificultades destes tempos, pois non hai cartos e os xogadores teñen que pagarse as viaxes aos Campionatos, Uns campionatos aos que seguramente irán algún que outro zaseiro, pois o noso nivel está moi arriba, e seguro que veremos a varios dos nosos veciños lucindo con orgullo a camiseta de Galicia.

Un tenis de mesa soneirán que segue medrando. Stevo Lema vai levar este ano o deporte ata Cee, a través do CEIP Eugenio López. Ademais xa pediron na Federación que un dos Grupo se chame “Liga da Costa”, no que competirían 3 equipos de Zas, 2 de Vimianzo, emais os de Mazaricos e Santa Comba coe Noia, A Baña, e igual Portomouro.

Haberá que esperar.

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.

Comentarios