mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os infantís do Manuela Rial seguen de líderes invictos

Os infantís do Manuela Rial seguen de líderes invictos
Infantis do Manuela Rial de volei Os Infantís do Manuela Rial, líderes da Liga Galega de de volei

Co compromiso de apoio económico ratificado por Ferroatlántica, a familia do Volei Dumbría segue competindo de xeito exemplar.

Non para o equipo infantil masculino costeiro de 1ª Autonómica. O Manuela Rial Mouzo continua líder da clasificación tras impoñerse o Barraña por un contundente 3-0 (25-1 / 25-8 / 25-5). Como se pode comprobar o partido non tivo historia e os parciais mostran a clara diferencia que houbo entre o líder e o último clasificado da Liga Galega.

En categoría femenina as infantís seguen sen conseguir a vitoria nesta liga e desta vez foron superadas na casa por o CV Biro cos seguintes parciais: Manuela Rial Mouzo- Boiro 0-3 (15-25 / 12-25 / 20-25)

O equipo cadete masculino do Volei Dumbría impoñíase o CV Vigo por 3-0 (25-16 / 25-22 / 25-19) e tomaban así a revancha do partido de ida onde perderan por 3-1. O partido estivo totalmente dominado polo equipo local e foron moi superiores en todas as facetas do xogo.

Xa na categoría xuvenil masculino de 1ª autonómica o Volei Dumbría vencía claramente o CV Vigo por 3-0 (25-18 / 25-10 / 25-14). O equipo visitante acusou en exceso as baixas dos seus xogadores de referencia ó estar convocados co equipo de superliga2. O partido non tivo historia e o adestrador local aproveitou para probar novas posicións nos seus xogadores.

 

Novas relacionadas

Crónicas da tempada

Fonte

  • Volei Dumbría.

Comentarios