Venres. 03.05.2024
El tiempo

Xuvenís: Todo segue igual

Xuvenís: Todo segue igual
Cee-Outes -Foto- Jorge Parri

Nova xornada de chea de fútbol base na Costa. E ademais de termos actualizadas mesmo as Ligas Comarcais de Fútbol sala LCFs (que xa as podedes ver en www.futboldacosta.com) como cada tarde de martes facemos un repaso ás Ligas Xuvenís.

Tras esta 13ª xornada, e só quedan 5, todo segue igual. Non había enfrontamentos directos nin no sur nin no norte, polo que a loita polas 3 prazas segue aberta entre 4 equipos de cada liga. E recollemos as crónicas dos dous partidos máis igualado.

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 13

4 puntos separan ao líder, XSC, do 4º, o Cee, con Fisterra e Dumbría completando as prazas nobles. Os xalleiros de Corredoira non fallaban en Esteiro e vencía por un claro 2-6, con tantos 3 de Steven, e un de Landeira, Marquiños e Iván. O Fisterra, a só 1 punto do líder, endosaba un set ao Corcubión con goles de Josiño (2,) Hidalgo, Manute, Abel e Iski. Pola súa banda, o Dumbría, dominando o xogo durante todo o encontro en Vimianzo, metíase 0-3 con goles de Kevin, Rafa e Alex Siaba, e o Soneira só marcou contra o final aproveitando o relaxamento dumbriés.

O partido máis intenso da xornada protagonizou o Cee, pois o Outes apretou ao cadro de José Carlos, no que foi o partido da xornada polo sur.

Cee - Outes (3-2)

Cee-Outes-Foto-Jose Cambeiro
  • CEE: Paulo, Isma, Martín, Aitor, Tonecho (Jesús, min.74), Tebo, Nanón, Andrés (Abraham, min.89), Benlloch, Uri (Mario, min.89), Pablo (Cibrán, min.73).
  • OUTES: Aitor, Alex (Joel, min.75), Rafa, Cristian, Samuel (Nieto, min.66), Adrián, Sergio, Edu, Liste (Adrián, min.73), Paullo (Xurxo, min.87), Abraham.
  • Goles: 1-0: Uri aproveitou un balón morto para fusilar; 1-1: Cristian; 2-1: Tebo, 2-2: Paullo; 3-2: Uri.

Apretou o Outes ao Cee ata o último suspiro e tivo que ser Uri, xa habitual co equipo de 2ª, o que marcase o gol da vitoria para romper a igualada. Foi un choque de moita brega, no que o Outes demostrou que podería estar máis arriba.

O Cee sempre marchou por diante no intercambio de golpes. Uri abría o marcador, pero Cristian aproveitaba un erro defensivo para facer o empate. Non tardaría Tebo en porñer por diante aos ceenses, pero de novo Paullo anulaba a renda antes do descanso.

Saíu o Cee a por todas na segunda, e dominaron boa parte do partido, pero o Outes amosábase firme en defensa e non permitiron achegamentos claros. O partido parecía que remataría o empate pero un listo Uri aproveitaba un despexe de Aitor cando faltaban menos de 10 minutos para o final para asinar o gol da vitoria, que lles permite aos ceenses seguir con opcións de clasificarse para a Liguilla.

Cee-Outes-Foto-Jose Cambeiro

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 13

Os capis do Malpica e dos Leons de Camarinas-Foto- Luis E Porto

Polo norte tamén seguen as cousas como estaban. Os 4 de arriba non fallaron e hai 6 puntos de diferencia entre o líder, o Ponteceso, e o 4º, o Malpica, se ben o Baio, 3º, só saca 1 punto aos malpicáns. Dos 4 de arriba, só o Cabana sufríu para quedar cos 3 puntos, unha vez que Ponteceso, Baio e Malpica solventaron con facilidade.

Os de Mato acadaban en Zas unha fácil vitoria con goles de Joseph, Alberto Recarey, Cris, Jonnie, e Iago de Baíñas.
Pola súa banda, o Malpica resarcíase da derrota da semana pasada e mallaban nos Leóns de Camariñas por 8-1, con goles de Aitor, M. Maradona (2), Alemida (2), Juny (3). Juan asinou o gol da honra para os camariñáns.
Ademais, o Baio non o tivo tan fácil ante o Corme, pero 2 goles de Santi Díaz e un de Javi Laxe servían para superar aos azulóns.

Ademais, o Laxe sacaba unha gran vitoria en Muxía.

Coristanco - Cabana (0-1)

  • CORISTANCO: Nacho, Jonathan, Navarro, Tucho, Cristian, Rubén, García, Alexis, Suárez (Fondo), Magovi, Naya (Suso).
  • CABANA: Sergio, Jonathan, Duda, Samuel, Dani, Pablo, Alessandro (Martín, min.65), Alex (Laik, min.50), Iván, Moreno, Redondo (Cristian Fuentes, min.60).
  • Gol: 0-1, min.70: Pablo nun córner.

Igualado partido en Coristanco, no que o cadro local que recibía, invito na casa, ao Cabana. Prantexaron os de Rochiccioli o partido aguantando moi firmes atrás e buscando as contras cos rápidos puntas, sobre todo a Magovi, que tivo varias ocasións pero que non estivo fino, e en fronte estaba unha defensa cabanesa moi firme.

Ademais, o Coristanco estaba moi tocado, pois o porteiro Nacho mancouse no quecemento, e atreveuse a xogar só con unha man. Así e todo foi un dos protagonistas e fixo grandes paradas só con unha man, e mesmo lle parou un penalti a Moreno.

O Cabana, dominaba o tempo do partido, ante un equipo que prantaba cara en todo momento. Puido adiantarse o cadro de Carracacedo Cabana fallou 3 mans a mans, Alessandro en dúas ocasións, e Iván Mato. Pero foron as únicas chegadas do Cabana, que só creou perigo a balón parado. De feito, o gol visitante chegaba tras un córner a falta de 20 minutos.

Pero o Coristanco sempre meteu medo á meta cabanesa pois o marcador deixaba o partido aberto. Así, a falta de 2 minutos puido chegar o empate, sobre todo un rebumbio dentro da área que parou Sergio e Dani salvou o rexeite baixo paos.

Máis información

Artigos deportivos

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios