Nova xornada completa do fútbol da costa esta da segunda fin de semana de novembro. E outros 65 partidos, outros 65 resultados que aquí vos traemos, coma cada domingo.
Comezamos o repaso pola Preferente, na que o Xallas de Santa Comba volveu demostrar, con algo de axuda arbitral, que vai estar arriba. Os de Corredoira están 3º, empatados co 2º, o Boiro, e a 6 do Grixoa, pero aínda cun partido máis. Pola contra, o Dumbría caía en Mugardos e baixa ata a 7ª praza, con 17 puntos, un máis que o Soneira, que onte non pasaba do empate ante un frouxo Sada.
En 1ª, Ponteceso e Malpica aprazaban o choque ata o 6 de decembro pensando case máis no partido de xuvenís. Para o resto, non foi moi boa a xornada. O Camariñas cometía 2 erros graves atrás e tivo que remontar por dúas veces para quedar cun punto na casa ante un Cacheiras que aínda está en descenso. O que ten que comezar a gañar xa é o Fisterra, que caía co filial do Bertamiráns e segue antepenúltimo con 10 puntos, xa empatado co propio Cacheiras.
Bonita xornada na 2ª Autonómica. Esteirana e Sofán seguen co seu pulso e ambos fixeron da eficacia unha arma letal para machacar a Buño e Montelouro. Por detrás xa se sitúa o Zas, outra das sorpresas da tempada, i é que os de Mario están con moita confianza e así o demostraron ante o Outes. O Cee conseguía un xusto empate en Verdillo, mentres que o Corme recuperaba alento e baixaba ao Carnota da nube. Outro que tamén baixou das alturas, e sen paracaídas, foi o Volantes que sufría unha dura derrota no derbi ante o Muros, pero aínda así mantense pegado ao grupo de arriba. Por abaixo, o Dumbría B colleitaba a súa segunda vitoria ante un Corcubión que puido ter afundido aos dumbrieses e dar un salto importante. O Muros escala moitas posicións coa súa vitoria, pero Buño, Mazaricos (que caía co Castriz na casa), Corcubión e Outes están a tiro de pedra de cabaneses e dumbrieses.
Na 3ª, o Muxía, que segue cunha melloría tremenda, fixo de líder ante un Porteño que só puido empatar cun penalti dubidoso. Aínda así os da Ponte seguen líderes, e iso que Independiente e Camelle non fallaban onte. Por detrás, Soneira B, Cerqueda e Lira non queren desbancarse, e vencero a Corcoesto, Coristanco e Baíñas. Segue aí o Ameixenda a pesar de caer co Independiente rotudamente, e o Nantón quere ir asomando a cabeza pero non puido pasaro do empate en Ara Solis.
En xuvenís, as dúas Ligas están tremendamente igualadas, con 4 equipos loitando por 3 prazas. Polo Sur a cousa non pode estar máis quente. Había doble enforntamento e a cousa quedou como estaba tras sendos empates en Dumbría e Cee. Polo Norte, o Ponteceso pegou o golpe na mesa ante o Malpica, nun choque ao que os dous chegaban colíderes e do que sae moi reforzado o cadro pontecesán. Parece que o fútbol de toque foi máis forte que a verticalidade dos malpicáns, se ben protestaron pola arbitraxe. O Cabana mantense moi preto e o Baio segue inquedando por detrás para loitar polas 3 primeiras prazas tras vencer, con apuros, a un bo Muxía.
Nas Ligas Galegas, o Dumbría Cadete durmía líder onte e hoxe queda a 2 puntos do Deportivo B, tras vencer ao Imperátor con rotundidade. O Bergantiños caía e Oroso e segue caendo. Mentres, en infantís, cambian os papeis, e o Bergan está a 1 punto do líder, mentres que o Dumbría mantense 8º tras empatar co Val do Ulla.
Nas Ligas locais, en cadetes, Esteirana e Cee son os únicos imbatidos con 3 de 3, mentres que en infantís, XSC e Cee seguen dominando. Os xalleiros golearon e o Cee tivo que sufrir para gañar en Fisterra.
E, en Veteranos a cousa está máis que apretada na parte alta da 1ª División. Ata 5 equipos están en 4 puntos. Ademais houbo 1 enfrontamento directo, no que o Xuv. Bergantiños parou aos pés ao Cabana. O que segue imbatido é o Castriz, un dos grandes favoritos, que cun partido menos, está de líder.