Preferente: Só suma o Xallas

Non foi moi positiva para os equipos da Costa esta xornada 12ª. Tan só o Xallas sumaba puntos esta xornada, o que lle permite aos de Iván Cancela romper unha xeira e 3 partidos sen gañar.
O outro conxunto xalleiro, os laranxas de Santa Comba, que levaban 4 partidos sen coñecer a derrota, caían en Chantada e permiten que os lucenses se acheguen na táboa. Pero así e todo os de Gelucho non perden a 3ª praza, e quedan agora empatados co Laracha.
Pola súa banda, o Dumbría sufriu o vendabal do Bertamiráns, mentres que o Soneira sufriu un vendabal semellante, pero o do colexiado.
Seguen agora mandando os Compostela e Narón, grandes favoritos para o ascenso xa dende antes de comezar a tempada. Aí terán que estar, para non deixalos escapar Laracha, Boiro, e Santa Comba.
Xallas - Ribadeo (4-2)
- Xallas: Cheli, Rubio, Barreiro, Dani Becerra, Ricardo (Álvaro Cancela, min.79), Brais, Iván Forján (Isma, min.85), Rubén, Luís, Alexandre (Iván Amor, min.73), Adrián Beiroa (Adrián Prol, min.83).
- Goles: 0-1, min.42; 1-1, min.44: Alexandre; 2-1, min.65: Martín Barreiro nun xogada de estratexia; 3-1, min.79: Adrián Beiroa de penalti; 4-1, min.81: Iván Amor tras un córner; 4-2, min,87.
- Dumbría: Juan Purrúa, Tantán, Suso, Isma (Alberto, min.60), Aarón Fernández, Aarón López, Luís (Schuster, min.46), Iago, Piri (Iván, min.65), Cacho (Eloy, min.46), Adrián Mackaay.
- Goles: 0-1, min.3. 0-2, min.23. 0-3, min.60. 1-3, min.70: Alberto. 1-4, min.75.
- Soneira: Pose, Modesto, Pablo, Ferreiro, Víctor Vecino, Mauro (Jorge Vigo, min.40), Míchel, Víctor García, Kike, Iago, Vía Rápida.
- Goles: 1-0, min.40. 2-0, min.88: de penalti.
- Expulsións: Víctor García por doble cartón (min.80) e Víctor Vecino por vermella directa (min.55).
- Santa Comba: Diego, Chinda, Pablo Baña, Angelo, Roberto, Jota, Doro, Toni, Noli, Julián, Colón. Tamén xogaron: Óscar, David Blanco, José Ángel.
- Goles: 0-1, min.10: Julián: 1-1, min.55; 2-1, min.90: de penalti.
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
Rompeu a mala xeira de resutados o cadro de Iván Cancela nun dos mellores partidos da temporada. E o fixo cunha unha vitoria cómoda ante un Ribadeo na zona baixa. Perdoou na primeira o Xallas e permitiu que o Ribadeo se puña por diante na primeira ocasións xa contra o descanso. Pero un tanto de Alexandre puña unhas xustas táboas antes de ir ao vestiario.
A segunda metade foi de claro cor verde. Os xalleiros controlaron de principio a fin pero tardaron 20 minutos en sentenciar. Martín Barreiro e Iván Amor en sendas xogadas de estratexia, e Adrián Beiroa de penalti sentenciaron o choque.
Dumbría - Bertamiráns (1-4)

Un furacán pasou polo Conco ante a atenta mirada dos locais. Non puido facer nada o cadro local que aos 3 minutos xa tiña que recoller un balón das mallas. O 0-2 ao descanso era claro e contundente e os dumbrieses non se puideron repoñer na segunda metade, que comezaba como o partido, cun tanto visitante. Alberto recurtaba pero era só un espellismo.
Unión - Soneira (2-0)

Protestou o Soneira a actitude do colexiado que ademais de sinalar un penalti en contra, acabou expulsando aos dous Víctor do cadro que dirixe Miguel. No primeiro tempo, o cadro local dominou máis o balón pero non puido superar a meta defendida esta fin de semana por Pose ata o minuto 40.
Tivo que saír máis afiado o cadro soneirán na segunda, e o intentou durante moitos minutos sen sorte. Non estiveron acertados onte nin Vía nin Iago. Pero fóiselle acabando o fol aos vimianceses coas dubidosas expulsións de Víctor Vecino e de Víctor García. O cadro local sentenciou xa case co tempo cumplido cun penalti inxusto.
Chantada - Santa Comba (2-1)
Chegaba o Santa Comba como favorito a Chantada, ante un equipo que fixo un bo partido, moi duro e con moita intensidade, que viu como o colexiado lle permitía facer moitas moitas faltas. Pero apenas inquedou á meta de Diego, e nas que chegou, fixo gol. Como nos goles, que chegaron tras un erro no marcaxe nun córner e cun dubidoso penalti xa cos 90 regulamentarios cumplidos.
O partido comezaba igualado, pero con Julián adiantadou aos xalleiros. Na segunda marcou o empate o Chantada cando mellor estaba o Santa Comba, que marrou moitas, por medio de David Blanco, Óscar e Doro. Cando todo parecía sentenciado cara o empate, un dubidoso penalti deixaba o partido nas mans dos locais.
Está notando Gelucho a baixa de Gonzalo na defensa, e xa van 5 goles encaixados en 2 partidos. E apuntan dende Santa Comba que xa podían meter goles máis espallados, pois é o equipo laranxa o máximo goleado da categoría xunto co Narón.