Os grumetes de Aspadex e Apem bautizáronse con Cataventos
21:19 05/11/10
Como difrutaron os usuarios do centro Aspadex e os de Apem estes pasados mércores 3 e xoves 4 de novembro surcando as augas da ría de Corcubión. Gracias ao proxecto que organiza Cataventos Escola de Vela xunto co Club Marítimo Carrumeiro, os usuarios dos centros Aspadex e Apem coñecen a vela de primeira man. E o fan neste 1º Encontro a Vela Adaptada Aspadex-Apem, que se desenvolve estes días.
A primeira sesión xa foi toda unha experiencia. Os Jorge, Tomás, Javi, Isaac e Paco disfrutaron coma nunca. Todo era unha festa e manifestaron a súa alegría de mil maneiras. Alí estaba tamén o alcalde de Cee, Ramón Vigo, na zodiac de Cataventos, acompañado polo gran can Tomás, e os amigos de Aspadex non paraban de berrarlle "o noso alcalde!". Tamén estaban Lalo Insua, concelleiro de Deportes de Corcubión, e varios dos patrocinadores do proxecto, que non son outros que Suministros Lar, Carnicería Antelo, Labralia, E.S Bazarra, Carpintería e Ebanistería Sendón S.L, Marcos Canosa e o Hotel Insua.
Moi traballadores os membros do equipo de Aspadex. Como nos conta Noemí Bemúdez "a experiencia está sendo moi bonita. Ademais dá gusto con eles porque teñen moitas gañas de apreden e probar. Estiveron moi participativos en todo momento, dende montalo ou desmontalo ata controlar as velas ou o o timón. E por encima as condicións eran moi boas, cun vento ideal para a práctica da vela".
Bautizados
A nota máis impática da xornada foi o bautizo. Ao pasaren o ecuador da ría de Corcubión, Noemí e Marcos sacaron os gorros de Capitán Pescanova para bautizar aos novos grumetes. Escolleron nomes mariñeiros coma Delfín, Moby Dick ou Pulpo, cos que quedarán soñando estes días. Iso si, libraron do cubo de auga...Equipo Apem
Se o pasado mércores tocoulles aos mozos de Aspadex subirso ao veleiro de Cataventos, o xoves 4 de novembro era o turno dos rapaces de Apem. Un equipazo composto por 5 tripulantes, Rosa, Benjamín, Paco, Marcos e Luís, acodiron ao peirao de Corcubión a realizar a súa primeira toma de contacto coa vela da man de Cataventos Escola de Vela xunto co Club Marítimo Carrumeiro e no marco do 1º Encontro a Vela Adaptada Aspadex-Apem, que se desenvolve estes días. Como nos contan Noemí Bermúdez e Marcos Trillo, responsables de Cataventos, "foi todo un éxito xa que o día era ideal, co mellor vento norte e sol. Un día perfecto de navegación". Ademais, a tripulación de Apem mostrouse moi disposta no desenvolvemento dos labores de abordo.Novas relacionadas
- Aspadex e Apem éncontrase a vela con Cataventos.
- Os pequenos do Carrumeiro participaron nunha Concentración de Escolas de Vela en Castrelo de Miño.
- A festa do deporte de Aspadex.
- Un día en Aspadex.
- O equipo de APEM prepárase para o Campionato Galego.
- O proxecto Gavea de vela para discapacitados participa na X Volta Náutica.
O Mar na Escola
- II Competición en Idade Escolar 2010: A ría de Camariñas acolleu a súa competición do Mar na Escola.
- I Competición en Idade Escolar 2010: As escolas de Cee e Camariñas saíron ao mar nas Ría de Corcubión.
- Estudiando o mar na Escola.
- O Clube Marítimo Carrumeiro forma e compite.
- Os alumnos do Manuela Rial achéganse ao mar con Cataventos:
- Cataventos achega o mar e a vela ás escolas da bisbarra.
Fonte
- Nota de prensa do Clube Marítimo Carrumeiro e de Cataventos Escola de Vela.