domingo. 01.12.2024
El tiempo

Preferente: Pleno

Preferente: Pleno

Primeiro pleno da temporada na Preferente para os 3 equipos costeiros. Xallas de Santa Comba, Dumbría e Soneira certificaron sendas vitorias, sen encaixar un só tanto ademais, e se colocan en cómodas posicións. XSC e Dumbría están en plena loita pola 2ª praza unha vez que o Grixoa parece destacado no liderato. Os de Corredoira quedan 3º a só 2 puntos do Bertamiráns mentres que o Dumbría ascende ao 4º posto a 1 punto dos xalleiros, tras sumar unha tremenda vitoria en Boiro.
E ollo, que para a semana que vén chega un Dumbría-XSC en todo o alto.

Entrementres o Soneira, tras superar ao Val, queda nunha cómoda 10ª praza máis preto dos postos de arriba (de feito está a tan sí 4 puntos do Dumbría) que de abaixo.

Soneira - O Val (2-0)

O Soneira venceu con comidade ao Val
  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Fran de Urroa, Sito (Iván Cerilla, min.74), Michael, Mayor, Bibi (Oscar, min.83), Michel, Javi, Darío (Cristian Figueroa, min.65) e Adrian Mackay (Baba, min.77).
  • Goles: 1-0, min.34: Adrián Mackay; 2-0, min.85: Javi, de falta.

Importante vitoria do Soneira na casa, onde segue sen perder. Tras unha primeira metade moi discreta por ambas partes, na segunda o slocais levaron máis o peso, e sen practicar unh agran fútbol foi creando ocasións de gol ata marca o segundo e tranquilizador tanto.

Na primeira metade, un pase de Javi por banda dereita para Mackay que controlou co peito e logo rematou coa punta da bota tras a saída do porteiro deulle a vantaxe ao equipo de Felipe Candamo.
Na segunda metade, o xogo non mellorou moito, seguiu sendo moi directo e aproveitando ao máximo as ocasións a balón parado. O fisterrán Mackay tivo tres boas ocasións de gol, pero non foi quen de marcar máis goles. Bibi tamén tivo a súa cun disparo dende a frontal, pero atopouse cunha boa intervención do meta visitante. Os visitantes non chegaban moito, pero viron a fraqueza dos de Vimianzo por arriba e comezaron a colgar todos os balóns en ocasións de falta e córner, creando certa incertidume e nerviosismo no Municipal. O vimiancés Javi poría o gol da tranquilidade a 5 minutos para o final cun lanzamento de falta lateral que tras tocar o porteiro o balón, este acabou entrando pegado ao pau.

Respira o equipo vimiancés que xa ve os postos de descenso directo a 10 puntos.

Javi marcou o segundo tanto no Soneira - O Val

Boiro - Dumbría (0-2)

  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Iván Pequeño, David Carreira (Isma, min.15), Aarón Fdez., Pablo Conde, Aarón López, Brais, Iago, Piri, Iago Dosil (Leo, min.83), Dani Casal (Luisito, min.63).
  • Goles: 0-1, min.40: Brais con velocidade nunha contra; 0-2, min.91: Iago noutra contra tras un pase de Brais.
  • Lesionados: David Carreira co narís roto.

Gran partido do Dumbría que malia sufrir ata o final voltou cos 3 puntos. Os de Canosa deixaron o mando do partido ao cadro local e buscaron o xogo que máis lle gusta, á contra. Nunha desas Brais abría o marcador aproveitando a súa velocidade, o que permitía manter a estratexia.

Pero quedaban 45 longos minutos, e o Boiro non ía dar o partido por perdido. O Boiro levou sempre o control do balón, pero o Dumbría estaba ben colocado, e só sufríu a balón parado, sobre todo en dúas xogadas, unha que parou Juan Porrúa, e outra que saíu por pouco. E só co tempo cumplido o final, noutra contra sentenciou Iago tras un bo pase de Brais.

Xallas StComba - Taboada (2-0)

XSC celebra un dos tantos ante o Taboada-Foto- XSC
  • XSC: Diego, Chinda (Rubén Forján, min.53), Martín, Pablo, Oscarín, Jota, Mon, Doro (Ismael, min.80), Jesús (Noli, min.65), Baña, Beiroa (Darío, min.83).
  • Goles: 1-0, min.63: Beiroa tras un pase en profundidade de Martín; 2-0, min.88: Jota dende o borde.

Vitoria relativamente cómoda dos de Corredoira. E saíron mandóns os locais no primeiro tempo, no que controlaron o balón pero non tiveron grandes ocasións. Á contra si que fixo algo de dano o cadro lucense, e Diego tivo que esforzarse nunha boa intervención para salvar o 0-1.

Na segunda, o cadro bicolor atopou unha fuga na defensa visitante: a vía das bandas, Beiroa e Oscar pola unha banda e Mon e Rubén pola outra facían dano á defensa. Foi o propio Beiroa o que abría o marcador no ecuador, e a partir de aí os xalleiros adicáronse a contemporizar, asegurando en defensa. Con algo de incertidume polo marcador, a sentenza non chegou ata o min.88, cun tanto de Jota dende a frontal.

Máis información

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios