sábado. 09.11.2024
El tiempo

Os Dumbrías das Ligas Galegas continúan facendo unha espectacular tempada

Os Dumbrías das Ligas Galegas continúan facendo unha espectacular tempada
Diego Estevez do Dumbria xuvenil ante o Conxo-Foto-Veteranos Dumbría Diego Estevez do Dumbria xuvenil ante o Conxo-Foto-Veteranos Dumbría Continuan na parte alta das Ligas Galegas os Cadetes e Xuvenís do C.F. Dumbría, facendo un histórico comezo de campaña. O inicio de tempada dos costeiros ten moito mérito non só polos resultados, que están sendo moi bos (a día de hoxe ocupan a 5ª e 6ª praza en Cadetes e Xuvenís, respectivamente), senón tamén por como están a render todos e cada un dos membros dos planteis, e ante calquera contratempo en forma de lesións ou ausencia de xogadores, seguen competindo sen que ver mermado o seu potencial competitivo. Sen dúbida, un gran traballo de todos e cada un dos compoñentes destes dous equipos e corpos técnicos.

Os Xuvenís, fortes na casa

O capitan do Dumbria Xuvenil de Liga Galega Adrián, capitán do Dumbría Xuvenil de Liga Galega-Foto-Veteranos Dumbría Os Xuvenís de Pablo Conde e Joaquin Quintáns non dan opción no Conco os seus rivais. Equipos como As Pontes, AC Montañeros ou Cd Conxo caeron no Municipal dumbriés ante os rapaces costeiros que no seu feudo se volven un equipo moito mais difícil de batir. En cambiom lonxe do Conco os resultados tornan en derrotas o que fala ás claras do difícil e competitiva que é esta Liga Galega Xuvenil. Así, as viaxes a Ferrol ante Galicia Caranza e SD O Val trouxeron dúas derrotas duras e a visita a Lalín (líder da liga) tamén foi negativa en canto a resultado, que non no xogo, onde os xogadores do Dumbría mereceu moito mellor resultado do finalmente acadado. Na xornada 7 visitaba O Conco o C.D. As Pontes Xuvenil e o partido estivo moi igualado con un equipo visitante que se defendeu con moitoa orde e buscaba xenerar perigo á contra, o equipo costeiro tratou de realizar o seu xogo habitual e pouco a pouco foi xenerando ocasións ata que no minuto 75 Diego Estevez fixo o gol do triunfo. Viaxou ata Caranza o equipo na xornada numero 8 coas importantes baixas de Brais Fernández e Mario Insua que resultaron decisivas para o rendemento do equipo dumbirés, o Galicia Caranza non dou opcion e impuxose cun claro 4-0 nun mal dia dos Costeiros. A volta o Conco na xornada 9 foi tamen a volta os triunfos, visitou Dumbría un dos favoritos o título, o Atl. Coruña Montañeros C.F. que ata ese momento non coñecía a derrota, pero os bravos xogadores locais a base de bo fútbol e intensidade impuxéronse por 2-0 con goles dos seus dianteiros. Brandon antes do descanso e Diego Estevez a volta da caseta paradéronlle os 3 puntos os locais ante un rival que tras 12 xornadas só perdeu na súa visita a Costa da Morte. De novo tocaba viaxar e esta vez ata o campo do líder da competecion o E.F. Lalín, un rival que esta a facer un inicio de tempada espectacular, o equipo de Conde realizou un partido moi completo pero penalizoulle o nulo acerto de cara o gol, incluso desperdiciando un penalti. O Lalín adiantouse no marcador e xa nos últimos minuto logrou o definitivo 2-0 cun Dumbría volcado ao ataque para puntuar. De volta no Conco na xornada 11 para enfrentarse o C.D. Conxo Santiago, o equipo volveu a dar unha grandísima sensación. O partido foi disputadísimo e os de Santiago adiantáronse no marcador na segunda metade pero os rapaces da Costa da Morte son duros de roer e pouco despois foron capaces de empatar o encontro cun gol de Gusa. Nos últimos 15 minutos o Dumbría tivo que xogar cun home menos pero eso non foi impedimento para acabar logrando os 3 puntos en xogo, o gol do triunfo chegaria nun disparo lonxano de Brais Fernández no minuto 89. Nesta última xornada tocou viaxar de novo a Ferrol, esta vez para xogar ante o S.D. O Val, nun sábado de moi mal tempo o partido estaba previsto que se disputase no campo de herba natural pero chegado o equipo a terras ferrolás foi informado de que se xogaba no artificial, un campo de reducidas dimensións e que estaba totalmente cheo de auga. Non sentou ben isto á expedición costeira que nos primeiros minutos de partido encaixou 3 goles que fixeron imposible sacar algo positivo. Na segunda parte o equipo intentouno cun fútbol directo e dispuxo de moitas ocasións pero solo Gusa acertaria con unha e xa rematando o partido á saída dun córner chegaría o definitivo 4-1. Así, o C.F. Dumbría volve o seu campo esta semana para recibir o Betanzos C.F. e tratar de seguir sumando de 3 en 3 como local. Ademais na ponte da primeira semana de decembro viaxará por partida dobre a terras do Barbanza para rendir visita o AT. Riveira e C.D. Boiro os días 6 e 8 respectivamente. Xuvenis do Dumbria ao remate do choque co Conxo-Foto-Veteranos Dumbria Xuvenís do Dumbría ao remate do choque co Conxo-Foto-Veteranos Dumbria  

