Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Previa: Rober Pladur analiza o Esteirana - Corme

Previa: Rober Pladur analiza o Esteirana - Corme
Viviremos en Esteiro esta fin de semana un dos partidos mais interesantes da xornada, o que enfronta á Esteirana e ó Corme. A ambos equipos úneos un gusto por traballar coa xente da casa, e con resultados moi bos nos últimos anos, pois tanto Esteirana como Corme conseguiron ser campións costeiros apostando pola canteira decididamente. Dos moitos homes talentosos que se darán cita no Xosé Luis Vara o domingo, queríamos falar con Roberto Pladur, dianteiro bandeira do clube de Esteiro, que nos analiza como ve as cousas para domingo e o que resta de tempada. Rober axuda adestrando ó equipo infantil QPC - Tivestes un bo inicio de tempada. Vai a ser o partido do Corme o que de a medida das vosas posibilidades este ano? Colectivamente non foi o mellor inicio que podíamos facer, pois non comezamos con victoria na casa, que era o que pretendíamos, pero penso que temos moito tempo para remendalo. Non creo que o partido do Corme sexa un punto de inflexión que vaia a marcar as nosas posibilidades este ano. Penso que debemos gañar para seguir crecendo e aumentar a confianza grupal, pero no caso de non queden os 3 puntos en Esteiro, tampouco penso que nos deixe descolgados do grupo de arriba que é donde queremos estar este ano. QPC - Falase xa da Esteirana como aspirante o título. Como o vedes dende dentro? Dende dentro somos cautos á vez que ambiciosos, e claro que nos gustaría gañar outra vez a Liga da Costa, pero tamén temos que ser conscientes do que eso supón. Traballo, traballo e máis traballo. E despois un pouco de chiripa, que sempre fai falta. QPC - Parecese en algo este equipo ó que foi campión fai uns anos? Bueno, non moito. Será que aínda me vexo coma un rapaz que comeza a xogar, aínda que con dores e recuperacións máis longas, jajajaja. Non, pero cando gañamos a liga, dende logo éramos un equipo máis veterano. Os Adelino, Pepiño, Dani Rama, José Varela, Benito de Pura, Picholeiro, Pablo Serrano, Kike...falamos de xogadores que de aquela aportaban unha veteranía que non a temos agora, está claro. Pero penso que levamos uns aniños construíndo dende a base uns cimentos, que comezan a xerar resultados. Pódese dicir que melloramos en algunhas cousas, á vez que mermamos en outras, e os resultados que podamos acadar, non podemos adiantalos, pois non sabemos o que podemos chegar a facer. Un equipo campión. Volverase a repetir a historia? QPC - Como te atopas ti a nivel individual? A nivel individual como xa dixen antes, síntome coma un rapaz que comeza a xogar por primeira vez en modestos, pero tamén sabendo que o corpo non se recupera igual dos desgastes nin das lesións coma antes, cousa que me perxudica bastante. Mesmo, este verán, tiven unha lesión no campionato de Barrios de Esteiro, que levo acarreando xa vai para 3 meses e aínda perdura, e son as cousas que che fan non estar o 100% como me gustaría estar. Non puiden xogar ningún partido na pretempada, e eso agora nótase, pero partido a partido vou notando a melloría. QPC - Volveremos a ver a Rober en categoría superiores? Nunca se sabe, antes de fichar polo Xallas, estaba convencido de que non marcharía xa máis, para ningún equipo, e finalizaría a miña “carreira” deportiva no meu clube. Pero xa ves, viñeron, gustoume a idea, vinme con forzas e confianza e fun probar. Asique non descarto algún dia volver probar. Xa sabes, “Nunca digas nunca xamais” QPC - Que equipos che parecen os candidatos o titulo este ano? Este ano vexo uns cantos equipos capaces de gañar o título, pois non hay tanta diferenza coma anos anteriores nos que o Baio, San Lorenzo, Mazaricos ou Malpica estaban un paso por encima dos os demáis. Este ano marcharon dous osos duros como o Baio e San Lorenzo, e penso que se igualaron as cousas bastante. Temos o Zas e o Outes que son os recén descendidos, e despois o Ponteceso, Corme e Mazaricos, que serán equipos a ter en conta, así coma Lira, Baiñas... pero coma xa dixen antes, igualaronse moito as tornas, cousa que fará que a liga da costa este ano esté máis reñida e entretida. Dende logo non me atrevo a propoñer un equipo gañador, porque penso que o título non se decantará ata última xornada. Partidazo o domingo en Esteiro, Esteirana - Corme QPC - Que opinas do Corme? ¿Que che podo dicir do Corme? O único equipo capaz de gañar ligas coma quen gaña unha carreira popular, e non querer ascender de categoría. Sempre me pareceu e me parece un equipazo, son un grupo de amigos que saben xogar moi ben o fútbol e se saben comportar dentro dun campo. Creo que este ano teñen algunha baixa importante, pero ca súa filosofía de xogo, creo que poden estar no grupo de arriba, por suposto. Os goles de Pladur animarán o campionato ligueiro QPC -  Como ves os teus ex do Xallas? O Xallas arrincou un pouco frouxo, e confío en que o remenden nas próximas xornadas, pois non quero ter que voltar en xaneiro de novo pa sacarlle as castañas...jajajajaja é broma. Penso que teñen equipo abondo e con experiencia, a pesar de non coñecer moitas das novas fichaxes desta tempada, para sacar adiante unha categoría na que están máis que acostumados a xogar. E sobretodo estando o mando de todo un Capitano coma o lexendario Sergio “Doro” que penso que non teño nada que dicir del, para que sepades o increible e incansable xogador que está feito, e mellor persoa. Outras citas de interese na 2ª son o derbi Buño - Ponteceso, e o Lira - Zas, que medirá as posibilidades de ambos equipos no campo de Lombáns. Na 1ª sen dúbida o enfrontamento entre Soneira e San Lorenzo centra a atención do público costeiro, con dous equipos en tendencias diferentes pero coa mesma necesidade de puntos. En Preferente Sofán e Dumbría viaxan coa intención de acercarse ós postos altos da taboa, e o Xallas recibe ó Escairón buscando a primeira vitoria. En 3ª tamén temos encontros moi interesantes, principalmente o Laxe - Castriz ou o Ameixenda - Muros. Dende logo, o fútbol da Costa nunca decepciona, elixamos campo e vaiamos a animar ós nosos equipos.

Comentarios