Venres. 03.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Porteño demostra o seu oficio

3ª Autonómica: O Porteño demostra o seu oficio
O Porteño amosou a sua fortaleza en Carballo-Foto- Porteño 12 partidos sen coñecer a derrota non é casualidade. E malia que o Porteño non arrase polos campos da 3ª, 11 vitorias e un empate dan conta do seu oficio, a súa seriedade e a súa eficacia. Os de Gerpe sacan 5 puntos ao Independiente tralo apretado choque nas Eiroas. Os carballeses manteñen a 2ª praza, con tan só un punto sobre o Camelle, que sufriu para superar ao Ameixenda. Cerqueda, Soneira B e Lira parece que se acomodan nas 6 primeiras prazas.

Indep. Carballo - Porteño (1-2)

  • INDEPENDIENTE: Noé (Iván, min.65), Dani (Míchel, min.50), Seo, Castro, Jhony, Cholo, Carlos, Ivi (Palermo, min70), Benítez (Velo, min.60), Juni e Mario.
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Maikol, Sestayo, Óscar, Ismael, Mario Toja, Brais (Búa, min.60), Iago, Yuyo e David Toja.
  • Goles: 1-0, min.40: Jhony nunha contra; 1-1, min.48: Brais tras un córner; 1-2, min.70: Yuyo de vaselina.
  • Lesionado: o meta local Noé.
Boa entrada nas Eiroas-Foto- Bryan Lista Case 300 persoas no anexo das Eiroas arroupando ao Independiente, pero que marcharon para casa de baldeiro. E iso que a primeira parte foi dos locais, pero o Porteño, a base de oficio, bo fútbol e algo de sorte levou os 3 puntos cando un empate podería ter sido algo máis xusto. Foi un partido de gran ritmo, de entrega máxima, moi vistoso para os afeccionados. O Independiente buscaba balóns directos a Juni e Mario, e asegurando as segundas xogadas e facendo moito dano nas contras. De feito, Juni, Mario e Benítez tiveron o gol nos pés e foi o propio Juni o que abriu o marcador ao fío do descanso. Antes, os locais protestaban un posible penalti por mans que o colexiado non viu. O Porteño, que só puido chegar con 12 xogadores, buscaba saír combinando, e tivo nos seus centrais, Maikol e Sestayo os mellors do partido, demostrando que a fortaleza é unha das grandes bazas dos de Gerpe. Na segunda atopouse o Porteño cun gol tras un barullo a saída dun córner o que alterou a idea dos locais, que non puideron buscar tanto as contras. O Independiente, subíu liñas e protestaron tamén un fóra de xogo que anulaba un gol. Pero co gol de Yuyo, que facía o 1-2, Gerpe reforzou a defensa e o Indepediente seguíu buscando, sen demasiado éxito, balóns aéreos e o partido convertiuse nun frontón.

Camelle - Ameixenda (2-1)

  • CAMELLE: Púrrua, Adrián P. (Coruña, min.89), Carlos de Dido, Valiña, Matías, Varu, René, Miguel, Jose (Adrián T., min.63), Javi Rañal (Buri, min.83) e Barreiro.
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Grille, Demetrio (Rodrigo, min.55), Javicho, Álvaro, Mateo, Alberto Trillo, Jorge, Rioliño, Diego Trillo e Ramiro.
  • Goles: 1-0, min.10: Jose á segunda tras un centro de Javi; 2-0, min.20: Jose tras unha acción maxistral de Barreiro; 2-1, min.30: Ramiro tras un erro de Purrúa.
  • Expulsión: o meta visitante Óscar Riolo tras unhas mans fóra da área no min.75.
O Rodeiro estaba en malas condicións-Foto- BLog SD Camelle Fixo sufrir o Ameixenda, que melorou a imaxe e a pesar de levar 5 partidos sen coñecer a vitoria, a o 3 da táboa. O partido estivo condicionado polo estado do campo do Rodeiro, que cando chove moito se convirte nun lodazal. Comezou o Camelle batendo e no primeiro achegamento, Jose adiantaba aos locais. Barreiro tivo o 2-0 pero Óscar Riolo desviou, e o propio punta local asinou unha xogada espectacular con cano incluído na banda para deixar un pase da morte que non desaproveitou Jose para facer o 2-0. O Ameixenda non lle deu ás costas ao partido e foi chegando á meta local. Ramiro lanzaba un balón dende lonxe e Purrúa a comía e apretaba o marcador. Un balón ao pao de Javichu ao fío do descanso puido significar o empate. Quedaban 45 minutos, nos que a incertidume do marcador fixo que o Camelle sufrise ata o último momento. Un par de faltas dende lonxe crearon perigo pero o porteiro local estivo moi ben. O Camelle mantivo 3 puntos que saben a ouro.