Os Cadetes

Cadetes do Dumbria no conco-Foto-Cris Rodriguez Cadetes do Dumbria no Conco-Foto-Cris Rodriguez Pola súa parte os Cadetes de Nando e Canario seguen completando un inicio de temporada espectacular, tras a derrota por 1-0 en Viveiro cun horario matutino pouco acorde coa distancia entre as dúas poboacións chegou o derbi co Bergantiños onde o equipo da Costa da Morte se impuxo por 1-0 cun gol de Emilio Castro. Tocou viaxar á Estrada na seguinte xornada onde os adestradores aproveitaron para darlle minutos a xogadores que non estaban a ter tanto protagonismo nesta primeira parte da tempada e a pesar de contar coas baixas de Martin, Nico e Raul (os tres ese mesmo día estaban a representar a Costa da Morte en Arcade no Campionato Galego de Seleccións Comarcais), o equipo de Nando sumaba un valioso punto. A xornada 10 enfrontou o equipo co Victoria "B" no Conco e tras unha mala primeira parte e un inicio frouxo na segunda onde o rival se puxo por diante un final de partido pletórico do equipo local trouxo consigo unha nova vitoria gracias os goles de Martin e Carlos. A xornada 11 deparou un partido moi esperado por todos os rapaces do equipo, visitaron Abegondo para enfrontarse a todo un Deportivo da Coruña onde os rapaces de novo raiaron a gran nivel e a piques estiveron de volver cos 3 puntos no peto. Un gol de Ángel propiciou o empate en terras coruñesas onde nunha última ocasión clara para os nosos puido estar a vitoria. Na derradeira xornada disputada ata o de agora chegou a segunda derrota da tempada, fronte o Ural que se levou os 3 puntos no ultimo minuto dun partido espeso e que estaba destinado o 0-0 pero os herculinos aproveitaron un despiste na zaga local para imporse. Nesta próxima fin de semana o Dumbría rinde visita ao líder da categoría, o Bertamiráns C.F , un equipo que non coñece aínda a derrota, sumando 11 vitorias e 1 só empate.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/dumbria-lider-liga-galega-cadete/ https://quepasanacosta.gal/o-dumbria-comeza-a-temporada-dun-xeito-espectacular-nas-ligas-galegas/

Comentarios