Preferente: O XSC métese no podio
3 puntos importantes do XSC, que se coloca 3º, con 28, a 4 do Bertamiráns e a 5 do Grixoa. Ambos protagonizaban precisamente o choque da xornada e o 2º sorprendía ao líder. E non desaproveitaron os xalleiros para meterse arriba cunha complicada vitoria ante o Dubra.
Ademais, o Dumbría sumaba o seu terceiro empate seguido, e se mantén nunha cómoda 7ª praza a só 2 puntos do XSC.
Mentres, o Soneira non podía co Boiro pero ben tiña merecido un empate. Os de Felipe quedan 11º con 22 puntos.
Dumbría - Chantada (0-0)
- DUMBRÍA: Juan Purrúa, Tantán (Pablo Vidal, min.45), Aarón Fernández, Pablo Conde, Isma, Piri (Martín, min.82), Dani Casal (Riki, min.71), Aarón López, Luisito, Iago Dosil (David, min.45), Leo (Jesús, min.55).
Partido soso no Conco ante un Chantada moi sólido, sen fisuras, pero que deixou que fora o cadro local o que levase o peso do partido. Á contra tivo dúas ocasións o cadro chantandino para levar a vitoria pero Purrúa estivo firme.
As mellores ocasións dumbriesas chegaron a balón parado pero non estiveron demasiado acertados, e ademais non estaba o mellor día para a práctica de bo fútbol.
Destacar o debut de Pablo Vidal nos dumbrieses. O ex do Compostela xogou os segundos 45 minutos e a piques estivo de estrearse pois mandou un balón ao pao.
Soneira- Boiro (0-1)
- SONEIRA: Cheli, Fran Urroa, Iván Cerilla, Sito, Maikel, Bibi (Óscar, min.75), Babá, Mayor (Cristian Canosa, min.80), Darío, Cristian Figueroa (Adrián Makaay, min.75), Javi.
- Gol: 0-1, min.25.
- Expulsión: o soneirán Nico dende o banco.
Non puido o Soneira cun gran Boiro, que demostrou en Vimianzo que é un dos claros favoritos ao ascenso. Foi un partido moi competido, no que o Boiro non foi superior pero si tivo máis oficio, e algo máis de sorte. Os visitantes aproveitaron unhad as poucas ocasións das que tiveron no ecuador da primeira e pouco máis ofreceron.
A partir de aí, os de Felipe tomaron o mando, pero o seu dominio foi interte. Varias ocasións nos pés de Darío e de Javi non remataron en gol e a mellor ocasión chegou case que co tempo cumplido pero o empate nunca chegaría.
Dubra - Xallas StComba (0-1)
- XSC: Diego, Rubén, Guille, Pablo, Martín, Jota, Jesús, Mon (Ismael, min.66) (David, min.90), Doro, Noli (Javi Suárez, min.62), Darío (Beiroa, min.70).
- Gol: 0-1, min.60: Darío tras un centro de Doro.
- Expulsións: o local David (min.44) por unha patada sen balón a Jesús e o porteiro xalleiro Diego no min.90.
3 puntazos do XSC nun choque no que foi dominador durante boa parte do tempo pero que acabou sufrindo. Ao principio o Dubra só facía dano a balón parado, e os xalleiros tocaban e apretaban.Doro e Jota avisaron e Darío tivo unha boa ocasión pero mandou fóra. No último cuarto de hora sacudíase o dominio o Dubra e mandaba un balón ao longueiro e Rubén tiña sacar un gol baixo paos.
A xogada clave chegaba ao fío do descanso coa expulsión do central local David por unha patada sen balón a Jesús.
Comezaba a segunda metade e o XSC aproveitaba a súa superioridade para ter o dominio total do balón e durante os primeiros 15 minutos atopaba ocos con boas xogadas en profudindade polas bandas. Nunha chegou o gol de Darío tras un bo centro de Doro.
Pero a partir de aí, entre o empurre a base de garra dos locais, e que o campo xa estaba moi enlamado, o Dubria foise arriba a base de xogo directo e crearon dificultades aos xalleiros, que solventaron os xalleiros con firmeza, pero sufrindo ata o último instante.
Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
- Entrevista de David Castro con Borja Facal, un dos mellores laterais da 3ª División.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con Dani Rosalía.
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).