Fisterra B - Soneira B (2-2)

  • FISTERRA B: Didier, Sheg, Insua, Jorge, Santi Pelada, Cote, Dudo, Pana (Dani, min.55), Naranjito (Iago, min.65), Juanjete (Dani, min.75) e Bruno.
  • SONEIRA B: Martín, Chans, Chuchi (Eli, min.75), Alberto, Curra, Quilmes, Cristian Canosa, Richi, Chino, Borja (Cristian Figueroa, min.65) e Wii (Pablo, min.60).
  • Goles: 0-1, min.15: Wii; 1-1, min.55: Bruno de carambola; 2-1, min.65: en propia meta tras un tiro de Burno ao pao; 2-2, min.90: Richi.
Partido igualado, cun Soneira sempre buscando o xogo de toque, sendo o mellor que pasou por Ara Solis segundo os locais. Comezaron meténdose por 0-1 cunha gran primeira metade, na que puideron sentenciar con dúas ocasións Chuchi que fallou sendos mans a mans para matar o partido. Na segunda baixaron os soneiráns e o Fisterra apretou meténdose no partido cun tanto de Bruno nunha carambola e mesmo remontando cun gol en propia meta. Os fisterráns protestaron a actitude do colexiado, cun posible penalti sobre Bruno, pero sobre todo, saltaron as chipas cando xa co tempo cumplido, Richi marcaba o empate con Insua no chan, e co Fisterra paralizado. Ao final, montouse unha pequena tangana sen consecuencias.

Lira - Nantón (2-2)

  • LIRA: Garrido, Xabi, Ismael, Fran Sancho, Fastu, Miguel, Cristian, Saúl, Suso Patachín, Oliver, Suso Perico. Michelón, Jose Toreo e Bernardo.
  • NANTÓN: Bonano, David, Carlos Santos, Félix, Diego, Martín, Fabio, Borja, Carlos Vidal, Dani Costa e Cachi. Tamén xogaron Iván, Ernesto e Dani.
  • Goles: 0-1, min.15: Fabio a centro de Cachi; 1-1, min.30: Suso Perico de penalti; 1-2, min.67: Félix de penalti; 2-2, min.94: Óliver.
Saíu forte o Nantón dende o principio facéndoseco control do balón e avisando moi cedo cun remate de Borja que se foi alto por moi pouco tras centro de Cachi. E iso que os cabaneses chegaban con serias baixas, como as de Rubén (sancionado), Eloy (lesionado) e o propio Luís, o mister-xogador-pichichi que foi pai esa mesma mañá. O Lira tivo algunha aproximación pero sen demasiado perigo. Ao cuarto de hora intérnase Cachi por banda dereita e despois de irse da súa marca, centra para que Fabio faga o 0-1 de tiro dende a frontal da área que entra pegado ó pao. Protestaros os cabaneses o penalti que deu lugar ao empate á media hora. Pouco despois volvía estirarse o Nantón e Cachi tirou dende a frontal e fai que se luza Garrido, que saca o balón da mesma escadra. Con ese resultado chegouse ó descanso. Na segunda o partido non cambia e o Nantón segue a dominar. O Lira achégase nalgunha ocasión e mesmo estrella un balón no largueiro. Sobre o minuto 65 aprox., tras un saque de esquina, o Nantón desperdiciou unha dobre ocasión cun remate de Carlos Santos primeiro, que saca un defensa baixo paus; e de Carlos Vidal en segunda instancia que saca o porteiro in extremis. No segundo remate un defensor do Lira pégalle unha patada a Carlos na cara e o árbitro pita penalti que transforma Félix no 2-1. O Nantón replegou e buscaba as contras ante un Lira que se envalentonou. Nos minutos finais apretou máis o Lira e no minuto 90 Bonano saca un man a man nunha contra ben levada polo Lira. Pouco despois, no 94 un pase ás costas da defensa visitante serve para que Óliver empate o partido nun balón que entra chorando ante o intento de Carlos Santos de sacalo.

Muxía - Coristanco (3-1)

  • MUXÍA: José Antonio, Luís Romaní, Martín (Casais, min.80), Currás, Santi Papi, Adrián Alcaina, Pesqui, Juan, Dimas (Pataca, min.46), David (Ruso, min.70) e Denís (Alberto, min.60).
  • CORISTANCO: Fredi, Óscar, Héctor, Torreira, Marcos, Rubén, García, Luís (Iván, min.46), Añón (Damián, min.46), Cristian e Magovi.
  • Goles: 1-0, min.10: Pesqui tras un rexeite do meta visitante; 2-0, min.30: David nunha contra; 3-0, min.65: David; 3-1, min.85: Torreira.
Bo partido do Muxía que levaba 4 partidos sen gañar, e que está a só a 8 puntos da 6ª praza. Por contra, segue sen haber definición no Coristanco de Rochiccioli, con varias aproximacións claras pero sen definición e que tivo que contar con 3 xuvenís de titulares (García, Rubén e Magovi). Cun 1-0 púidose meter no partido o Coristanco, e mesmo puideron empatar por medio de Magovi, e mandou unha vaselina por riba do longueiro. Na segunda, co 2-0 no marcador o Coristanco apretou pero foi David o que sentenciou e o cadro local deixouse ir na última media hora.

