Venres. 03.05.2024
El tiempo

A Pipa de Corredoira: Punto e final á tempada 2013-2014

A Pipa de Corredoira: Punto e final á tempada 2013-2014

Chegouse ao final da tempada 2013-14 na Costa coa final da Copa máis importante que se disputa en Galicia, sen dúbida. Unha tempada longa e emocionante en todos os aspectos. Días de felicidade, para uns, e de tristeza, para uns poucos. Pero intensa, moi intensa, de principio a fin.

No que respecta ás competicións de Liga, a alegría foi por barrios, ou zonas, segundo se queira pensar ou determinar.

En Preferente, campaña tremendamente positiva para o Bergantiños, que ascendeu a 3ª División un ano despois do seu descenso. E boa para o Dumbría, que se quedou ás portas de disputar a promoción de ascenso e que viu como o seu adestrador, José Manuel López Canosa, era premiado como mellor técnico da tempada en Preferente. Pola súa banda, o Xallas de Santa Comba, cun inicio e final excelente, está pendente de coñecer onde se competirá a próxima tempada, pois os arrastres colócano en 1ª Autonómica, pero os problemas doutros clubs poden deixarlle en Preferente. O Soneira, nunha campaña moi negativa, perdeu a categoría e competirá en 1ª a próxima campaña.

En 1ª, excelentes Malpica e CD Baio, mentres que a Esteirana mantivo sen grandes agobios a categoría. Por contras Ponteceso e Camariñas non puideron salvar o seu posto en 1ª e volverán competir na Liga da Costa a próxima campaña.

Os seus postos ocuparanos, tras unha brillante tempada, o Corme e o Sofán, este tras unha brillante remontada na promoción de ascenso, onde necesitaba remontar un 3-0, por mor dunha denuncia, e conseguíndoo nun partido épico tras un 0-2 en contra, pero vencendo por 5-3 cando a falta de 20 minutos perdía por 1-2. Por abaixo, o Independente, Muros e Corcubión descenderon a 3ª Autonómica.

Nesta categoría, brillante campaña do Baiñas, campión intratable da 3ª, cun ascenso máis que merecido, sendo acompañado no salto de categoría polo Monte Louro e Seaia.

Na Copa, intenso campionato co cuarto título de campión para o Dumbría, que nunha gran final, con máis de 1000 afeccionados nas gradas de Fontenla, superaba ao campión da edición anterior, Xallas de Santa Comba, pechando unha brillante campaña dos pupilos de López Canosa.

No fútbol basee, pendentes aínda dese último partido de promoción para o Dumbría, todos cumpriron os obxectivo marcados, e con nota especial para o Xallas de Santa Comba, co seu ascenso á Liga Galega Cadete, e oxalá do Dumbría co ascenso dos xuvenís de superar no último partido, pechadura da tempada, ante o Val do Ulla (0-0 na ida). Os infantís do Cee lograron o campionato de Liga dáa Costa, pero perdendo a fase final. Outes e o propio Dumbría, nas categorías de fútbol 8, alcanzaron os diferentes finais en alevíns, benxamíns e prebenxamíns.

Á marxe dos resultados, dúas fornadas de monitores, con máis de 60 novos titulados, lograron os seus titulacións nos cursos convocados pola Escola Galega de Adestradores e desenvolvidos en Dumbría e Santa Comba. Esperemos que a próxima tempada sigan proliferando estes cursos, importantes, e siga habendo máis técnicos que virán dar maior realce ás nosas competicións.

E que dicir dos dous eventos organizados polo equipo de QPC, co “Album das Estrelas da Costa”, realzado coa presenza de David Vidal e a súa charla en Corcubión e o seu traballo práctico coas categorías de base do Xallas de Santa Comba, por unha banda, e a festa do Fútbol da Costa, en Dumbría, cos premios aos mellores, elixidos polos seus propios compañeiros, directivos e adestradores, elixindo ao 11 da Costa, por unha banda, e aos mellores xogadores (Doro, do Dumbría, un premio máis que merecido a un xogador extraordinario como tal e como persoa), directivas, afeccións, clubs de base e técnicos. Un brillante colofón a unha excelente tempada.

Agora, a pensar na seguinte, pois, en menos dun mes, xa os equipos volverán saltar aos terreos de xogo. Morta a tempada 2013-14, Viva a tempada 2014-15!

  • Manuel A. González Corredoira, Entrenador Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, e actual adestrador do Castriz.

Máis artigos de Corredoira

A pipa de Corredoira

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios