Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os patrocinadores da Gala do Fútbol da Costa - QPC

Os patrocinadores da Gala do Fútbol da Costa - QPC
cartel patrocinadores Gala Futbol da Costa- QPC 2017 Unha vez pechado o cartel, temos que dar as gracias a todo o plantel de casas comerciais que apostan por este punto de encontro do Fútbol costeiro. Moitos repiten ano tras ano, e iso dá conta da potencialidade do evento. Un evento que este ano conta coa directa participación da Federación Galega de Fútbol e a colaboración do Concello de Muxía. Falamos de empresas como Conservas Calvo que volve achegarse ao noso Fútbol costeiro patrocinando os Premios do 11 ideal. Tamén repiten Autocares J. Pombo, Fútbol Táctico, Vitureira Bouzas, DaFIT, Aluminios Dumbría ou Clínica Vértebra de Baio, empresas que queren estar onde está o fútbol da Costa. Este ano temos novas incoporacións, como o Restaurante D’Álvaro de Muxía, O Semáforo de Fisterra, Bar Bristol de Carballo, Saunier DuvalClínica O Burgo de Carballo, Roberto Mouro - Reale Seguros e Comercial Agrosale de Mazaricos. Ademais, a Escola de Porteiros Nordés agasallará aos porteiros menos batidos das categorías cunhas luvas personalizadas. E este ano estreamos a colaboración de Milar Cee, que permitirá facermos un sorteo dunha tablet.

Os que están todo ano co Fútbol da Costa

Patrocinadores Futbol da Costa Non poden faltar nesta gala os que están todo o ano apoiando a plataforma de resultados www.futboldacosta.com. Queremos lembrarnos tamén da tenda deportiva MaisDeporte Cee, de Automóbiles Dimolk de Carballo, e da Estación de Servizo Bazarra, que xunto a Roberto Mouro - Reale Seguros e o Restaurante D’Álvaro (aos que temos que facer doble agradecimento), permiten que teñamos os resultados en tempo real cada fin de semana.

Os Patrocinadores da Gala

Esta é a listaxe de 28 premios que imos entregar, e os seus patrocinadores:
28 Premios PATROCINADORES
11 ideal Conservas Calvo
Mellor Directiva Restaurante D`Álvaro
Mellor Adestrador Fútbol Táctico
Mellor Xogador Bar Bristol Carballo
Mellor Equipo O Semáforo de Fisterra
Mellor Afección Clínica Vértebra
Árbitro do ano Saunier Duval
Delegado do ano -
Acción Máis Deportiva Clínica O Burgo de Carballo
I Premio Fútbol Base Autocares J. Pombo
Premio Abdoulaye ao Fútbol Base --
Premio Histórico --
Pichichi (Pref. e 1ª) Seguros Reale - Roberto Mouro S.L.U.
Pichichi (2ª) Vitureira Bouzas
Pichichi (3ª) DaFIT
Premio Alex Pombo ao Porteiro Menos Batido (Pref. e 1ª) ---
Porteiro Menos Batido (2ª) Comercial Agrosale de Mazaricos
Porteiro Menos Batido (3ª) Aluminios Dumbría
Sorteo dunha tablet Milar Cee

Novas relacionadas

As Galas do Fútbol da Costa

Máis información

Fonte

gala patrocinadores

Comentarios