Venres. 26.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: 3 equipos á caza do Camariñas

2ª Autonómica: 3 equipos á caza do Camariñas

Completa a xornada 11 no fútbol da Costa con partidos importantes por arriba e por abaixo. O Camariñas non baixa o ritmo e nin o 3º lle fixo dano. Recuperou folgos o Club do Mar tras unha mala xeira de resutados e quen o pagou foi unha Esteirana con moitoas baixas. Achñegase ademais á zona alta o Fisterra, que vñen con forza e deixou moi lonxe a un Malpica que comezaba con ánimo de ascender pero que xa parece esquecido. Parece que estes 4 equipos serán os que se xoguen as dúas primeiras prazas, porque xusto detrñas chegan sopresas como o Buño, o Corme ou o Dumbría B, que comezaba moi ben pero que perdeu fol.

Por abaixo houbo encontros importantes. E importante foi a vitoria do Corcubión que o achega aos postos de salvación. O San Lorenzo caía en Baio e suma só 1 punto máis que os corcubioneses. E non se poden despistar ata o 8º clasificado, o Mazaricos, con tan só 4 puntos máis que o Corcubión.

Baio - San Lorenzo (4-0)

  • Baio: Manuel, Matías, Iván, José Antonio, Ramón (Fermín, min.85), Mario, Eloy (Andrés, min.80), Alberto (Pirucho, min.70), MC, Javi Suárez, Canai (Martín, min.55).
  • San Lorenzo: Recarey, Santi, Adrián (Sergio, min.46), Casillero, Dubra, Anxo, Miguel (Canteiro, min.55), Cachizo (Jorge, min.46), Chucho, Fuentefría (Eloy, min.46), Javi.
  • Goles: 1-0, min.15: MC; 2-0, min.25: Javi Suárez marca un golazo; 3-0,min.45: Canai aproveita o rexeire de Recarey a unha falta de Matías; 4-0, min,.65: MC tras unha combinación.
  • Expulsión: O meta de Verdillo Redcarey no min.43. por protestar.

Partido dominado polo Baio na totalidade pero que estivo marcado por dúas accións puntuais: co 1-0 o San Lorenzo envía o longueiro un rexeite do porteiro; e a xogada do 3-0, que ao fío do descanso, provoca ademais do gol a expulsión do porteiro visitante polas protestas o arbitro tras permitir este o lanzamento dunha falta na cal o equipo local pide barreira pero lanza sen esperar o silbido do arbitro.

Non inquedou o cadro de Chema Eirís, cun home menos e en clara desvantaxe, na segunda metade.

Malpica - Fisterra (1-3)

  • Malpica: Víctor, Charly (Pablo, min.46) (Dani, min.85), Víctor II, Iago, Marcos Amado, Andrés (Charro, min.46), Rancaño, Nando (Avelino, min.75), Cheo, Neucha e Alfrediño.
  • Fisterra: David Perlón, Juan de Elvira, Piti, Nico, Santi, Gus, Guardiola (Eddy, min.65), Roco (Munitis, min.90), Dudo, Tata (Dudo Rivas, min.70) e Rivas (Rubén Insua, min.55).
  • Goles: 0-1, min.15: Rivas a pase de Guardiola; 0-2, min.25: Nico; 1-2, min.75: Cheo; 1-3, min.93: Rubén Insua a centro de Dudo.

Importante vitoria do Fisterra ante un dos chamados a estar arriba. Pero o Malpica está en horas baixas e non demostrou a súa suposta posición como candidato. Cunha defensa feble, permitiu que o cadro verdillo dominase e que acadase a terceira vitoria consecutiva. E iso que por momentos as sensacións que desprenden en combinacións de ataque son de moita calidade.

Proba da mellora dos fisterráns foi o comezo fulgurante que permitiu aos de Juan Jesús poñerse 0-2 en 25 minutos. E cando parecía que o partido ía ser cómodo, Cheo puxo o 1-2 faltando 15 minutos para o remate. 15 minutos de incertidume que non acabaron ata que Rubén Insua puxo a sentenza xa co tempo complido. A eficacia dos de verde foi determinante.

Club do Mar - Esteirana (7-2)

  • Club do Mar: Iago Dans, Chori, Repi, Álex, Rubén, Juan Lareo (Luis, min.52), Jacobo, Chechu (Fran Borrazás, min.43), Bertín (Manu, min.70), Johny e Vituco (Piñeiro, min.80).
  • Esteirana: Venancio, Adelino, Suizo, Maxi, Simón, Eloy, Iago, Adrián (Isma, min.46), Álex, Róber Pladur e Cajulo.
  • Goles: 1-0, min.5: Chori; 2-0, min.10: Johny; 3-0, min.20: Vituco; 4-0, min.30: Jacobo; 4-1, min.35: Álex; 5-1, min.50: Vituco, de penalti; 6-1, min.60: Bertín; 6-2, min.65: Róber Pladur; 7-2, min.75: Manu.

Tres xornadas levaba sen gañar o Club do Mar e quen o pagou foi a Esteirana. Partidazo arrollador dos caioneses que machacaron a unha Esteirana con moitas baixas e sen demasiada intensidade. O marcador xa sinalaba un contundente 4-0 á media hora e o partido xa rematara aos 20 minutos co terceiro tanto, o primeiro dos dous que asinou Vituco.

Corme - Dumbría B (1-0)

  • Corme: Suso, Abel, Jesús, Pandi, Adolfo, Alex, Lucas, Diego, Adrián, Iago e Alejo. Tamén xogou Adrián Doldán.
  • Dumbría B: Anxo, Samuel (Esteban, min.70), Sergio Cives, David Carreira, Ramiro, Jesús, Tati (Fernando, min.30), Riki, José Manuel, Pablo Lestón (Ivanete, min.75), Toni.
  • Goles: 1-0, min.70: Adrián Doldán.
  • Lesión: Tati cunha escordadura de nocello.

Partido igualado moi igualado no Conco no que non se puido ver o mellor dos dous equipos. O Dumbría B sumou a súa 4ª derrota consecutiva e o seu 3º partido sen marcar, tras controlar boa parte do primeiro tempo. O Corme subiu liñas na segunda, e controlou e firmou o tanto por medio do novo Adrián Doldán.

Sofán - Zas (2-2)

  • Sofán: Luis de la Peña, Adrián, Diego, Juan Rabuñal, Miniño, Pensado, Jacobo (Alemán, min.61), Suso Docampo, Berti (Edu, min.76), Ivan Rey (David Pensado, min.80) e Abel.
  • Zas: Elías, Amado, Pereiro, Daniel Mata, Oliver, Martin (César, min.75), Pablo, Rubio, Adrian, Peque (Solis, min.62) e German (Jorge Espasandin, min.85).
  • Goles: 1-0, min.30: Berti marca no segundo pao tras un saque de banda de Juan Rabuñal que peina Miniño; 1-1, min.40: Martin aproveita un rexeite de Luís a unha falta; 2-1, min.55: Abel tras unha xogada de Berti pola banda; 2-2, min.60: Germán aproveita un rexeite de Luís a unha falta de Rubio.

Bonito partido no Carral cun Sofán que se adiantou por dúas veces e que vía como o Zas, sen facer demasiado, anulaba a vantaxe por dúas veces en dúas xogadas semellantes. O novísimo cadro zaense, que vén de incorporar a Rubio, tirou de garra para conseguir un punto que lle sabe a vitoria.

A SD conseguí olvidar o estado enlamado do Carral para intentar baixar o balón. Suso avisaba e Berti puña por diante aos locaos á media hora. Pero antes do descanso empataba Martín aproveitando un rexeite do meta sofanista a unha falta botada por Rubio. Na segunda saiu oa SD buscando a vitoria e o Zas. Un gol por bando e media hora final de asedio local ante un Zas que aguantou o chaparrón coma xabatos.

O Pindo - Mazaricos (2-6)

  • O Pindo: Diego Atán, Juan de Fisterra, Alex, Manolito (Juan de Dios, min.46), Diego de Ameixenda (Hipólito, min.75), Herminio, Diego León, Javi Conexo, Loló, Diego Riolo (Juan Vilela, min.80), Carlos (Vicente, min.46)
  • Mazaricos: Juan (Pejo, min.75), Marcos, Chico (Casais, min.55), Matías, Tuco, Ramón, Rodri (Brais, min.50), Aldo (Cristian, min.70), Esteban (Rafa, min.70), Estéfano, Kevin.
  • Goles: 0-1, min.30: Esteban tras erro da defensa; 0-2, min.40: Aldo nun córner; 1-2, min.44: Diego de rebote; 1-3, min.47: Esteban coa axuda do local de Alex; 1-4, min.50: Esteban nunha contra; 2-4, min.60: Loló de penalti; 1-5, min.65: Estéfano; 1-6, min.75: Kevin.
  • Lesións: Carlos e Manolito por problemas musculares.

Mentres aguanta o peito, o conxunto do PIndo, que aínda non suma en toda a tempada, é competitivo. Pero as carencias físicas dos carnotáns nótanse nos longos segundos tempos. Esta fin de semana de feito, dúas lesións por problemas musculares ante a pretemporada dos novos adestradores Bruno de Anxela, Juan de Dios e Lolo, e un balance de 1-4 no segund tempo tras marchar 1-2 aos vestiarios. Ademais, o conxunto local contaba con baixas importantes como as de Carlos Leis, Hugo, Eloy ou Pablo, entre outros.

Demasiado castigo ao final para os carnotáns, que baixaron os brazos tralo 3º gol dos visitantes 2 minutos despois de comezar o segundo tempo.

Corcubión - Nantón (1-0)

  • Corcubión: Cristian, José de Atalaya, Lema, José María, Conguito, Sebas (Sergio, min.75), Papi, Jonhie (Balucho, min.70), Paulo, Lourido (Tarrela, min.93), Miguelón.
  • Nantón: Manolo, David Lareo, Diego, Félix, Sito (Eloy, min.75), Carlos Vidal, Cristian, Fabio, Luís, Manolo, Pedro (Iván, min.46).
  • Gol: 1-0, min.7: Miguelón.
  • Expulsión: o nantonés Iván no min.60.
  • Lesión: o corcubionés Mario cunha escordadura de nocello no quecemento e o visitante Sito cun golpe no pescozo.

Un gol do debutante Miguelón, un novo fisterrán ás ordes de Manín, foi clave para a vital vitoria corcubionesa ante o Nantón. Nun partido moi duro, no que o cadro local pasou moitos apuros para superar aos cabaneses. Ademais, ás baixas dos corcubioneses de Sergio Manín, Alán e Edu... uníase a de Mario mancado no quecemento.

O Corcubión, ao que lle custa moito marcar, aproveitou o tanto inicial de Miguelón, cando estaba a favor do forte vento que hai habitualmente no Novo Cubaleiro. E despois tocou pelexar e defender, ante as continuas chegadas dos visitantes. Por bando local, Pablo e Lourido marraron sendas ocasións, pero as do Nantón foron se cadra máis claras. De feito, no segundo tempo o Corcubión apenas saíu do seu campo, e Carlos Vidal, cun remate ao pao, e Félix, cun tiro lonxano lambendo o pao, estiveron preto do empate.

Buño - Castriz (1-1)

  • Buño: Brais, Eloy, Braix, Alfredo, Óscar, Jorge, Elías, Ismael, David Dourado, Juan, Richard (Miguel Dourado, min.75).
  • Castriz: Toñito, Michi, Sergio, Toniño, Alex, Mauri (Koeman, min.50), Toño, Martín (Prego, min.72), Rubén (Jorge, min.75), Pablo (Jonhie, min.70), Sebas.
  • Goles: 0-1, min.5: Pablo; 1-1, min.90: Elías de vaselina dende fóra da área.

Partido disputado e igualado no que ao Castriz se lle quedou cara de parvo. I é que tras ir por diante durante 85 minutos o equipo local, que dominou terriorialmente boa parte do choque, conseguía empatar cun golazo de vaselina de Elías. Os xalleiros foron superiores na primeira metade pero na segunda o Buño dominou pero sen demasiadas ocasións claras. Con 0-1, Toño enviou un remate ao pao que puido sentneciar, pero o Buño non decaeu ata conseguir o empate.

E en Castriz, o míster Cilindro ten que deixar o banco por mor dunha operación. O cadro xalleiro buscará novo adestrador, pero en principio manterá a dupla Herrera-Manolo, que se cadra collerán o equipo ata que Cilindro se recupere.

Camariñas - Muros (3-1)

  • Camariñas: Pombo, Maikel, Breo, Carlos, Alberto (Nico, min.63), Paco, Moriño, Brais, Javi (David, min.75), Juan oBello (Doyle, min.80), Leo.
  • Muros: Lupi, Gael, Ivan Cerilla, Mayuyo, Marco Antonio, Alberto, Dani Corniños, Jesús (Mingos, min.70), Óscar de Maema (Gelo, min.70), Yanky, Sexo.
  • Goles: 1-0, min.15: Leo a pase de Brais; 2-0, min.65: Leo de vaselina; 2-1, min.70: Mayuyo, de penalti; 3-1, min.90: Leo en xogada persoal.
  • Expulsión: o muradán Iván Cerilla no min.75.

Non perdoa o líder, e xa van 6 xornadas consecutivas vencendo e 9 sen coñecer a derrota. Era esta unha boa pedra de toque, ante un Muros que viña 3º, se cadra con menos individualidades que outros anos pero cunha seriedade e regularidade pouco habitual.

Pero en fronte estaba Leo, o pichichi corcubionés que asinaba o seu tanto número 18 con 3 dianas que valen outros tantos puntos. O partido comezaba co Camariñas dominando, pero foi Yanki o protagonista inicial cun balón ao longueiro que puido cambiar o rumbo do choque. A eficacia no primeiro tempo decidía o partido.

Na segunda Muros intentouno pero a engraxada defensa camariñá non permitiu máis que un tanto de penalti. Nos últimos 20 minutos tivo algunha opción o Muros de empatar, pero nunca moi claras, e foi Leo, o que propiciou o definitivo 3-1 cun destello de calidade.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios