A APP do Fútbol da Costa, xa para iPhone

12:20 09/01/14

Xa hai preto de 1.000 descargas da APP Fútbol da Costa para Android. Os amigos da mazá sabedes que son máis celosos e tiveron que estar durante algo máis dun mes analizando se a APP que presentamos a través da empresa TESLA estaba correcta. Hoxe deron o visto bo e todos os que teñades iPhone xa podedes descargar a APP "Fútbol da Costa" dende AppStore ou o iTunes.
Poderedes seguir non todo os resultados e clasificacións do fútbol da Costa, senón que ademais teredes o carrusel de resultados en tempo real que Jorge Parri e o equipo de QPC Deportes desenvolve cada fin de semana.
Máis información
- Descargar APP "Fútbol da Costa" para iPhone.
- Descargar APP “Fútbol da Costa” para Android.
- www.copadacosta.com.
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).