1ª Autonómica: Doble alegría a base de garra

Segunda semana tras 11 xornadas na que podemos celebrar un doble triunfo dos nosos na 1ª Autonómica, tralo acontecido na xornada 2. Dúas vitorias de garra, loitando ata o final, que poden servir depunto de inflexión para a reacción de ambos equipos, ambos con novos adestradores.
Silva - Ponteceso (1-3)

- Ponteceso: Norberto, Rubén, David (Tucho, min.32), Fabián, Nando, Pitu (Zalo, min.72), Carlos Mato, Josito (Alex, min.90), Mendieta (Adrián, min.75), Luisete, Toniño.
- Goles: 0-1, min.16: Luisete a pase de Josito; 0-2, min.43: Toniño nunha contra; 1-2, min.44: Esteban; 1-3, min.58: Toniño.
2 de 2. Esa é a bagaxe de Marco como míster do Ponteceso trala marcha de Berto. Parece que o equipo espertou e esta fin de semana acadaron na Coruña 3 puntos importantísimos. Foi un partido moi bonito, con moito medio campo e sen demasiadas ocasións, pero moi disputado.
Foi clave o acerto de Luisete e Toniño cara o gol, e unido as grandes intervencións de Norberto sobre todo na primeira metade, permitiron esta vitoria. O gol de Toniño antes do descanso parecía a sentencia pero o ex dos pontecesáns, Esteban, recurtaba e deixaba aos coruuñeses con esperanza. Pero saíu moi firme o conxunto costeiro na segunda e foi quen de matar o partido cunha nova boa definición de Toniño.

Cee - Perlío (3-2)
- Cee: Parroto, Ruben (Penedo, min.61), Jorge (Víctor, min.71), Luis, Julio, Rafa, Piquero, Fer, Tasky, Diego, Nico.
- Goles: 1-0, min-20: Tasky remata un balon peinado por Diego; 1-1, min.60:. 1-2, min.70; 2-2, min.89: Luís ; 3-2, min.93: Tasky a pase de Victor.

Impresionante vitoria dos ceense nun partido épico, que a base de garra puido sacar os tres puntos e pon fin así a oito xornadas sen coñecer a vitoria. Logo de adiantarse na primeira parte, os nosos viron como o Perlio dáballe a volta ao partido no comezo da segunda. Nos últimos minutos Luís e Tasky deron a vitoria aos de Llanero.
A primeira parte que estivo condicionada polo vento no que os nosos buscaron máis a porteria visitante. Na segunda o Perlío, ao porse por diante desaproveitou varias contras claras por medio de Pele, mentres que por bando local, antes da remontada Penedo avisara.
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).