Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fran Hermida, a eterna voz do Fútbol da Costa, volverá dirixir a Gala do Fútbol da Costa - QPC

Fran Hermida, a eterna voz do Fútbol da Costa, volverá dirixir a Gala do Fútbol da Costa - QPC
Fran Hermida na Gala do ano pasado en Mazaricos Fran Hermida na Gala do ano pasado en Mazaricos

Para o equipo organizador da Gala do Fútbol da Costa - QPC, hai algo que vai antes que nada: Fran Hermida. Antes de falarmos sobre o lugar, sobre a data, sobre os patrocinadores, sobre os premios… hai que confirmar que Fran Hermida está disposto a seguir colaborando con esta casa para darlle para adiante á cita.

Fran Hermida é a eterna voz do Fútbol da Costa despois dos seus anos revolucionando o panorama mediático futbolístico na bisbarra na Radio Nordés-Cadena Ser. E non quedou aí a súa carreira xornalística, pois corcubionés é agora a voz do deportivismo en Radio Coruña-Cadena Ser, demostrando a canteira que ten a nosa bisbarra. E o que lle queda por percorrer. Que trema Dani Garrido!

Polo de pronto temos a sorte de contar con el, un ano máis, e xa van 4 de 4, para guiarnos pola longa listaxe de premios que imos entregar o vindeiro 16 de xuño en Muxía.

Un pracer contar con esa profesionalidade, ese cariño, e ese coñecemento do que é e do que implica o Fútbol da Costa. Ninguén que mellor que Fran Hermida para entregar estes premios!

 

Novas relacionadas

As Galas do Fútbol da Costa

Máis información

Fonte

Comentarios