Corcoesto- Laxe (2-1)

  • CORCOESTO: Anxo, Miguel (Longo, min.80), Edelmiro, Germán, Sergio, Uru (Aitor, min.65), Pichuco, Pablo, Alberto (Couto, min.70), Rodri e Luís (Xabi, min.55).
  • LAXE: Illote, Jacinto, Aarón (Samuel Soneira, min.75), Naya, Pailos (Vilanova, min.60), Goran, Borja, Saleta, Mandi (Felipe, min.46), Roi (Ventura, min.46) e Adrián Porteiro.
  • Goles: 1-0, min.15: Rodri de falta dende case o medio campo coa axuda do meta local; 2-0, min.20: Rodri por arriba do porteiro dende lonxe; 2-1, min.65: Ventura de forte tiro.
Vitoria apretada do Corcoesto, sobre todo na segunda cun Laxe que apretou e que tivo o empate na man. Foi un partido trabado, pero bastante limpo, cun Corcoesto dominando a primeira metade ante un Laxe que tardou en asentarse. I é que se lle puña de cara o choque aos locais, con dous tantos de Rodri dende 40 metros sorprendendo ao porteiro. Adrián Porteiro puido recurtar pero fallou sen porteiro nada máis sacar de centro do segundo gol, e Rodri tivo tamén o 3-0 cunha gran chilena. Tiveron por bando visitante tamén Ventura e Felipe que fallou de cabeza dende debaixo dos paos. A segunda comezou cunha decisión controvertida pois o colexiado deixou nun libre indirecto por unha patada nos beizos a Luís, interpretando que foi xogo perigoso. E do que podía ser o 3-0, o Laxe chegaba nunha contra na que Ventura facía o 2-1. Quedaban 25 minutos que foron de asedio visitante, enviando mesmo dous balóns ao pao, por medio de Felipe e Goran, que debutaba.

Cerqueda - Alcaián (4-2)

  • CERQUEDA: Costa, Bastón, Javi, Ato, David, Dani, Iván Ponte You, min.57), Javi Pazos (Juanjo, min.50), Dieguito, Lorenzo e Dani Seaia (Manu, min.65).
  • ALCAIÁN: Fernando, Pombo, Lino (Diego, min.55) (Martín, min.80), Rubén, Martínez (Corral, min.70), Iván, Daviciño, Dami, Framil, David e Facal.
  • Goles: 1-0, min.11: Dani; 1-1, min.14: David; 2-1, min.22: Diego de penalti; 3-1, min.25: Lorenzo de cabeza; 4-1, min.40: Dani; 4-2, min.86: David.
  • Lesións: Os visitantes Diego e Martínez, con problemas musculares.
Partido máis ou menos tranquilo par ao Cerqueda que amosou unha lixeira superioridade ante o Alcaián. Os locais marcharon con 4-1 ao descanso tras unha gran primeira metade, pero na segunda os visitantes tiveron algunha opción para recurtar pero non acabaron de definir. Dominaba o Cerqueda que se metía por diante con tanto de Dani, pero empatou de contado David. Non pasaron 10 minutos e Diego de penalti e Lorenzo de cabeza marcaban para o Cerqueda. Puido recurtar David, que ademais dos dous goles tivo un par de mans a mans clarísimas que non acertou. Antes do descanso Dani faía o 4º que parecía sentenciar o partido. Na segunda o Cerqueda baixou algo o ritmo e replegou filas buscando algunha contra ante un Alcaián que buscou a remontada con varias boas ocasións, pero que non acertou. Só a 4 do final, David recurtaba pero xa era demasiado tarde.

Castrelo - Baíñas (1-7)

  • BAÍÑAS: Damián (Kiko, min.80), Simón, Sancho (Suso, min.70), Luís, Héctor, Iván (Sergio, min.60), Esteban, Cristian, Fernando (Samuel, min.85), Styven e Tasky.
  • Goles: 0-1, min.15: Cristian; 0-2: Tasky; 1-2, min.30: Sergio Vilaseco ; 1-3, min.40: Taski; 1-4, min.50: Cristian; 1-5: Luís, min.65; 1-6, min.75: Tasky; 1-7, min.85: Adrián, de penalti.
Goleada sen paliativos do Baíñas a un Castrelo que aguantou a primeira metade e que tivo un comportamento excepcional a pesar da goleada, ademais de chegar con algunhas baixas, e mesmo con lesións no campo. Foi un derbi limpo cun gran ambiente no Municipal de Vimianzo, no que había máis xente case que nun choque de Preferente. I é que se trataba dun choque entre amigos, entre veciños. A primeira metade remataba cun apretado 1-3, pero os de Pato non materiarlizaron varias boas ocasións. Pero na segunda comezou o Castrelo enchufado e mesmo o colexiado anuloulle un gol por fóra de xogo. Xogada que espertou aos visitantes que comezaron a mandar e sentenciaron ante o baixón local.

Máis información

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios