Luns. 06.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Malpica afunde ao Ponteceso

1ª Autonómica: O Malpica afunde ao Ponteceso

Arrincou o 2014 como remataba o 2013 para o Ponteceso na 1ª Autonómica. Vai 1 soa vitoria nos últimos 8 partidos o cadro pontecesán, que o deixan pechacancelas 6 puntos por debaixo da salvación. Unha salvación que marca o Lamela, empatado co Camariñas, aínda en descenso a pesar de ter sumado os puntos aínda no 2013, no choque adiantado da xornada ao propio Lamela.

Mentres, o Malpica, que era o que daba conta do Ponteceso no primeiro derbi do ano, se pon 5º, a só 6 puntos da 2ª praza.

Ademais o Bai vía como o Bertamiráns B levaba 3 inxustos puntos do Platas Reinoso, mentres que a Esteirana voltaba cun puntiño, e gracias do nocturno partido en Amio.

Malpica - