Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Resultados do fútbol da Costa

Resultados do fútbol da Costa

Bastante mala a xornada deste 12 e 13 e novembro de 2011 para os nosos na Preferente. E sen embargo non puido ser mellor a da 1ª, con doble e importantísima vitoria dos Cee e Ponteceso, que poden respirar con máis tranquilidade tras sendos partidos de garra. Parece que os novos adestradores están sentando ben.

Volvendo a Preferente só o Xallas sumou os 3 puntos mentres que os 3 equipos caeron.

A xornada na Liga da Costa chegaba coa atención fixada no encontro entre o líder e o 3º clasificado. Pero este Camariñas vai en serio, xa van 6 vitorias seguidas, e hoxe foi superior ao Muros, cun Leo espectacular que asinou un hat trick. O Club do Mar volvía gañar tras 3 xornadas sen facelo, e sacaba a rabia mallando na Esteirana. O Fisterra tamén asoma xa a cabeza ben arriba tras vencer ao Malpica noutro dos encontros importantes da xornada.
Por abaixo, mentres o Pindo segue afundíndose, o Corcubión sumaba unha importante vitoria e se achega ao grupo de arriba.

Importantes resultados na 3ª, como a vitoria do Coristanco ante o Porteño, que o afianza no liderato. Non fallou o Outes nun encontro moi difícil ante o Volantes, pero si tropezou o Montelouro en Corcoesto, onde se deixou 2 puntos. Colócase agora 3º o Cabana tras vencer ao Independiente con comoidade. E queda aberta unha fenda entre o 4º, e o 5º, o Carnota, que hoxe descansaba. Cerqueda, Porteño e Volantes non se descolgan.

Preferente, xornada 12

Xallas 4-2 Ribadeo
Dumbría 1-4 Bertamiráns
Unión 2-0 Soneira
Chantada2-1 Santa Comba

1ª Autonómica, xornada 11

Silva 1-3 Ponteceso
Cee 3-2Perlío

2ª Autonómica, xornada 11

Club do Mar 7-2 Esteirana
Malpica 1-3 Fisterra
Corme 1-0 Dumbría B
Sofán 2-2 Zas
Baio 4-0 San Lorenzo
O Pindo 2-6 Mazaricos
Corcubión 1-0 Nantón
Buño 1-1 Castriz
Camariñas3-1 Muros

3ª Autonómica, xornada 14

Porteño 0-1 Coristanco
Cerqueda 5-0 Muxía
Camelle 2-1 Lira
Soneira B 1-2 Xaviña
Fisterra B 4-2 Laxe
Alcaián 1-3 Atl. Pereiriña
Outes 2-1 Volantes
Corcoesto 2-2 Montelouro
Indep. Carballo 0-3 Cabana

Liga Nacional Xuvenil, xornada 9

Sárdoma 2-1 Bergantiños

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 9

Esteirana 3-3Corcubión
Muros 2-7Mazaricos
Dumbría 0-3Cee
Fisterra 6-0Outes
Santa Comba 0-1Soneira

Liga Xuvenil Norte, Gr4, xornada 13

Ponteceso 7-1Corme
Coristanco 2-3Camariñas
Malpica 5-0 Laxe
Muxía 1-4 Zas
Cabana 0-5 Baio

División Honra Cadete, xornada 9

Celta 2-0 Bergantiños

2ª Cadete, xornada 11

Fisterra 1-2 Ponteceso
Esteirana 14-0 Muxía
Coristanco 2-4 Malpica
Dumbría 15-0 Zas
Porteño 1-4 Camariñas
Soneira 2-1 Muros
Santa Comba 2-1 Cee
Baio 6-1 Outes

2ª Infantil, xornada 11

Coristanco 3-4 Esteirana
Fisterra 2-1 Con. de Carnota
Cabana 7-2 Corme
Outes 0-8 Dumbría
Muxía 1-2 Baio
Ponteceso 10-2 As Baleas
Santa Comba 1-1 Cee

Ligas de Veteranos, xornada 10

1ª División

Bértoa 0-2 Vimianzo
Ponteceso 2-1 Camariñas
San Román 1-1 Xv. Bergantiños
Zas 1-0 Castriz
San Lorenzo 2-2 Baio
Corcubión 5-2 Bergantiños
Buño 0-3 Cabana

2ª División

Porteño 1-2 Muros
Soneira 8-0 Dep. Carballo
Cerqueda 1-3 At. Milagrosa
Agualada 1-1 Leiloio
Camelle 1-2 Malpica
Club do Mar 2-5 Corcoesto
Coristanco 5-0 Corme

Novas relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios