Os Cadetes do Volei Dumbría tamén son Campións da Liga Galega

Xa vimos que os infantís do Manuela Rial xa son Campións da Liga Galega de Volei. Pois tamén celebramos o título do equipo cadete masculino do Voleibol Dumbría, que se proclamaba o pasado domingo campión da Liga Galega na súa fase regular tras derrotar ao Xuvenil Teis de Vigo por un cómodo 3-0 con parciais de 25-10, 25-17 e 25-12.

O equipo dumbriés callou unha gran tempada perdendo tan só un partido e recibindo máis nada que 7 sets en contra. A liga estivo moi disputada xa que o título tívose que decidir aplicando o cociente entre sets a favor e sets en contra, xa que o V. Burgas de Orense acabou empatado a puntos cos dumbrieses.

Polo Campionato Galego

O obxectivo será agora preparar o Campionato Galego que se celebrará o 11 de maio e onde se enfrontará en semifinais ao Ames. A outra semifinal xogarana o V. Burgas de Orense contra o Emevé de Lugo. Deste campionato sairán os dous equipos que representarán a Galicia no Campionato de España que se celebrará en Badajoz a finais de xuño.

Un novo plantel

Os adestradores Luís Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga destacan a mocidade do grupo e o gran nivel de xogo alcanzado polo mesmo, xa que a maioría do persoal fórmana os infantís que se proclamaron Campións Galegos a tempada pasada e tan só cuentran con dous xogadores de segundo ano. Ademais xogaron gran parte da tempada 4 infantís.

O plantel está formada por Manuel Marcote como colocador, Juan Carballo e Juan Bautista Marcote (infantil) como opostos, Javier Domínguez, Gabriel Trillo, Juan José Traba, J. Manuel Avó e Marco Lado (infantil) como centrais, David Redonda, Xavier Pérez e J. Manuel Bermúdez como receptores e os infantís Unai Larrañaga e Samuel Sambade como líberos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.