Primeira: Modestia aparte
15:53 09/01/17
Para sacar peito foi unha xornada na que os sufridos Outes e Sporting Zas deron un novo paso adiante, o intratable Dumbría achegouse algo máis a Preferente e o imprevisible Fisterra volveu pescar en territorio peliagudo
O Dumbría celebrou o seu triunfo en Padrón
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Outes 2-0 Villestro Campo: O Cunchido Outes: Xandre, Borja, Chúa, Maroñas, Chía (Dani Corniños m.53), Martín, Kim (Mario m.62), Yago Dosil (David m.76), Jura, Eli (Babu m.80) e Cutu (Pose m.76) Villestro: César, Alonso (Lodeiro m.75), Brais, Víctor, Gesto, Martín (Miguel m.75), Uzal, Pena, Rama, Hugo e Gonzalo (Louzán m.62) Árbitro: Vilas Lorenzo (Santiago). Amonestou a Dani Corniños, Martín, Yago Dosil do Outes; Uzal do Villestro Goles: 1-0 m.28 Cutu; 2-0 m.68 Dani Corniños Arrincou o carro Dúas vitorias seguidas, a pesares do parón de Nadal, meten de novo ao Outes na loita pola permanencia, e sobre todo elevan a moral dun equipo tocado pola falta de puntería. Os sureños no xeraron tantísimas ocasións coma noutras citas, pero si deron unha lección de saber ler o necesario contra un rival directo. Cutu, nunha acción con pase atrás e remate a gol, abriría o marcador no ecuador do primeiro acto. Os santiagueses só apareceron un anaco á volta de vestiarios, pero sen inquedar demasiado a portería de Xandre. O muradán Dani Corniños, que levaba un mes fóra dos terreos de xogo, sentenciaría a falta de vinte minutos, cun bo remate. O mellor momento do curso para o Outes coincide co inicio da segunda volta. Sporting Zas 4-2 Piloño O Zas atopou de novo o camino do triunfo Campo: San Andrés Sporting Zas: Tívoli, Lagoa (Fabián m.93), Javi, Manu, Nolo. Anxo, Josito, Dani (Álex Flores m.19), Chapela (Brais m.94), Rubio e Róber (Alberto m.95) Piloño: David, Santi, Alberto, Xairo (Cequi m.63), Dani (Maleiro m.84), Juan, Imanol, Mark, Jairo, Roberto e Víctor Árbitro: Belmonte Martell (Santiago). Expulsou a Anxo, do Zas (m.72). Amonestou a Tívoli, Manu, Álex Flores, Rubio do Sporting Zas Goles: 1-0 m.16 Chapela; 1-1 m.25 Víctor; 2-1 m.54 Álex Flores; 3-1 m.58 Rubio; 4-1 m.62 Álex Flores; 4-2 m.71 Santi, de penalti Moi necesaria Importantísima vitoria para un Sporting Zas que non só se desfixo dun rival pola permanencia, senón que enlazou catro puntos seguidos, acadou o primeiro éxito de Pablo Mallón no banco e recuperou a vena goleadora dun ata hai pouco ausente Álex Flores. Comezou ben o partido para os costeiros, que nunha acción personal exquisita de Chapela tomaron vantaxe, pero pouco despois Víctor igualou ante Tívoli. Foi sobresaínte a saída dos zascenses tralo intermedio, pechando no área ao equipo da provincia de Pontevedra. Álex Flores, a pase de Chapela, Rubio, de tiro de fóra do área, e Álex Flores novamente, de cabeza, pareceron sentenciar unha tarde que acabaría por voltarse algo máis difícil do agardado. A expulsión de Anxo e o inexistente penalti convertido por Santi, unido aos oito minutos de desconto, sembraron a incertidumbre. Flavia 1-2 Dumbría Campo: O Souto Flavia: Diego Perol, Magariños (Jacobo m.80), Rocha, David Triñanes, Robrto, Kevin (Alcalde m.71), Ángel (Damián m.71), Luis Ángel, Seijas, Álex Pérez e Brais Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, David Carreira, Iago, Rivi, Adrián, Cristian (Fabio m.46), Manu (Pablo Conde m.77), Diego Cespón (Charly m.81) e Darío Capelo Árbitro: Villaverde Mogo (Santiago). Amonestou a David Triñanes, Seijas, Roberto, Luis Ángel e Jacobo do Flavia; Cristian, Adrián e Raul do Dumbría Goles: 0-1 m.36 Raúl; 1-1 m.50 Brais; 1-2 m.71 Adrián Outra pica en Flandes Sen un home forte como Aarón para un campo coma O Souto, e sen o poderío de Rubén Márquez para medirse a un rival físico, o Dumbría foi quen de sacar igualmente os tres puntos. O líder é cada vez máis líder, e esta vez o guión non era nada sinxelo. Os costeiros foron mellores na primeira metade, na que Raúl, cunha impresionante volea, certificou esa sensación. Non obstante, os padroneses medraron na reanudación, ata o punto de igualar nunha contra finiquitada por Brais. Pero faltaba por aparecer o de sempre, aínda que esta vez cunha colaboración digna dos xemelgo Derreck. Darío tirou de clase para centrar a bola e, entre o punta fisterrán e un defensa local mandaron o balón á escuadra. Tirou de oficio o Dumbría para resistir e acadou tres puntos que saben moi pero que moi ricos. Cordeiro 0-0 Fisterra Campo: Municipal de Valga Cordeiro: Diego Busto, Christian, Gabri, Álex, Cobas (Del Oro m.58), Juanjo, Juan Luis (Anxo m.86), Mateo (Rodrigo m.62), Jose, Padín (Nieto m.80) e Manu Fisterra: Ángel Luis, Rubia, Fabián (Breixo m.74), Robertín, Isma Leis (Abel m.69), Tati, Pablo Lestón (Bruno m.78), Piti, Adri, Angeliño e Roco Árbitro: Villamor Rial (Lalín). Amonestou a Miguel, Del Oro e Manu do Cordeiro; Fabián e Bruno do Fisterra Non pasou demasiado Un punto de mérito e con moito oficio sacou o Fisterra na provincia de Pontevedra, ante un Cordeiro que pasa por ser un dos conxuntos máis experimentados da Primeira. No encontro non sucedeu prácticamente nada e houbo unha opción clara por equipo. A mellor para os de Nacho foi unha conducción con exceso de optimismo do meta Diego, roubo de Pablo Lestón e remate impreciso de Tati. Un rexeite dunha falta que marchou demasiado alto foi a aproximación con máis tintes de gol por parte dun Cordeiro no que segue a dar clases o exprofesional Carlos Padín.