Venres. 19.04.2024
El tiempo

Preferente: Empate cantado

Preferente: Empate cantado

A xornada 11 viña marcada por ese derbi, xa un clásico da Preferente, entre Dumbría e Soneira. Parecía que o guión xa estaba escrito e o empate final deixa a ambos conxuntos na cómoda posición que mantiñan antes de comezar a xornada.
Ao que non lle sentou nada ben a xornada foi ao Xallas de Santa Comba. Tiña un partido importantísimo, ante o potenti líder, o Grixoa. Caen pois os xalleiros á 4ª posición, a 7 do líder, por detrás tamén do Boiro (a 3) e do Bertamiráns (a 1).

Soneira-Dumbría (1-1)

Os dumbrieses sacaron camisolas en apoio a Pablo Muíño-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Purrúa, Tantán, David Carreira, Pablo Conde, Aarón Fernández, Aarón López (Isma, min.69), Jesús (Riki, min.46), Luís (Piri, min.61), Brais, Iago (Martín, min.82) e Leo.
  • SONEIRA: Cheli, Pichi (Cristian Figueroa, min.87), Fran, Michael, Sito, Baba, Mayor (Nico, min.62), Oscar (Míchel, min.62), Darío, Toni de Muros (Javi, min.75) e Adrián Makaay.
  • Goles: 0-1, min.67: Adrián Makaay: 1-1, min.82: Aarón Fernández.

Xusto empate no derbi entre Dumbría e Soneira. Como si xa estivera escrito, pese a que o Soneira se adiantou por medio do ex-dumbriés, Adrián Mackaay, a pouco para o final o muradán Aarón puxo o empate, un clásico nos derbis.

Non foi un encontro de moitas ocasións, e as poucas que houbo foron xeradas principalmente a balón parado. Na primeira metade os locais estiveron mellor, e Leo tivo a mellor aos poucos minutos de comezo, pero errou. Os dous equipos xogaban moi directo e o balón non chegaba en boas condicións aos dianteiros, que ambos son máis de balón raso.

Na segunda metade, coa entrada de Míchel e Nico no bando branco, os visitantes trenzaron máis as xogadas e comezaron a ter o control do balón, pero sen moitas ocasións. No minuto 67, tras un saque de córner, o balón chega rexeitado a Míchel na frontal da área grande que dispara de volea, este toca nun xogador dumbriés e queda para o fisterrán Adrián que fusilaba a Purrúa. Parecía que ao igual que o ano pasado o Soneira se ía levar os tres puntos dun campo que se lle dá moi ben, pero nunha falta lateral, a oito minutos para o final, sacada por Brais e tocada por Piri no segundo era rematada ao fondo das maias por Aarón Fernández. Xa non habería máis ocasións claras de gol e os dous equipos daban por bó o empate que os deixa na metade alta da táboa clasificatoria.

Dumbría-Soneira

Grixoa - Xallas StComba (2-0)

  • XSC: Diego, Chinda (Alfonso, min.55), Guille, Pablo, Oscarín (Noli, min.70), Martín Jota, Rubén Forján (Adrián Beiroa, min.55), Mon (Darío, min.73), Pablo Baña, Javi Suárez.
  • Goles: 1-0, min.52; 2-0, min.87.

Sucumbíu o XSC no campo do líder ante un Grixoa tremendamente sólido e máis efectivo. Foi un choque moi equiliobrado, pero o líder fixo da súa solidez defensiva a súa mellor arma. Confiaron na seriedade e en que nun par de chegadas conseguirían anotar. E así foi.

Na segudna, tralo gol inicial dos locais, o XSC colleu o balón pero non chegaron a crear perigo pois nunca encontraron espazos. Só contra o final un par de tiros, como unha boa parada do meta local a un chut de Noli, puido igualar a contenda, pois o Grixoa só puido sentenciar a falta de 3 minutos, xa co Xallas de Santa Combavolcado.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios