Venres. 19.04.2024
El tiempo

Parte de sancións con aliñacións indebidas e novidades co Programa Xogade

Parte de sancións con aliñacións indebidas e novidades co Programa Xogade

Chega cargado o parte de sancións, sobre todo no tocante á 3ª da Costa. Antes de analizar ademais a nova situación arredor das fichas das categorías inferiores arredor do Program Xogade, repasamos as denuncias desta fin de semana:

  • Corcoesto - Montelouro: O Comité abre información trala denuncia presentada polo equipo muradán por presunta aliñación indebida dun xogador do Corcoesto. O cadro cabanés terá 5 días hábiles para presentar alegacións.
  • Muxía - Fisterra B (xornada 11 disputado o 30-10-11)): Encontro tralo que o filial fisterrán denunciara a posible aliñación indebida do xogador Ángel Otero, e unha vez que o Muxía non presentou alegacións. A Federación comprobou que a súa ficha foi dada de alta o 11-11-11, dúas semanas despois do encontro, polo que declara vencedor ao Fisterra B por un marcador de 0-3. O Muxía que pagar unha indemnización de 50€ ao Fisterra B, unha multa de 60€ á Federación pero non sofre sanción en forma de puntos.
  • Fisterra B - Laxe: O filial fisterrán preguntou por dúas tarxetas a xogadores do cadro fisterrán (nº2 e nº11) porque non coincidían as tarxetas cos cambios realizados. O colexiado Diego Castelo estudiará a denuncia.

Ademais hai un encontro que non se vai disputar esta fin de semana. O Fisterra-Santa Comba de xuvenís tivo problema cos campos para disputarse esta xornada e queda para o 6 de decembro ás 16:00h en Ara Solis.

Programa Xogade

Xa anunciaramos que habería novidades entorno ao Programa Xogade, que xestiona as axudas para os clubes deportivos de todo o país a través do cal pagan as mutualidades das categorías base. Se ben o Presidente da Federación fixo saltar as alarmas asegurando que a Xunta ía proceder á total supresión do programa, dende a Secretaría Xeral do Deporte nos aseguraban que o Programa Xogade non se ía suprimir, só ía necesitar un “cambio organizativo en canto a actividade federada”, pois dende as empresas aseguradoras que van optar ao concurso público, avisaron que non van aceptar as mesmas condicións que o ano pasado, e que propoñen separar as axudas federadas das non federadas, pois as primeiras non lle son rentables.

Finalmente parece que xa hai resolución para o caso. Deste xeito, e unha vez que a Xunta separa definitivamente a actividade deportiva escolar e o deporte federado, os futbolistas federados en idade escolar que precisamente antes estaba incluídos no Programa Xogade, a partir deste 15 de novembro mudan de seguro deportivo, sen coste para os clubes. Agora forman parte da Mutualidad de Previsión Social de Futbolistas Españoles a Prima Fija con cargo á compañía de seguros privada ASEFA.
A cobertura vence a 31 de agosto de 2012, polo que durante o verán os deportistas en idade escolar (de prebenxamíns a cadetes) estarán cubertos.

Iso si, os centros médicos seguen sendo os mesmos que os das categorías de xuvenís e afeccionados (O Hospital Santa Teresa da Coruña este curso, non puideron conseguir o HVdX de Cee...)

Sancionados

Preferente

  • José Manuel Eirís Pereira (Dumbría)
  • Víctor García (Soneira)
  • Víctor Vecino (Soneira - 2 partidos)
  • Miguel Figueira (Adestrador Soneira)
  • Pablo Baña (Santa Comba)

Apercibidos Preferente:
- Angelo Liñares (Santa Comba).

1ª Autonómica

Apercibidos 1ª:
- RUBEN FIUZA CANOSA (CEE).
- JULIO DOMINGUEZ OUTES (CEE).
- JOSE L ALVITE LEMA (CEE).
- RUBEN VARELA FREIRE (PUENTECESO).

2ª Autonómica

  • DAMIAN TOREA "Cajulo" (ESTEIRANA).
  • JUAN C CABANAS RODRIGUEZ (CAMARIÑAS).
  • IVAN CAAMAÑO GONZALEZ (MUROS).
  • MARTIN RECAREY COUTO (SAN LORENZO).
  • JOSE LOPEZ MARCOTE (Colabor. CORCUBION).
  • DAVID LAREU GARCIA (NANTON).
  • JOSE FERNANDEZ CASTRO (NANTON).
  • JUAN MOREIRA ANTELO (NANTON).

Apercibidos 2ª:
- FRANCISCO MACEIRAS OLVEIRA (ESTEIRANA).
- ALEJO CAMBON ALVAREZ (CORME).
- DIEGO BERMUDEZ ROMERO (CORME).
- ABEL SOUTO CORES (SOFAN).
- LEONCIO PICALLO PEREIRA (CAMARIÑAS).
- DAVID LOURIDO LOPEZ (CORCUBION).
- CARLOS VIDAL FARIÑA (NANTON).

3ª Autonómica

  • JOSE A BLANCO BLANCO Delegado MUXIA - 2 Meses).
  • EDUARDO INSUA DIAZ (FISTERRA "B").
  • RUBEN INSUA DIAZ (FISTERRA "B").
  • FERNANDO LOIS ALVITE (ALCAIAN).
  • IAGO MARTINEZ SANCHEZ (PORTEÑO).
  • RAMON LAGO TAJES (VOLANTES DE BAÑO).

Apercibidos 3ª:
- FABIO LESTON BLANCO (OUTES).
- SERGIO VAZQUEZ SANTAMARIA (OUTES).
- MANUEL LAGO LAGO (U.D. MONTE LOURO).

Ligas Xuvenís

  • JAVIER CIVES FERNANDEZ (MAZARICOS).
  • RAMON LOPEZ ROMAR (Delegado CAMARIÑAS).
  • JOSE BUSTO RIAL (SPORTING ZAS).
  • JULIAN BUSTO BLANCO (MUXIA).
  • SANTIAGO NEGRO ALVITE (MUXIA).
  • JOSE L CASUSO VENTUREIRA (MUXIA).
  • ALEJANDRO MATO RODRIGUEZ (CABANA).

Apercibidos Xuvenís:
- BRUNO LADO PIÑEIRO (ESTEIRANA).
- DAVID LADO HERMIDA (MAZARICOS).
- DANIEL MARTINEZ FERREIRO (SANTA COMBA).

2ª Cadete

  • ISMAEL CARRIL LISTA (CAMARIÑAS).

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios