Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Os infantís do Manuela Rial xa son Campións da Liga Galega de Volei

Os infantís do Manuela Rial xa son Campións da Liga Galega de Volei
Os infantis do Manuela Rial con Luis Alberto e Gurutz son Campions da Liga Galega de Volei

Segue o deporte dumbriés dándonos alegría tras alegría. O equipo infantil do colexio Manuela Rial Mouzo, pertencente ao club Voleibol Dumbría, conseguiu esta fin de semana finalizar en primeira posición da fase regular da Liga Galega de voleibol. Coa súa vitoria ante o Xuvenil Teis de Vigo por 3-2 con parciais de 25-17, 22-25, 22-25, 25-8 e 15-10, o equipo dumbriés consegue por segundo ano consecutivo proclamarse campión da máxima competición a nivel autonómico.

Coa vitoria deste fin de semana, o equipo sumou un total de 13 vitorias e tan só 1 derrota, cedendo tan só 11 sets en toda a competición. Os adestradores Luís Alberto Fernández e Gurutz Larrañaga están moi contentos co rendemento deste novo equipo, xa que a maioría deles participaban por primeira vez en devandita competición.

Aí toca darlles protagonismo aos xogadores, e o plantel está formado por Javier Rei e Kevin Paz como colocadores, Juan Bautista Marcote como opuesto, Alberto Sampedro, Marco Lado e Manuel Costa como centrais e Unai Larrañaga, Samuel Sambade, Mathieu Campetella e Juan Pedro García como receptores.

A polo Campionato Galego e o de España

Agora afrontarán o reto de repetir vitoria no Campionato Galego que terá lugar en sé aínda por determinar, a fin de semana do 20 ou 21 de abril. Neste campionato o rival en semifinais será de novo o Xuvenil Teis de Vigo, mentres que a outra semifinal xogarana o Emevé de Lugo contra o Santa María do Mar da coruña.

Deste Campionato no que participan os 4 primeiros clasificados da Liga Galega, sairán os dous equipos que representarán a Galicia no Campionato de España que terá lugar en Cuenca do 22 ao 26 de maio, no que esperan repetir participación trala meritoria 9ª praza conseguida o ano pasado no Campionato de España celebrado en Guadalajara.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios