E analizamos a penúltima xornada do ano no #futboldacosta. Unha xornada que, por sorte, ao final non se viu demasiado afectada polo temporal, máis alá de varios choques aprazados e algunha que outra molladura.
E comezamos pola Preferente, non sen apuntar que xa están actualizados os resultados 5ª e 6ª xornadas de Liga Comarcal de Fútbol Sala Costa da Morte. Na xornada de Pref. só o Xallas de Santa Comba traía os 3 puntos vencendo ao Dubra. Os de Corredoira métense de novo na 3ª praza, agora a só 5 puntos do Grixoa, e 4 do Bertamiráns, trala vitoria dos de Bertamiráns no campo de Grixoa. O Dumbría empataba onte co Chantada e queda nunha cómoda 7ª praza pero só a 2 dos xalleiros. Pola súa parte o Soneira non podía co Boiro, 4º, e queda con 22 puntos, a 4 do Dumbría.
En 1ª Autonómica, de novo mala xornada para os nosos. A máis grave a do Ponteceso, que a pesar de caer contra o potente líder, o Noia, o facía por 6-0. Os de Nacho métense en descenso con 15 puntos. Con 18 puntos queda o Camariñas, 14º, que acadaba o único punto para os nosos nun partido tolo ante o Laro. Ademais, o Malpica se deixaba sorprender polo Bertamiráns B e o Fisterra volvía de baleiro ante o 4º, o Villestro, pero le prantaba cara.
E nova xornada intensa na 2ª Autonómica. A Esteirana non fallaba no sempre complicado Lombáns e segue solvente no liderato. O partido da xornada xogábase no Carral e o Baio quedaba cos 3 puntos deixando ao Sofán 4º. I é que o Cee vencía pola mínima ante o Volantes e se mantén, igualado co Baio, a 6 do líder. Por detrás, Corme e Zas seguen pelexando por non perder o tren do ascenso, e están con 30 puntos tralas apuradas vitorias ante Muros e Mazaricos.
Por abaixo o Outes afundía un pouco máis ao Dumbría B, e sae dos postos de descenso con 14 puntos. Queda o Cabana, con 12, penúltimo, tras empatar co Corcubión. O Montelouro volvía perder ante o Buño e segue nunha racha preocupante con 8 derrotas consecutivas.
E xa na 3ª, a xornada comezaba coa nova da sanción de 1 ano a Papi. O míster muxián "levantávalle a man" a un colexiado a semana pasada e terá que ver dende a bancada os choques. No deportivo, o Muxía vencía en Xaviña e se coloca xa a tiro da 6ª praza, que agora mantén o Lira a pesar da súa derrota co Coristanco. Por arriba, o Porteño vencía no choque en Vimianzo ante o Castrelo (alteraron a orde do partido e xogaron o sábado ás 21:00h) con algo de polémica, e se mantén líder. E aumenta a renda sobre o Independiente de Carballo, que non pasaba do empate en Laxe. Ademais, o Camelle conseguía unha importantísima vitoria ante o Soneira B que o deixa a 1 do IDC e con 7 puntos sobre o 4º, o Cerqueda, que non fallaba ante o Corcoesto.
En xuvenís, as cousas vólvense apretar no sur e todo segue igual no norte. O XSC vencía no sur ao Fisterra e o Cee queda a só 2 puntos dos fisterráns, que marcan esa 3ª praza. Polo norte, sen enfrontamentos directos, todo segue igual, co Baio con pé e medio fóra da liguilla.
Ademais, o Corcubión vai recurrir o partido coa Esteirana, por suposta aliñación indebida do cadro blaugrana.
Boas novas coas Tarifas arbitrais
Ademais, apuntamos que a Asociación de Clubes de Fútbol da Costa da Morte, comunica que o problema xurdido ca aplicación das novas tarifas arbitrais nas categorías de fútbol base na comarca da Costa da Morte, e que estos días preocupaba os clubes con categorías inferiores, está solventado. Despois dun montón de conversas con membros da Federación e do Comité Técnico de árbitros, a partir desta xornada empezouse a aplicar a tarifa modificada e revisada, tal e como no seu día se acordara nunha das reunións que a Federación mantivera cos clubes en Baio.
