Martes. 15.10.2024
El tiempo

Preferente: Cun gol basta

Preferente: Cun gol basta
Tres partidos na casa e tan só 3 goles subiron aos marcadores. 3 goles que deixaron dúas vitorias e unha derrota nos equipos costeiros. A derrota, dolorosa, a do Dumbría ante un Taboada que non foi mellor. E dúas vitorias importantes, moi importantes, as colleitadas por Soneira e Xallas de Santa Comba. Os xalleiros conseguen por fin dúas vitorias seguidas que os colocan 4º por diante precisamente do Laracha (de aí a importancia da vitoria) e do Dumbría, que baixa á 6ª praza, quedando a 5 puntos dos xalleiros cun partido menos. Así e todo, os verdes e laranxas aínda están a 7 puntos do Boiro, e a 10 do Grixoa. Un Grixoa que sucumbía en Vimianzo ante un Soneira que necesitaba sumar. E sacou todo para quedar con 3 puntos que valen unhas xornadas de relativa tranquilidade, sabendo que o descenso está só a 11 puntos.

Soneira - Grixoa (1-0)

Soneira-Grixoa
  • SONEIRA: Cheli, Pichi, Iván Cerilla, Michael, Sito, Baba, Fran de Urroa, Richi (Bibi, min.77), Míchel (Basti, min.85), Oscar (Toni de Muros, min.67) e Adrian Mackay (Curra, min.87).
  • Gol: 1-0, min.63: Richi.
  • Expulsión: O local Fran de Urroa (min.56) por dobre cartón amarelo e o míster Felipe Candamo.
Chegaba o Soneira necesitado de puntos, tan só unha vitoria nos últimos seis encontros, e en fronte, un rival incómodo, segundo clasificado e en plena loita polo ascenso. Si a iso lle sumamos que no minuto 56 o equipo soneirán queda con 10 homes no campo, non parecía o mellor escenario para sacar os tres puntos. Tiraron de brega os xogadores de Felipe Candamo, e entre iso xurdiu a clase dun xuvenil de primeiro ano, Richi, que recibe un balón as costas da defensa e sortea ao porteiro cunha fermosa vaselina para darlle tres puntos importantísimos aos brancos. O choque non tivo moitas ocasións claras de gol, caben destacar só dúas, unha para cada equipo. Richi tivo unha, para os locais, mediada a primeira metade, recibe un pase de Óscar, e coa porta valeira manda o balón por enriba do longueiro, prexudicado polo bote do esférico. A mellor dos visitantes, foi no minuto 74, primeiro sacou Cheli a bocaxarro e logo Sito baixo paus. Entre mentres, moita loita no medio campo e un gran desgaste físico dos visitantes que achicaron moi ben todos os espazos aos santiagueses que a medida que o tempo ía pasando íanse desesperando, e máis sabendo que os seus rivais directos na táboa ían empatando. Cómpre destacar, que antes do partido, gardouse un minuto de silencio en todos os encontros disputados no Municipal de Vimianzo na honra e memoria de Roberto Mouzo. Soneira-Grixoa

Xallas StComba - Laracha (1-0)

Entra Jesús no XSC-Laracha-Foto- Marca Cuns
  • XSC: Diego, Martín, Guillermo, Pablo Vigo, Rubén, Jota, Orlando (Mon, min.60), Oscarín, Doro (Jesús, min.66), Pablo Baña (Chinda, min.80), Javi Suárez (Noli, min.75).
  • Gol: 1-0, min.70: Pablo Baña tras unha mala saída con esvarón incluído do porteiro visitante.
Esfuerzo, orde, traballo e eficacia foron as armas do Xallas de Santa Comba para levantar un partido vital. Os de Corredoira souberon utilizar as súas armas ante un Laracha que levou o peso do balón, pero as contras dos locais foron letais e as mellores ocasións tiveron un cor máis laranxa de negro. De feito, co 0-0 Javi Suárez e Doro tiveron dous inmellorables ocasións para abrir o marcador. Pero tras unha primeira metade moi tensa, o gol local chegou tras un esvarón do porteiro visitante que Pablo Baña non desaproveitou. Noli puido sentenciar cun xogadón que salvou o porteiro, pero contra o final tocou sufrir, e apretaron con balóns aéreos nun arreón que non chegou a gol.

Dumbría - Taboada (0-1)

Dumbria ante o Taboada-Foto- Taboada CF
  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, David Carreira, Pablo Vidal, Rudi Cotelo, Pablo Conde, Aarón Fernández, Jesús, Piri, Iago Dosil, Iago, Luisito. Tamén xogaron: Tantán, Leo, Riki, Martín, Pedrosa
  • Gol: 0-1, min.50
Dumbria-Taboada-Foto- Taboada CF Non mereceu perder o Dumbría ante un serio Taboada, pero a realidade deixa unha xeira negativa de resultados. Levou o peso do xogo o Taboada, que presionaba moi arriba e non permitía sacar o balón xogado aos locais. Juan Porrúa tivo que lucirse en dúas ocasións no primeiro tempo. Comezaba a segunda metade co gol visitante, que servía para espertar aos dumbrieses. Pero a reacción non foi suficiente. Si tomou o mando o Dumbría, e foi achegándose á meta rival, pero as contras tamén eran perigosas. Arrinconou durante o último treito de partido o Dumbría ao Taboada, e varias faltas laterais a piques estiveron de rematar nas mallas, pero ao final, os de Canosa quedaron sen premio. Dumbria-Taboada-Foto- Taboada CF

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios