Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente Norte: inxusta derrota do Dumbría en Ribadeo

Preferente Norte: inxusta derrota do Dumbría en Ribadeo
RIBADEO F.C. 2 - C.F. DUMBRÍA 1 DUMBRÍA: Iván Bouzón, David Carreira (Pablo Paz 55´), Mataso (Raúl 73´), Julito, Iago, Aarón, Marcote (Martín 62´), Iván González, Fabio, Pesco e Yuyo. GOLES: 0-1 43´Yuyo   1-1 51´Vicente   2-1 88´Santi Que magoa o encontro do Dumbría en Ribadeo. O conxunto de Nacho fixo a mellor primeira parte do ano, levando a iniciativa en todo momento e poñendo en constantes apuros a todo un cuarto clasificado. O tanto de Yuyo ó borde do descanso facía xustiza co que se veía no campo. Pero no segundo tempo o Ribadeo apretou máis, marcou nun rexeite dun córner o tanto do empate. Foi expulsado o veterano Rafa Casanova, ex do Bergantiños entre outros, e o Dumbría tivo opcións para levarse o encontro. E cando xa se daba por bo o punto o Ribadeo anotou o segundo sobre a bocina para desesperación dos nosos. VIVEIRO C.F. 2 - S.D. SOFÁN 1 S.D. SOFÁN: Javi Rumbo, Sera (Nacho Eirís 87´), Sito, Rubén, Pablo Domínguez, Eibe, Iván Rey (Eloy 87´), Matías (Nacho Moreno 81´), Alexandre, Luis (Juanjo 46´) e Raúl GOLES: 1-0 14´Rolle 2-0 34´Arturo 2-1 53´Sera Condenou un mal primeiro tempo á Sd, que foi superior no segundo pero non logrou remontar. O inicio do Viveiro foi forte, con ocasións de Rolle, Dani Carnota e Arturo que sacou ben Rumbo. Eibe lanzou unha falta que rozou a escadra antes do gol inicial local. Alexandre puido empatar nun balón longo, pero despois dunha nova parada de Rumbo a Rolle, Arturo logrou o segundo tras revolverse na area e colocar o balón na escadra. A Sd foi outra no segundo tempo. Unha boa xogada de Raúl rematouna Pablo fora. Eibe disparou a rentes do pao antes de que un centro seu o rematara Sera ó fondo das mallas. Ó Viveiro entroulle o medo. Unha falta ó borde da area colocouna con maestría Eibe na escuadra pero Alex fixo un paradón para evitar o gol. Foi expulsado o local Xenxo tras cortar unha contra de Alexandre. Un remate de Raúl, outro de Rubén á saída dun córner e un clarísimo de Eibe, ó que lle botou o balón cando ía empatar o encontro, foron as ocasións da Sd. A nota positiva foi o debut dos xuvenís Nacho Moreno, Eloy e Nacho Eirís. S.D. DUBRA 3 - XALLAS F.C. 0 XALLAS: Julián Couto, Puyi (Doro 58´), Pablo Vigo, Dani Becerra (Fernando 53´), Alex Canedo (Cristian 80´), Abel, Julián López, Borja Gándara (Uxío 58´), Alex Blanco, Oliver e Marcos GOLES: 1-0 5´Dani Moto   2-0 38´Dani Moto   3-0 78´Dani Moto Un Xallas máis pensando na copa que na liga caeu en Bembibre no derbi. O tanto inicial de Dani Moto, que tivo unha tarde de acerto goleador, descompuxo ó Xallas. Tivo o empate Julián no 38´pero marrou o man a man con Couto. E na seguinte xogada, o 2-0 co que se chega ó descanso. O segundo tempo foi sen apenas ocasións e nun novo erro da defensa xalleira Dani Moto superou a Julián de espectacular vaselina para poñer o resultado definitivo.

Comentarios