Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Preferente: Sumou o que menos o necesitaba

Preferente: Sumou o que menos o necesitaba

Só o Soneira trouxo algo positivo das 3 saídas dos equipos costeiros na Preferentes nesta xornada 23. O cadro de Felipe sorprendía ao Ribadeo nun campo tremendamente enlamado e contando cun pouco de sorte. Unha vitoria que permite que o cadro da Mariña non alcance aos veciños de Dumbría e Xallas de Santa Comba, que voltaban de baleiro das súas importantes visitas.

A do XSC tamén á Mariña, ao campo do Viveiro no que en 20 malos minutos do primeiro tempo un furado na súa defensa regalaba o partido. Pola súa banda o Dumbría mereceu máis no choque ante o potente Grixoa, que se escapa na 2ª praza.

Agora, o Dumbría queda 4º con 36 puntos, un máis que o XSC, mentres que o Soneira está 10º con 29 puntosm lonxe dos postos de perigo.

Ribadeo - Soneira (1-3)

Así estaba o campo no Ribadeo-Soneira-Foto-Oscar Basalo
  • SONEIRA: Víctor, Pichi, Maikel, Iván Cerilla, Fran de Urroa, Baba, Mayor, Míchel (Bibi, min.84), Cristian (Óscar, min.72), Javi, Adrián Mackaay (Richi, min.89).
  • Goles: 1-0, min.30. 1-1, min.65: Adrián Mackaay, de penalti. 1-2, min.70: Baba. 1-3, min.80: Óscar.

Con algo de sorte, e polémica, o cadro soneirán voltou de Ribadeo con 3 puntazos tras xogar nun campo tremendamente enlamado. O equipo local dominou o primeiro tempo, cun xogo lento e pesado. Adinatouse á media hora e puido caer algún tanto máis pero Víctor estivo acertado na tocada meta soneirá.

Pero na segunda saíu outro Soneira, buscando a remontada. E a conseguíu. Un penalti protestado polos locais daba lugar ao empate, e tan só 5 minutos despois, Baba, nunha posición dubidosa, facía o 1-2. Faltaban 10 minutos cando o muradán Óscar sentenciaba o choque para deleite do equipo rosa.

Viveiro - Xallas StComba (5-1)

  • XSC: Diego (David, min.75), Rubén (Marquiños, min.65), Guille, Martin (Chinda, min.46), Pablo, Jota, Mon (Alberto, min.70), Doro, Oscarín, Noli.
  • Goles: 0-1, min.10: Jota dun gran disparo desde 30m; 1-1, min.15; 2-1, min.25; 3-1, min.30; 4-1, min.35; 5-1, min.44.

Logo de que o XSC comezara moi metido no encontro, con dúas boas ocasións e un golazo de Jota incluido, a partir do cuarto de hora de partido e sobre todo a raíz do 1º gol local, os xalleiros desapareceron do campo e perderon a concentración defensiva ademais do acerto nas contras que dispuxeron.

Un furado na defensa verde e laranxa permitiu que a calidade dos homes de ataque do Viveiro fixese o resto, e en 30 minutos do primeiro tempo o Viveiro sentenciaba con 5 goles. Os erros na actitude defensiva do equipo xalleiro foi determinante.

No segundo acto, co partido casi decidido, houbo máis igualdade. Mesmo tivo o cadro de Corredoira tivo algunha ocasión clara por medio de Doro, Chinda e Noli, que puideron maquillar o resultado.

Grixoa - Dumbría (1-0)

  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Tantán, Aarón Fdez, Pablo Conde, Pablo Vidal (Huete, min.80), Aarón López, Jesús, Iago, Leo (Alex Siaba, min.75), Luisito (Dani Casal, min.46), Iago Dosil (Piri, min.65).
  • Goles: 1-0, min.20: dende fóra da área.
  • Expulsión: o dumbriés Pablo Conde.

Mereceu máis o Dumbría en Grixoa ante un dos equipos máis potentes da categoría. Onte faltou a sorte doutros partidos e o cadro local, que apenas tirou unha vez a porta, acertou cun golazo dende fóra da área.

Era un choque moi igualado, sen claras ocasións, e con moito respecto. Así e todo o Dumbría puido empatar cun remate Iago a centro de Luisito que petou no longueiro ou unha de Luisito que marrou baixo paos.A primeira metade transcorreu sen sobresaltos, pero no segundo tempo o cadro dumbriés foi moi superior. E tamén houbo un par de claras chegadas como unha de Jesús que tapou o meta local ou un remate de cabeza xa co tempo cumplido de Aarón co porteiro batido pero nunha posición demasiado escorada.


Máis información


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios