Xornada completísima esta da ponte dos Defuntos con 65 partidos no #futboldacosta.
Comezamos o repaso da crónica pola Preferente, que acollía o sábado o gran derbi entre Dumbría e Soneira. Como se xa estivera escrito, xusto empate que deixa as cousas como estaban, ben, a estas alturas. Ó que non lle foi tan ben foi ao XSC que caía na casa do lider, un Grixoa que escapa ante a derrota do Boiro co Silva. Os de Corredoira quedan 4º, por detrás do Bertamiráns a 3 puntos do Boiro e 8 do líder.
Na 1ª, resultados para todos os gustos, pero todos sumaron. Onte, o Fisterra e Camariñas deixaban escapar 2 puntos ante Lamela e Piloño respectivamente. As boas novas chegaron hoxe, con sendas vitorias do Malpica e do Ponteceso que deixan aos malpicáns 3º con 4 de vantaxe precisamente sobre o Villestro, que caía ante os pontecesáns. Os de Nacho soben ata a 8ª praza, mentres que Camariñas mantense 10º e Fisterra non sae da zona de perigo e queda 16º con 10 puntos, a 1 do descenso.
Na Liga da Costa, que sofre un cambio de líder, aprétase moitísimo a cousa por arriba. I é que entre o novo líder, e o 8º, hai só 6 puntos. A Esteirana vencía onte con rotundidade en Corcubión e aproveita a xusta derrota do Sofán en Carnota para auparse ao primeiro posto. Por detrás mantense o Cee, xa a só 2 puntos do liderato, e só con un punto sobre este sorprendente Carnota de Cambeiro. O Baio, tras vencer pola mínima en Buño, queda con 19 puntos, os mesmos que o Zas, que vencía ante o, sempre irregular, Castriz; e o Volantes, que vencía sufrindo ao Mazaricos en Miraflores. Ademais, o Corme, que non pasaba do empate ante un aguerrido Outes, queda a 6.
Por abaixo, ademais de comprobar a melloría, a pesar da derrota en Cee, do Dumbría B, o Cabana conseguía a segunda vitoria consecutiva onte ante un Muros que non se pode despistar. A vitoria do San Lorenzo o saca da zona de perigo, pero nin Buño, nun Mazaricos, nin Corcubión, nin Muros nin Outes podes descansar ante a mellría dos de abaixo.
A xornada na 3ª Autonómica, na que descansaba o Camelle, o Porteño aproveitou para estirar a táboa, vencendo, con incertidume ata o final, ao Corcoesto. Por detrás, a 4 puntos, mantén o ritmo o Independiente, que vencía cunha gran segunda metade en Baíñas. A fenda queda aberta xa co Camelle, a 4 dos carballeses, mentres que o Ameixenda queda a 6 tras empatar co filial fisterrán o sábado. Completan os postos da Liguilla de ascenso Soneira B e Cerqueda, que asinaban onte un empate en Vimianzo. O Nantón parece que comeza a carburar, e vencía ao Muxía e asoma a cabeza pola zona alta, igual que o Lira.
Nos Xuvenís, non fallaron os de arriba. Polo sur, Fisterra e XSC vencía con rotundidade a Esteirana e Corcubión. Pola súa parte Dumbría e Cee sufrían máis para vencer a Mazaricos e Outes, pero a fenda é tremenda entre estes 4 e o resto de equipos.
Polo norte, 3 manitas de Malpica, Ponteceso e Cabana a Corme, Camariñas e Muxía. O partido máis intenso, o derbi zaense, quedou nas mans do baieses pero sen tanta superioridade como agardaban. Ademais, a sorpresa da xornada deixaba a vitoria do Laxe ante o Coristanco.
Preferente, xornada 11
Dumbría | 1-1 | Soneira |
Grixoa | 2-0 | Xallas StComba |
1ª Autonómica, xornada 10
Fisterra | 2-2 | Lamela |
Malpica | 2-0 | Noia |
Piloño | 1-1 | Camariñas |
Villestro | 1-3 | Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 10
Corcubión | 0-4 | Esteirana |
Cabana | 2-1 | Muros |
San Lorenzo | 4-1 | Montelouro |
Cee | 1-0 | Dumbría B |
Castriz | 1-3 | Zas |
Carnota | 3-0 | Sofán |
Volantes | 1-0 | Mazaricos |
Buño | 0-1 | Baio |
Outes | 2-2 | Corme |
3ª Autonómica, xornada 10
Castrelo | 1-3 | Lira |
Laxe | 4-1 | Alcaián |
Ameixenda | 2-2 | Fisterra B |
Soneira B | 1-1 | Cerquedav
|
Baíñas | 0-3 | Indep. Carballo |
Nantón | 2-1 | Muxía |
Porteño | 2-0 | Corcoesto |
Coristanco | 1-1 | Xaviña |
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 10
Muros | 1-1 | Soneira |
Fisterra | 7-1 | Esteirana |
Outes | 2-3 | Dumbría |
Mazaricos | 2-3 | Cee |
Xallas StComba | 4-0 | Corcubión |
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 11
Ponteceso | 5-0 | Camariñas |
Corme | 0-5 | Malpica |
Laxe | 3-1 | Coristanco |
Cabana | 5-1 | Muxía |
Baio | 1-0 | Zas |
- Baio - Muxía (1-11-2012; 16:00h) Apraz. X.2.
Liga Galega Cadete, xornada 8
Liga Galega Infantil, xornada 8
Liga Galega Infantil, xornada 9
Xuventude Oroso | 1-3 | Bergantiños |
Dumbría | 3-1 | Foz |
1ª Cadete, xornada 2
Cee | 2-7 | Outes |
Muros | 5-1 | Zas |
Muxía | 1-1 | Porteño |
Coristanco | 0-11 | Esteirana |
Cabana | 5-1 | Fisterra |
Xallas StComba | 0-0 | Con. de Carnota |
Ponteceso | 0-3 | Baio |
1ª Infantil, xornada 7
Sofán | 0-5 | Outes |
Baio | 5-0 | Ponteceso |
E.M.F. Vimianzo | 1-5 | Esteirana |
Cee | 0-0 | Cabana |
Os Miudos | - | Coristanco |
Corme | - | As Baleas |
Xallas StComba | 4-1 | Fisterra |
Ligas de Veteranos, xornada 8
1ª División
Cabana | 3-1 | Nantón |
Ponteceso | 2-1 | Coristanco |
Castriz | 3-1 | Bértoa |
Soneira | 1-0 | San Lorenzo |
Bergantiños | 5-0 | Vimianzo |
Baio | 06/12 - 11:00 | Camariñas |
Corcubión Vet. | 4-2 | Zas |
Xv. Bergantiños | 3-2 | San Román |
2ª División
Cerqueda | 3-1 | Leiloio |
Agualada | 1-1 | Corcoesto |
Sofán | 4-2 | Porteño |
Malpica | 0-3 | Camelle |
Poniente | 2-0 | Buño |
Laxe | 4-1 | At. Milagrosa |
Muros | 9-0 | Corme |
Máis información
Crónicas da semana
Artigos deportivos
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).