Primeira fin de semana de decembro e o fútbol da Costa (podes seguir o carrusel de resultados a través do noso twitter e do hastag #futboldacosta) non para.
Comezamos o repaso pola Preferente, polo partido da semana, o derbi no Conco que remataba cun empate que deixa a dumbrieses e xalleiros en boa posición tralas derrotas dos Grixoa, Bertamiráns e Boiro. Ademais, o Soneira gañaba con solvencia ao Mugardos e dia adeus case defintivamente á zona baixa e se coloca 6º con 22 puntos, a só 2 do Dumbría e 3 do XSC.
Mala xornada para os nosos na 1ª. 4 derrotas, unha, a do Fisterra por 2-0 en Piloño, e 3, as do Malpica, Camariñas e Ponteceso, por 3-0. O Malpica era superado polo Riveira, mentres que o Camariñas e o Ponteceso sufrían campos enlamados.
Na Liga da Costa, a Esteirana segue destacada no máis alto tras vencer e convencer en Castriz, mentres que a sorpresa da xornada deuse no Carral coa vitoria do Mazaricos ao Sofán por 0-2. Baio e Cee tiveron que sufrir para sacar os 3 puntos de Outes e Buño, mentres que o Corme venceu, pola mínima, ao Zas, e o pasa na táboa. O Carnota tiña tamén un duro choque ante o Muros.
Por abaixo, gran vitoria do Corcubión ante un Montelouro en liña descendente que o alonxa da zona baixa. Mentres o Cabana empataba no último instante ante o San Lorenzo ao que non deixa escapar, e o Dumbría B non sacaba nada bo de Miraflores ante un Volantes que recupera a senda da vitoria.
En 3ª, os de arriba seguen sen fallar. O líder, o Porteño, vía como o seu partido se suspendía cando gañaban 3-0 ao Lira, pero este quedaban con 6 sobre o céspede. Polo que parece que son 3 puntos asegurados, que suman 5 sobre o IDC, que onte non fallaba ante un Soneira B moi atrevido pero que pagou os erros. O Camelle tampouco falla e mantén a 3ª posición, destacado sobre un Cerqueda que non pasou do empate ante o Xaviña. O Ameixenda volve unirse á loita pola 6ª praza tras vencer a un Castrelo que segue afundido.
En Xuvenís, varias novidades. Polo sur, e á espera do Dumbría-Esteirana do xoves, o Fisterra sufría un duro pao en Muros, pero o empate en XSC e Cee combínalles para manterse entre os 3 de arriba. Ademais, polo norte, o Ponteceso demostrou que este ano está intratable e venceu ao Baio por 4-1 deixando aos baieses algo descolgados.
Pero a nova foi a non suspensión do Soneira-Corcubión pois o cadro corcubionés non apareceu no Municipal pola mañá alegando que nin o Soneira nin a Federación os avisou do cambio de horario. Veremos o que apunta a Federación o mércores.
Nas Ligas Galegas, os equipos fortes mantéñnse arriba. O Dumbría cadete vencía ao Ural e segue 2º a 2 puntos do Santiago de Compostela, mentres que o Bergantiños está en zona morna. En Infantís, o Bergantiños empataba co Boiro, e queda 3º a un punto dos da Barbanza, e a 2 do líder, o Deportivo.
E en Veteranos, o Soneira ponse de líder tralo empate entre Cabana e Castriz.
Preferente, xornada 15
Soneira | 3-1 | Gal. Mugardos |
Dumbría | 1-1 | Xallas StComba |
1ª Autonómica, xornada 14
Piloño | 2-0 | Fisterra |
Malpica | 0-3 | Atl. Riveira |
Laro | 3-0 | Ponteceso |
Puebla | 3-0 | Camariñas |
2ª Autonómica, xornada 14
Cabana | 1-1 | San Lorenzo |
Corcubión | 1-0 | Montelouro |
Volantes | 3-1 | Dumbría B |
Castriz | 0-4 | Esteirana |
Carnota | 2-0 | Muros |
Corme | 2-1 | Zas |
Buño | 1-2 | Cee |
Outes | 2-3 | Baio |
Sofán | 0-2 | Mazaricos |
3ª Autonómica, xornada 14
Ameixenda | 5-1 | Castrelo |
Soneira B | 1-2 | Indep. Carballo |
Laxe | 0-3 | Muxía |
Nantón | 0-2 | Camelle |
Porteño | Susp* | Lira |
Coristanco | 1-1 | Fisterra B |
Alcaián | 3-1 | Corcoesto |
Xaviña | 1-1 | Cerqueda |
- Descansa Baíñas.
- * Suspendido con 3-0 porque o Lira quedou con 6 sobre o campo.
Ligas Xuvenís, Gr.3, xornada 14
Xallas Sta Comba | 1-1 | Cee |
Soneira | Susp* | Corcubión |
Muros | 4-2 | Fisterra |
Outes | 0-1 | Mazaricos |
Dumbría | 06/12 - 11:30 | Esteirana |
- * Suspendido por incomparecencia do Corcubión que argumenta que non o avisaron.
Ligas Xuvenís, Gr.4, xornada 14
Corme | 2-0 | Laxe |
Ponteceso | 4-1 | Baio |
Cabana | 7-0 | Zas |
Camariñas | 0-2 | Coristanco |
Malpica | 4-1 | Muxía |
Liga Galega Cadete, xornada 12
Ural | 0-1 | Dumbría |
Bergantiños | 5-2 | Villalbés |
Liga Galega Infantil, xornada 13
Boiro | 0-0 | Bergantiños |
Dumbría | 0-3 | Víctoria |
1ª Cadete, xornada 6
Coristanco | 0-1 | Outes |
Muxía | 3-2 | Muros |
Fisterra | 5-1 | Con. de Carnota |
Baio | 3-2 | Porteño |
Xallas StComba | 2-0 | Cee |
Ponteceso | 1-5 | Esteirana |
Cabana | 1-2 | Zas |
1ª Infantil, xornada 11
Coristanco | 2-2 | Sofán |
Vimianzo | 4-1 | Ponteceso |
Outes | 0-3 | Cabana |
Esteirana | 3-1 | Fisterra |
Xallas StComba | 6-0 | Muxía |
Baio | 6-0 | Corme |
Cee | 6-1 | As Baleas |
Ligas de Veteranos, xornada 12
1ª División
Soneira | 4-1 | Coristanco |
Xv. Bergantiños | 4-2 | Vimianzo |
Bergantiños | 4-2 | Nantón |
Ponteceso | 0-2 | Baio |
Zas | 3-0 | Bértoa |
Camariñas | 0-5 | Corcubión Vet. |
Cabana | 1-1 | Castriz |
San Román | 1-0 | San Lorenzo |
2ª División
Malpica | 2-0 | Agualada |
Laxe | 2-1 | Porteño |
Muros | 1-0 | Camelle |
Corme | 1-2 | Dep. Carballo |
Sofán | 3-1 | Leiloio |
Poniente | 1-4 | Corcoesto |
At. Milagrosa | 4-1 | Buño |
Máis información
Artigos deportivos
Máis novas
Crónicas da semana
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).