Preferente, xornada 17
C.F. Dumbría | 0-0 | S.D. Chantada |
Soneira S.D. | 0-1 | C.D. Boiro |
Dubra | 0-1 | Xallas StComba |
1ª Autonómica, xornada 16
S.D. Villestro | 2-1 | S.D. Fisterra |
S.C.D. Malpica | 1-3 | Bertamiráns B |
C.F. Laro | 3-3 | Camariñas F.C. |
C.F. Noia | 6-0 | Ponteceso S.D. |
2ª Autonómica, xornada 16
Cabana | 1-1 | U.D. Corcubión |
U.D. Montelouro | 2-7 | Buño S.D. |
Volantes F.C. | 0-1 | U.C. Cee |
U.D. Carnota | 0-2 | S.D. Esteirana |
S.D. Sofán | 2-3 | C.D. Baio |
Corme C.F. | 3-2 | Muros S.D. |
Sp. Zas | 2-1 | Mazaricos C.F. |
S.D. Castriz | 2-1 | S.D.San Lorenzo |
Outes C.F. | 3-1 | Dumbría C.F. B |
3ª Autonómica, xornada 16
Soneira B | 1-4 | Camelle S.D. |
S.D. Laxe | 2-2 | Indep. Carballo |
C.D. Nantón | 2-2 | C.D. Baíñas |
Porteño C.F. | 3-2 | C.F. Castrelo |
S.D. Coristanco | 2-1 | Lira C.F. |
S.D. Alcaián | 2-1 | S.D. Fisterra B |
Xaviña F.C. | 1-3 | Muxía C.F. |
U.D. Cerqueda | 3-1 | SDC Corcoesto |
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 16
C.F. Dumbría | 3-2 | Mazaricos C.F. |
Soneira S.D. | 0-6 | U.C. Cee |
S.D. Esteirana | 6-1 | U.D. Corcubión |
Outes C.F. | 2-1 | Muros S.D. |
Xallas StComba | 2-0 | S.D. Fisterra |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 16
Cabana | 7-1 | S.D. Laxe |
Camariñas F.C. | 2-5 | C.D. Baio |
S.C.D. Malpica | 3-0 | Sp. Zas |
S.D. Coristanco | 6-0 | Muxía C.F. |
Ponteceso S.D. | 5-0 | Corme C.F. |
Liga Galega Cadete, xornada 15
S.D. Negreira | 1-0 | Bergantiños C.F |
C.F. Dumbría | 1-1 | S.D. Compostela |
Liga Galega Infantil, xornada 16
S.C.D. Milagrosa | 1-1 | C.F. Dumbría |
Bergantiños C.F. | 2-3 | C.D. Lalín |
1ª Cadete, xornada 8
Muxía C.F. | 2-0 | Outes C.F. |
Xallas StComba | 2-0 | S.D. Coristanco |
C.D. Baio | 0-2 | Sp. Zas |
Con. de Carnota | 0-4 | Porteño C.F. |
Cabana S.D. | 3-3 | Muros |
Ponteceso S.D. | 0-6 | U.C. Cee |
S.D. Fisterra | 0-4 | S.D. Esteirana |
1ª Infantil, xornada13
U.C. Cee | 6-1 | Corme C.F. |
E.M.F. Vimianzo | 0-7 | As Baleas |
Cabana S.D. | 2-3 | S.D. Fisterra |
Outes C.F. | Apraz. | Ponteceso S.D. |
S.D. Esteirana | 4-0 | S.D. Coristanco |
S.D. Sofán | 3-2 | Muxía C.F. |
Xallas StComba | Apraz. | E.D. Os Miudos |
Ligas de Veteranos, xornada 14
1ª División
Bergantiños | 2-4 | Castriz |
Soneira | 3-2 | Cabana |
Coristanco | 5-1 | Baio |
Nantón | 0-4 | Zas |
Ponteceso | 2-3 | San Román |
Xv. Bergantiños | 2-2 | Bértoa |
Corcubión Vet. | 3-1 | San Lorenzo |
Camariñas | 1-0 | Vimianzo |
2ª División
At. Milagrosa | 2-0 | Camelle |
Leiloio | 2-1 | Malpica |
Poniente | Aprz. | Agualada |
Laxe | 4-0 | Cerqueda |
Muros | 3-1 | Corcoesto |
Buño | 2-3 | Dep. Carballo |
Corme | 2-0 | Porteño |
- Descansa Sofán
Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).