Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Preferente: Dura loita pola segunda praza

Preferente: Dura loita pola segunda praza

Escapase o Grixoa no máis alto da Preferente e parece que o Xallas de Santa Comba, que esta semana descansaba, terá que loitar pola segunda praza, que `por certo, vai estar moi discutida unha vez que temos 8 equipos en 5 puntos. Onte gañaba o Bertamiráns ao Laracha, pero o Boiro se deixaba os puntos en Taboada, polo que os xalleiros quedan 3º a 2 do Bertamiráns.

O Dumbría sitúase 5º tras vencer pola mínima ao penúltimo clasificado, pero se mete na loita. O que non sumaba era o Soneira en Dubra, pero os de Felipe mantéñense nunha cómoda 11ª posición.

Dumbría - O Paramo (1-0)

Dumbria-Paramo- Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Tantán (Isma, min.85), Aarón Fernández, Iván Pequeño (Iago, min.66), David, Aarón López, Jesús (Dani Casal, min.45), Iago, Brais (Martín, min.78), Piri, Leo (Luis, min.67).
  • Gol: 1-0, min.7: Brais cun tiro que rebota nun defensa.

Boa vitoria do Dumbría ante o Páramo, penultimo na xornada sabatina. Cunha pizca de sorte, iso si, unha vez que o tanto inicial de Brais, tocando nun defensa, serviu para sumar tres puntos, tras tres partidos sen gañar.

Se ben na primeira metade o Dumbría controlou sen apenas problemas atrás, na segunda o Páramo tivo a iniciativa e probou nun par de ocasións a Porrúa. Os dumbrieses tamén tiveron algunha como un cabezazo de Aarón López que non atopou porta

Dumbria-Paramo-Foto- Jorge Parri 2

Dubra - Soneira (2-0)

  • SONEIRA: Cheli, Pichi, Sito, Maikel, Fran de Urroa (Iván Cerilla, min.80), Nico (Cristian Figueroa, min.72), Mayor, Baba (Bibi, min.60), Darío, Javi (Míchel, min.70), Adrián Makaay.
  • Goles: 1-0, min.50; 2-0, min.60.

Non trouxo nada positivo o cadro de Felipe Candamo de Dubra. E iso que mereceu máis, cando menos o empate. De feito, a primeira metade estivo dominada polo Soneira con boas ocasións por medio Adrián Makaay e unha de Javi.

Pero na segunda os locais colleron en dúas contras aos soneiráns e mataron o partido e non tiveron ocasións para remontar. Ao final apretaron os visitantes pero sen sorte cara gol, pois segue faltando algo de mordiente arriba, e algo máis de carácter guerrileiro no bando branco.

Máis información

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios