Nova xornada completa do fútbol da costa esta da segunda fin de semana de novembro. E outros 65 partidos, outros 65 resultados que aquí vos traemos, coma cada domingo.
Comezamos o repaso pola Preferente, na que o Xallas de Santa Comba volveu demostrar, con algo de axuda arbitral, que vai estar arriba. Os de Corredoira están 3º, empatados co 2º, o Boiro, e a 6 do Grixoa, pero aínda cun partido máis. Pola contra, o Dumbría caía en Mugardos e baixa ata a 7ª praza, con 17 puntos, un máis que o Soneira, que onte non pasaba do empate ante un frouxo Sada.
En 1ª, Ponteceso e Malpica aprazaban o choque ata o 6 de decembro pensando case máis no partido de xuvenís. Para o resto, non foi moi boa a xornada. O Camariñas cometía 2 erros graves atrás e tivo que remontar por dúas veces para quedar cun punto na casa ante un Cacheiras que aínda está en descenso. O que ten que comezar a gañar xa é o Fisterra, que caía co filial do Bertamiráns e segue antepenúltimo con 10 puntos, xa empatado co propio Cacheiras.
Bonita xornada na 2ª Autonómica. Esteirana e Sofán seguen co seu pulso e ambos fixeron da eficacia unha arma letal para machacar a Buño e Montelouro. Por detrás xa se sitúa o Zas, outra das sorpresas da tempada, i é que os de Mario están con moita confianza e así o demostraron ante o Outes. O Cee conseguía un xusto empate en Verdillo, mentres que o Corme recuperaba alento e baixaba ao Carnota da nube. Outro que tamén baixou das alturas, e sen paracaídas, foi o Volantes que sufría unha dura derrota no derbi ante o Muros, pero aínda así mantense pegado ao grupo de arriba.
Por abaixo, o Dumbría B colleitaba a súa segunda vitoria ante un Corcubión que puido ter afundido aos dumbrieses e dar un salto importante. O Muros escala moitas posicións coa súa vitoria, pero Buño, Mazaricos (que caía co Castriz na casa), Corcubión e Outes están a tiro de pedra de cabaneses e dumbrieses.
Na 3ª, o Muxía, que segue cunha melloría tremenda, fixo de líder ante un Porteño que só puido empatar cun penalti dubidoso. Aínda así os da Ponte seguen líderes, e iso que Independiente e Camelle non fallaban onte. Por detrás, Soneira B, Cerqueda e Lira non queren desbancarse, e vencero a Corcoesto, Coristanco e Baíñas. Segue aí o Ameixenda a pesar de caer co Independiente rotudamente, e o Nantón quere ir asomando a cabeza pero non puido pasaro do empate en Ara Solis.
En xuvenís, as dúas Ligas están tremendamente igualadas, con 4 equipos loitando por 3 prazas. Polo Sur a cousa non pode estar máis quente. Había doble enforntamento e a cousa quedou como estaba tras sendos empates en Dumbría e Cee.
Polo Norte, o Ponteceso pegou o golpe na mesa ante o Malpica, nun choque ao que os dous chegaban colíderes e do que sae moi reforzado o cadro pontecesán. Parece que o fútbol de toque foi máis forte que a verticalidade dos malpicáns, se ben protestaron pola arbitraxe. O Cabana mantense moi preto e o Baio segue inquedando por detrás para loitar polas 3 primeiras prazas tras vencer, con apuros, a un bo Muxía.
Nas Ligas Galegas, o Dumbría Cadete durmía líder onte e hoxe queda a 2 puntos do Deportivo B, tras vencer ao Imperátor con rotundidade. O Bergantiños caía e Oroso e segue caendo. Mentres, en infantís, cambian os papeis, e o Bergan está a 1 punto do líder, mentres que o Dumbría mantense 8º tras empatar co Val do Ulla.
Nas Ligas locais, en cadetes, Esteirana e Cee son os únicos imbatidos con 3 de 3, mentres que en infantís, XSC e Cee seguen dominando. Os xalleiros golearon e o Cee tivo que sufrir para gañar en Fisterra.
E, en Veteranos a cousa está máis que apretada na parte alta da 1ª División. Ata 5 equipos están en 4 puntos. Ademais houbo 1 enfrontamento directo, no que o Xuv. Bergantiños parou aos pés ao Cabana. O que segue imbatido é o Castriz, un dos grandes favoritos, que cun partido menos, está de líder.
Preferente, xornada 12
Soneira | 0-0 | Sada |
Mugardos | 2-1 | Dumbría |
Xallas StComba | 6-0 | Silva |
1ª Autonómica, xornada 11
Camariñas | 2-2 | Cacheiras |
Bertamiráns B | 1-0 | Fisterra |
Ponteceso | 06-12 - 17:00 | Malpica |
2ª Autonómica, xornada 11
Corme | 3-0 | Carnota |
San Lorenzo | 1-1 | Cee |
Dumbría B | 2-0 | Corcubión |
Esteirana | 4-2 | Buño |
Baio | 1-0 | Cabana |
Muros | 4-0 | Volantes |
Mazaricos | 0-1 | Castriz |
Zas | 2-0 | Outes |
Montelouro | 1-5 | Sofán |
3ª Autonómica, xornada 11
Camelle | 5-1 | Castrelo |
Indep. Carballo | 4-0 | Ameixenda |
Lira | 2-1 | Baíñas |
Fisterra B | 1-1 | Nantón |
Muxía | 1-1 | Porteño |
Corcoesto | 0-3 | Soneira B |
Cerqueda | 5-2 | Coristanco |
Xaviña | 3-3 | Laxe |
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 11
Dumbría | 2-2 | Xallas StComba |
Soneira | 1-1 | Outes |
Corcubión | 2-4 | Mazaricos |
Cee | 1-1 | Fisterra |
Esteirana | 2-0 | Muros |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 11
Camariñas | 0-4 | Cabana |
Muxía | 1-2 | Baio |
Zas | 2-1 | Laxe |
Coristanco | 4-0 | Corme |
Malpica | 1-3 | Ponteceso |
Liga Galega Cadete, xornada 9
Dumbría | 6-2 | Imperator |
Xuventude Oroso | 2-0 | Bergantiños |
Liga Galega Infantil, xornada 10
Val do Ulla | 1-1 | Dumbría |
Bergantiños | 3-2 | Residencia |
1ª Cadete, xornada 3
Cee | 5-0 | Muros |
Esteirana | 5-2 | Muxía |
Con. de Carnota | 2-1 | Cabana |
Fisterra | 5-2 | Ponteceso |
Outes | 3-2 | Baio |
Porteño | 1-4 | Xallas StComba |
Zas | 1-1 | Coristanco |
1ª Infantil, xornada 8
Cee | 1-0 | Fisterra |
Outes | 2-0 | E.M.F. Vimianzo |
Cabana | 5-0 | Sofán |
Ponteceso | 2-9 | Xallas StComba |
Coristanco | 6-2 | Baio |
As Baleas | 4-2 | E.D. Os Miudos |
Muxía | 7-4 | Corme |
- Descansa Esteirana.
- O Cee-Fisterra alterou a orde dos campos.
Ligas de Veteranos, xornada 9
1ª División
Bértoa | 1-4 | Soneira |
Nantón | 1-0 | Coristanco |
Castriz | 2-1 | Ponteceso |
Vimianzo | 0-4 | Baio |
Xv. Bergantiños | 4-1 | Cabana |
San Lorenzo | 2-3 | Bergantiños |
Zas | 5-1 | Camariñas |
San Román | 2-2 | Corcubión Vet. |
2ª División
At. Milagrosa | 1-2 | Muros |
Dep. Carballo | 1-3 | Poniente |
Buño | 0-1 | Laxe |
Corcoesto | 4-1 | Sofán |
Leiloio | 4-2 | Corme |
Cerqueda | 1-0 | Agualada |
Porteño | 3-1 | Malpica |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
Fonte