mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os padexeiros costeiros voltaron con 2 medallas para os seus equipos de Tomiño

Os padexeiros costeiros voltaron con 2 medallas para os seus equipos de Tomiño

Segunda proba para os dous clubs costeiros de piragüismo. Padexeiros do Club Sen Siras e do Club Deportivo Municipa Piragüismo Dumbría desprazábanse esta fin de semana ata a localidade pontevedresa de Tomiño para participar na Primeira Copa Promoción Slalon do Circuíto de Slalom de Augas Bravas Galego. 2 medallas colleitaron cada club.

A próxima proba para os dous clubes será a vindeira fin de semana, na segunda competición da Copa Galega de Slalom en Salvaterra,onde será o turno para os mais maiores dos dous clubs.

Dúas medallas para o Sen Siras

Martin Fernandez do Piraguismo Sen Siras-Foto-Camilo Soutelo Martín Fernández do Piragüismo Sen Siras, en Tomiño-Foto-Camilo Soutelo

Boa participación do club mazaricán que acadou dúas medallas e un 4º posto na clasificación por clubs, que o seguen situando como o primeiro club da modalidade da provincia da Coruña. Os pequenos padexeiros do Sen Siras superaron con éxito un trazado difícil que moitos participantes non lograban rematar o completo.

Sara Fernández, a máis pequena do club, rematou en segunda posición en kaiak benxamín feminino. Despois dunha primeira manga na que saltaba unha porta que lle sumaba 50 seg. o seu tempo, na segunda manga conseguía completar o percorrido sen saltar ningunha porta, logrando traer para casa a medalla de prata.
Matín Fernández, foi o gañador da proba na categoría kaiak benxamín masculino, marcando o mellor crono nas dúas mangas, que se mirou ensombrecido por unha penalización de 50 seg na primeira volta, da que soubo sobrepoñerse e baixar a segunda manga con cero penalizacións. Martín marcou un tempo que lle permitiría facer podio incluso na categoría superior, na que reman padexeiros de ata 2 anos maiores que el.
Francisco Fernández despois de dúas mangas moi boas rematou en 5ª posición en canoa infantil e en novena en kaiak, na que facer podio está cada vez máis caro.
Óscar Pereira finalizaba na posición dezasete indo de menos a máis no transcurso da proba e demostrando unha gran mellora desde a última proba realizada na pasada tempada.

O Sen Siras en Tomino O Sen Siras en Tomiño

Dúas medallas para o CDM

Sanchez Canceza do Piraguismo Dumbria en Tomino Sánchez Canceza do Piragüismo Dumbría en Tomiño

O CDM Piragüismo Dumbría estivo presente cun equipo de quince rapaces. O percorrido de Tomiño é dos máis complicados do circuito e os rapaces dumbrieses pagaron a súa inexperiencia nunha proba na que caseque todos eran debutantes, é coman quen dí o Montecarlo da Copa Galega de Promoción, cunha presa que asusta os debutantes, e algunha zona estreita e con moi pouco fondo que lle complica a vida ós máis expertos.

A nivel individual Marcos Sánchez Cancela impúxose nas súas dúas mangas no K1 infantil e o seu irmán, Brais Sánchez Cancela acadou o segundo chanzo no podium na categoría benxamín masculina.

Novas relacionadas

Fonte

  • CDM Piragüismo Dumbría.
  • Sen Siras.

Comentarios