Primeira xornada completa deste 2014 no Fútbol costeiro, ademais cun final de infarno no carrusel deportivo, que puidemos vivir a través da APP "Fútbol da Costa" e de www.futboldacosta.com.
E comezamos o repaso pola Preferente, con resultados regulares para os nosos. Por exemplo, o Soneira, que nun final de infarto, conseguía empatar ante o Sada no min.89, pero o 4º da táboa volvía meter o 3º no 93 deixando sen premio e afundido no fondo da táboa aos de Manolito. Xa son 8 puntos os que separan ao Soneira da salvación. Tampouco sumaba o XSC a pesar de empatar por dúas veces o choque ante o Mugardos, e continúa así a mala xeira do cadro de Julio Martínez, e xa son 4 derrotas consecutivas, con só unha vitoria nos 10 últimos partidos. Mentres, o Dumbría sumaba un puntiño en Narón e se mantén con opcións de meterse na promoción.
Na 1ª Autonómica só sumaban Malpica e Baio. Os malpicáns non fallaban ante o Puebla, manténdose ben arriba e facendo un favor aos veciños costeiros en apuros. Estes son Camariñas e Ponteceso, que volvían caer, desta volta ante equipos da zona alta como Villestro e Bertamiráns B, e pechan a clasificación. A Esteirana se deixaba os puntos ante un Cordeiro que sae á súa costa da zona de descenso, mentres o Baio marcaba no min.89 un tanto, pero vía como o Agolada empataba no desconto.
A xornada na 2ª Autonómica mantén ao Sofán líder tras safar un novo obstáculo, un Fisterra que queda xa a 12 puntos. Por detrás, a 2 puntos e cun partido menos, o Zas, que non fallaba anrte un Buño que viña de mataxigantes. O Outes recupera o ritmo e non dará descanso ao resto, e vencía a un Corcubión que estreaba un par de boas fichaxes como son Brais Lado e Martín Toja. Non fallou tampouco o Corme en Muros ante o Volantes, mentres que o Castriz non quere dicir adeus á Liga e vencía a un Cee que queda agora a 7 da cabeza, e 7 por riba do propio cadro xalleiro. Por abaixo, o Mazaricos vencía ao IDC nun duelo directo e escapa e escapa dos 4 de abaixo, dos que non sumaba ningún.
Parece que o Baíñas vai en serio nesta 3ª Autonómica. Hoxe superaba a un Nantón que chegaba á alza tras un final de ano espectacular. Saca xa 5 puntos o cadro de Pato ao Montelouro, que no caera no choque adiantado á semana anterior co Seaia. O resto dos de arriba tropezaban ante equipos que parece que comezan o ano con forza e con intención de sumarse á loita, que dado que temos 12 equipos e hai 6 prazas con opción de ascenso, vai estar aberta ata o final. O Coristanco non pasaba do empate co Castrelo, e o Lira perdía cun Laxe que pode sumarse. O Cerqueda sumaba a súa segunda vitoria da tempada ante o Corcoesto e o Muxía endosaba un set ao Ameixenda e tamén se sube ao carro.
Non houbo sorpresas no Gr.3 de Xuvenís, se ben o Outes parece que se achega ao XSC na loita pola 3ª praza pero o cadro da Serra ten 2 partidos máis que os xalleiros. Cee e Fisterra quedan pendentes dos tropezos de ambos, mentres que Dumbría e Esteirana non parecen fallar. Sen embargo, no Gr.4 podemos catalogar de sorpresa o 8-0 que o Ponteceso lle endosou ao Malpica. Os pontecesáns non queren tirar a toalla e se colocan a 6 dun Corme que descansaba e a 7 do propio Malpica a falta de 3 xornadas para o final. O Cabana, máis líder, non podía pasar do empate ante un Coristanco que tiña unha gran ocasión de meterse moi preto desa 3ª praza que ten o Corme, quedando a só 4 puntos.
Na mañá sabatina do Conco, o Dumbría da División de Honra Cadete empataba co Lalín e se mantén 6º, mentres que na Liga Galega Infantil os dumbrieses vencían ao Conxo e se afianzan no grupo da loita polo título alonxando ao Bergantiños. Ademais, terceira vitoria do XSC, que lle servirá para ter un pequeno colchón de cara á durísima Liguilla por evitar o descenso.
En Veteranos, o Soneira recurtou 2 puntos co Laxe, que non pasaba do empate ante o Xuv. Bergantiños. Ademais, o Zas vencía ao Coristanco, polo que o cadro soneirán xa queda 2º na táboa, ameazando o liderato.