![Desafio Millagrosa-Carballo]()
O barrio carballés da Milagrosa será o vindeiro
2 de setembro o escenario da
primeira edición do "Desafío Milagrosa"; unha carreira popular de obstáculos organizada pola asociacióin de comerciantes, empresarios, hosteleiros e profesionais da zona.
O "Desafío Millagrosa" consistirá nun percorrido duns 1.000 metros, nos que haberá que superar varios obstáculos - adaptados para adultos e menores - que achegarán as empresas que forman parte da asociación organizadora. A saída e a meta estarán situadas na cancha de baloncesto do parque da Milagrosa. Os participantes terán que superar os obstáculos para rematar a proba ou, no seu defecto, superar unha proba de penalización cada vez que non poidan superar algún destes puntos.
A inscrición, que será gratuíta, xa se pode formalizar na
páxina de Facebook da asociación e hai un máximo de 200 inscricicións. Os corredores sairán en quendas de dez persoas, co fin de garantir un óptimo desenvolvemento da proba. O prazo estará aberto ata o xoves 31 de agosto ás 23.59 horas. Haberá medallas para todas as persoas que finalicen a proba e ademais
haberá trofeos para os tres primeiros clasificados nas categoría masculina e feminina. Ambos galardóns son cortesía da xoiaría Bema.
O "Desafío Millagrosa" conta coa colaboración da Deputación da Coruña, concello de Carballo, Carballo Deporte, Policía Local, Protección Civil e a comisión de festas da Milagrosa.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Asociación de comerciantes, empresarios, hosteleiros e profesionais da Milagrosa