Luns. 23.09.2019
El tiempo

Preferente Norte: Xallas e Sofán están fortes na casa

Preferente Norte: Xallas e Sofán están fortes na casa
S.D. SOFÁN 2 - C.S.D ARZÚA 0 SD SOFAN: Javi Rumbo, Sera (Rubén 80´), Antonio, Félix, Pablo Domínguez, Camilo (Matías 66´), Canedo, Jonathan, Eibe (Quintela 56´), Fabián e Raúl (Juanjo 72´) GOLES: 1-0 24´Eibe   2-0 42´Eibe Partidazo da SD para derrotar a un dos gallitos da categoría, o Arzúa, que se viu totalmente superado na matinal do Carral. De inicio o ritmo que impuxo o cadro de Iván Cancela foi endiablado. Fabián foi un pesadelo para a defensa visitante, e tivo a primeira ocasión no 3´ pero o seu remate saíu fora. Nunha nova contra Fabián centrou e Canedo rematou dende o borde da area rozando o longueiro no 6´, e no 10´foi Camilo o que disparou alto. Non fallou Eibe para anotar o primeiro tanto. Un gran disparo de Jonathan puido significar o segundo pero foi de novo Eibe cun golazo marca da casa o que selou o resultado. O Arzúa non se acercara apenan no primeiro tempo, pero se cabe na segunda parte a defensa da SD estivo todavía mellor. Sera, Antonio e Félix cortaron todo o que pasaba polo seu lado, e Jonathan crecía co paso dos minutos. Puido anotar o terceiro a SD nun disparo de Quintela e noutro cruzado de Matías. Juanjo aportou moito coa súa saída e tivo un par de boas ocasións, pero o encontro esmoreceu co resultado do primeiro tempo. XALLAS F.C. 6 - AG. ESTUDIANTIL 1 XALLAS FC: Julián Couto, Cristian, Jacobo Lois, Santi, Oliver, Rubén, Iago Garrido (Julián López 51´), Carlos, Eloy (Doro 60´), Alex Blanco (Iván González 56´) e Abel (Madiop 51´) GOLES: 1-0 43´Alex Blanco   2-0 51´Abel   3-0 56´Jacobo   4-0 61´Carlos   5-0 65´Julián   6-0 80´Iván González   6-1 88´Miguel Non tivo rival o Xallas no partido disputado o sábado, ante un Estudiantil abandonado á súa sorte. Aproveitou o conxunto de Santa Comba para dar minutos a homes menos habituais, e no primeiro tempo costoulle abrir a lata. Foi Alex Blanco a centro de Rubén o que anotou o 1-0. O gol de Abel no segundo tempo foi o que desatou a tormenta, e en 15 minutos os xalleiros anotaron catro tantos para sentenciar un encontro ante un rival que parece que deixará puntos en todos os campos.

Comentarios