mércores. 18.06.2025
El tiempo

Os dumbrieses Marco Lado e José Aba, 9º no Campionato de España de Seleccións de Volei Praia sub-19

Os dumbrieses Marco Lado e José Aba, 9º no Campionato de España de Seleccións de Volei Praia sub-19
Mozos do combinado galego de volei praia sub19 José Aba e Marco Lado, no centro, con outros compañeiros dos combinados galegos

Segue afianzándose Dumbría como unha potencia nacional a nivel volei e volei praia. A última demostración, a participación dos dumrbieses Marco Lado e José Aba no Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-19 que tivo lugar nas instalacións do Centro de Tecnificación da Federación Española de Voleibol, en Lorca, Murcia.

Os dumbrieses deixaron o pabellón galego ben alto. O primeiro en disputarse foi o trofeo masculino no que a parella balear Ramón/Mas sucedeu a Canarias como campión nacional. Dentro desta competición pelexaron os galegos Marco Lado e José Aba, do Voleibol Dumbría.

Os da Costa da Morte comezaron moi ben o campionato cunha primeira vitoria cómoda ante a parella madrileña en dous sets de 21-13 e 21 a 14. A esixencia foi medrando, tanto a nivel de xogo como a nivel físico, pero incluso con 38 graos e un sol de xustiza, Marco e José foron quen de superar a Cataluña no segundo encontro (2-1:19-21/21-17/17-15) e pasar así segundos de grupo a pesar da derrota por 2 a 0 (21-10/21-12) ante Baleares, á postre campión de España.

Foi un mal partido en oitavos, ante Cantabria o que apeou á nosa selección das eliminatorias, tras caer pola mínima no tie break (12-21/22-20/12-15), rematando así na novena posición.

O combinado feminino, composto por Emma Ordoñez (Barraña VP) e Lucía Prol (Emevé) alcanzaron o 9º posto.

Seleccion Galega de Volei Praia sub 19 Seleccions Galegas masculina e feminina de Volei Praia sub 19 en Lorca

Novas relacionadas

Crónicas do Volei Dumbría

Comentarios