Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Os xuvenís da Esteirana Remo conseguen un gran 7º posto no Campionato de España de Bateis

Os xuvenís da Esteirana Remo conseguen un gran 7º posto no Campionato de España de Bateis
A Esteirana Remo estivo presente coa sua afeccion en Cantabria-Foto-mabefia

Esta vai polos Xuvenís da Esteirana Remo, que esta pasada fin de semana acaban un máis que meritorio 7º posto no Campionato de España de Bateis celebrado en Punta de Parayas-Maliaño de Camargo-Cantabria. O cadro muradán acodía tras quedar subcampión galego hai dúas semans en Vilaxoán, nunha cita que xa resulta histórica.

A Esteirana Remo en Vilaxoan-Foto- Esteirana Remo

En Cantabria, e ante unha espectación tremenda dada a gran afección a este deporte polo mar Cantábrico, os esteiráns quedaron á portas da gran final. Quedaron 3º nas semifinais, polo que tiveron que acodir á final de consolación. Aí foron segundos, o que equivale á 7ª praza a nivel estatal.

Dende aquí, só podemos enviar as meirandes felicitacións á expedición da Esteirana Remo, formada polos remadores Álvaro Dosil, Enrique Canosa, Alexander Lestón, Roberto Lago, Xoel Salgueiro e Manuel Rey, e os patróns Francisco Rama e Francisco Piñeiro, ademais dos adestradores Bruno Rodríguez e Gustavo Portals.

A Esteirana remo recollendo o subcampionato galego en Vilaxoan-Foto- Todoremo

Máis información

Fonte

Comentarios