Sábado. 14.09.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Puntiño e puntazo

1ª Autonómica: Puntiño e puntazo
A igualada no derbi ten distinta lectura para Baio e Soneira, xa que os locais bicaron a sorpresa e unha situación moito máis cómoda na táboa; os vimianceses xa empezan a olfatear a Preferente O Soneira camiña rumbo a Preferente - Foto: MCA Cuns O Soneira camiña rumbo a Preferente - Foto: MCA Cuns A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com   Baio 2-2 Soneira
  • Campo: Platas Reinoso
  • Baio: Pablo, Yago, Mario, Porto, Luis Alvite, Peke, Brais (Saleta m.2), Moreno, Christian, Martín MC (Rubio m.58), Luisito (Eloy m.88)
  • Soneira: Anxo, Figueroa, Jota, Aarón, Brais Mouzo (De la Sierra m.63), Mayor (Maikel m.63), Sandelo (Nazo m.63), Alberto Vía, Richi, Javi e Basti (Óscar de Maema m.75)
  • Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña). Amonestou a Mario, MC, Pablo e Eloy do Baio; Alberto Vía, Mayor e Javi do Soneira
  • Goles: 0-1 m.21 Mayot; 1-1 m.37 Luisito; 2-1 m.42 MC; 2-2 m.83 Aarón
Derbi de ouro e Platas Baio-Soneira Un ateigado campo do Baio foi o escenario dun dos máis emocionantes partidos dos últimos anos entre Baio e Soneira. Os locais, que coa vitoria escapaban dos postos de ameaza potencial, viron como un gol de Aarón evitaba o pleno de triunfos nos enfrontamentos directos. Pode chegar o ascenso soneirán a vindeira xornada, en caso de triunfo ante o Unión e pinchazo do Cordeiro. A estratexia foi a aliada dos de Manolito, que abriron o marcador tras un córner sacado por Sandelo e rematado cun toque preciso por Mayor. Pero o Baio, moi entonado, remontaría antes da igualada. Tras dous avisos, Luisito recurtou ao seu par e axustou para igualar. E cinco minutos despois MC serviuse dun gran control para superar a Anxo e facer o segundo. Acabaría por volcarse na reanudación un Soneira sen puntería, ata que nun córner executado por De la Sierra Aarón meteu a testa e logrou igualar un choque do que os brancos saen reforzados nas súas aspiracións. Gol do soneira en Baio Gol do Soneira en Baio-Foto-Mca Cuns
  Outes 5-2 Carcacía
  • Campo: O Cunchido
  • Outes: Alejandro, Borja, Maroñas, Cristian, Martín, Piki, Pose, Jorge (Pablo m.75), Quin (Adrián m.63), Jura (Álvaro m.85) e Dani Corniños
  • Carcacía: Lito, Álvaro, Marcos (Rodri m.46), Kike, Isma, Guille (Javi m.46), Castro, Batista, Alberto Bello, Javi e Juancar (Sergio m.15)
  • Árbitro: Losas Otero (Santiago)
  • Goles: 1-0 m.7 Piki; 2-0 m.42 Borja; 3-0 m.48 Quin; 3-1 m.61 Batista; 3-2 m.62 Castro; 4-2 m.68 Piki; 5-2 m.74 Martín
… E a que tivo que caer Foi tremendamente superior o Outes a un rival que bastante tivo con non levar unha goleada de escándalo ao intermedio. A relaxación defensiva permitiu que o colista acurtase distancias e mesmo se puxera a un go, pero o bo facer de Piki e a tranquilidade dos de Roque evitaron unha sorpresa que de paso tería sido moi inxusta.   Malpica 3-3 Tordoia Formación do Malpica no partido de onte - Foto: Luis Porto Formación do Malpica no partido de onte - Foto: Luis Porto
  • Campo: A Pedra Queimada
  • Malpica: Víctor; Álex Márquez, Casais, Óscar Mocoso, Alejandro Marquez. Eloi Vilas, Petís, (Carlos Mallo m.80), Migueliño, Martín Mara, (Lolo m.64), Cololo e Roi Carril
  • Tordoia: Juanjo; Diego,(Rubén Veiga m.70), Zalo, (Nolo m.46), Chino, Dubra, Toño, Maki, Che, Álvaro, (Pombo m.83), Óscar, Denís
  • Árbitro: Añón Salgueiro (A Coruña). Expulsou a Casáis, do Malpica
  • Goles: 0-1 m.29 Óscar; 1-1 m.32 Cololo, de penalti; 2-1 m.39 Martín Maradona; 2-2 m.41 Chino; 3-2 m.68 Cololo; 3-3 m.79 Rubén
Un punto de dignidade Non perde o orgullo un Malpica que sigue a competir e que arañou un punto que ben puderon ser tres ante o Tordoia. Un dobrete de Cololo, que selou o 3-2 tras unha gran acción colectiva e resolución, e outro bo disparo de Martín Maradona sumaron para os locais, pero un erro defensivo a dez minutos do final acabarían condenar un bo partido.   Lesende 0-2 Sofán Alegría nun Sofán que non renuncia a nada - Foto: SD Sofán Alegría nun Sofán que non renuncia a nada - Foto: SD Sofán
  • Campo: Cabenetán
  • Lesende: Veni, Teo, Julio Sueiro, Carlos, Liñares, Roberto (Adan m.61), Fran, Jorge, Adrián Sueiro, Borja e Brais (César m.61)
  • Sofán: David Insua, Sito, Adrián (Álex Varela m.81), Rubén, Javi Souto, Felipe, Brais (Ceide m.80), Iván Rey (Insua m.64), Luis, Javi Doldán (Alex Pri m.77) e Raul (Seo m.72)
  • Árbitro: Couñago Ricón (Santiago). Amonestou a Seo, do Sofán
  • Goles: 0-1 m.17 Luis; 0-2 m.71 Javi Doldán
Tivo que tirar de paciencia o cadro carballés - Foto: SD Sofán Tivo que tirar de paciencia o cadro carballés - Foto: SD Sofán Sinxelo, pero con paciencia Non tivo demasiados problemas o Sofán para impoñerse en terras noiesas a un Lesende que pagou o desenlace do seu partido en Vimianzo. Un disparo lonxano de Luis abriu o marcador e puxo todo moi a favor dos vermellos, que controlaron os tempos do encontro. Non houbo demasiada presencia ofensiva local, pero aínda así non foi ata o desenlace cando Javi Doldán sentenciou a cita.   Piloño 2-0 Corme
  • Campo: O Camballón
  • Piloño: Adrián, Santi, Marcos (Bruno m.57), Diego, Otero, Juan (Ramón m.85), Matías, Imanol, Víctor (Iván m.78), Pablo e Ferreiro (Jairo m.63)
  • Corme: Jose, Joshua (Sergio m.60), Brais, Jesús, Adrián (Adolfo m.72), Eloy (Alejo m.51), Juan Chans, Adrián Doldán (Miguel Torrado m.80), Toniño, Lucas e Diego
  • Árbitro: Val Castro (Lalín). Amonestou a Santi e Matías do Piloño; Jesús, Adrián Doldán, Joshua e Toniño do Corme
  • Goles: 1-0 m.60 Santi; 2-0 m.74 Víctor
Exceso de castigo Mereceu ter sacado algo en limpo o Corme da súa visita a Piloño, onde atopou un rival e un campo radicalmente opostos ás súas características. Os costeiros dispuxeron de oportunidades en varias accións á contra, pero non acertaron ante o meta Adrián.  

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios