Primeira fin de semana de decembro e o fútbol da Costa (podes seguir o carrusel de resultados a través do noso twitter e do hastag #futboldacosta) non para.
Comezamos o repaso pola Preferente, polo partido da semana, o derbi no Conco que remataba cun empate que deixa a dumbrieses e xalleiros en boa posición tralas derrotas dos Grixoa, Bertamiráns e Boiro. Ademais, o Soneira gañaba con solvencia ao Mugardos e dia adeus case defintivamente á zona baixa e se coloca 6º con 22 puntos, a só 2 do Dumbría e 3 do XSC.
Mala xornada para os nosos na 1ª. 4 derrotas, unha, a do Fisterra por 2-0 en Piloño, e 3, as do Malpica, Camariñas e Ponteceso, por 3-0. O Malpica era superado polo Riveira, mentres que o Camariñas e o Ponteceso sufrían campos enlamados.
Na Liga da Costa, a Esteirana segue destacada no máis alto tras vencer e convencer en Castriz, mentres que a sorpresa da xornada deuse no Carral coa vitoria do Mazaricos ao Sofán por 0-2. Baio e Cee tiveron que sufrir para sacar os 3 puntos de Outes e Buño, mentres que o Corme venceu, pola mínima, ao Zas, e o pasa na táboa. O Carnota tiña tamén un duro choque ante o Muros. Por abaixo, gran vitoria do Corcubión ante un Montelouro en liña descendente que o alonxa da zona baixa. Mentres o Cabana empataba no último instante ante o San Lorenzo ao que non deixa escapar, e o Dumbría B non sacaba nada bo de Miraflores ante un Volantes que recupera a senda da vitoria.
En 3ª, os de arriba seguen sen fallar. O líder, o Porteño, vía como o seu partido se suspendía cando gañaban 3-0 ao Lira, pero este quedaban con 6 sobre o céspede. Polo que parece que son 3 puntos asegurados, que suman 5 sobre o IDC, que onte non fallaba ante un Soneira B moi atrevido pero que pagou os erros. O Camelle tampouco falla e mantén a 3ª posición, destacado sobre un Cerqueda que non pasou do empate ante o Xaviña. O Ameixenda volve unirse á loita pola 6ª praza tras vencer a un Castrelo que segue afundido.
En Xuvenís, varias novidades. Polo sur, e á espera do Dumbría-Esteirana do xoves, o Fisterra sufría un duro pao en Muros, pero o empate en XSC e Cee combínalles para manterse entre os 3 de arriba. Ademais, polo norte, o Ponteceso demostrou que este ano está intratable e venceu ao Baio por 4-1 deixando aos baieses algo descolgados. Pero a nova foi a non suspensión do Soneira-Corcubión pois o cadro corcubionés non apareceu no Municipal pola mañá alegando que nin o Soneira nin a Federación os avisou do cambio de horario. Veremos o que apunta a Federación o mércores.
Nas Ligas Galegas, os equipos fortes mantéñnse arriba. O Dumbría cadete vencía ao Ural e segue 2º a 2 puntos do Santiago de Compostela, mentres que o Bergantiños está en zona morna. En Infantís, o Bergantiños empataba co Boiro, e queda 3º a un punto dos da Barbanza, e a 2 do líder, o Deportivo.
E en Veteranos, o Soneira ponse de líder tralo empate entre Cabana e Castriz.
Preferente, xornada 15
Soneira
3-1
Gal. Mugardos
Dumbría
1-1
Xallas StComba
1ª Autonómica, xornada 14
Piloño
2-0
Fisterra
Malpica
0-3
Atl. Riveira
Laro
3-0
Ponteceso
Puebla
3-0
Camariñas
2ª Autonómica, xornada 14
Cabana
1-1
San Lorenzo
Corcubión
1-0
Montelouro
Volantes
3-1
Dumbría B
Castriz
0-4
Esteirana
Carnota
2-0
Muros
Corme
2-1
Zas
Buño
1-2
Cee
Outes
2-3
Baio
Sofán
0-2
Mazaricos
3ª Autonómica, xornada 14
Ameixenda
5-1
Castrelo
Soneira B
1-2
Indep. Carballo
Laxe
0-3
Muxía
Nantón
0-2
Camelle
Porteño
Susp*
Lira
Coristanco
1-1
Fisterra B
Alcaián
3-1
Corcoesto
Xaviña
1-1
Cerqueda
Descansa Baíñas.
* Suspendido con 3-0 porque o Lira quedou con 6 sobre o campo.
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 14
Xallas Sta Comba
1-1
Cee
Soneira
Susp*
Corcubión
Muros
4-2
Fisterra
Outes
0-1
Mazaricos
Dumbría
06/12 - 11:30
Esteirana
* Suspendido por incomparecencia do Corcubión que argumenta que non o avisaron.