Na Preferente, parece que pode ser unha xornada propicia para os nosos. O Dumbría poderá afundir ao Ribadeo e escapar da zona baixa, e o mesmo terá que facer o Soneira pero ante un rival máis duro como é o Dubra. Os cadros xalleiros terán citas asequibles ante os dous últimos clasificados, curiosamente dous equipos da mariña lucense.
Na 1ª, Ponteceso e Cee terán enfrontamentos moi complicados ante Vizoño (2º) e Arteixo (4º).
Xa na Liga da Costa anotamos un Dumbría B-Club do Mar como un dos encontros da fin de semana, adiantado ao sábado. Igual que o San Lorenzo-Camariñas e o Fisterra-Buño. Para o domingo quedan outros choques como o sempre intenso Muros-Sofán, e varios da zona baixa como o Castriz-Corcubión.
Na 3ª, tralo parte de sancións convulso que mete ao Fisterra B ao borde dos 6 primeiros, temos só un choque na zona alta como o Cabana-Cerqueda.
En xuvenís o Camariñas-Dumbría B polo norte e o Fisterra-Santa Comba no sur serán os partidos máis igualados.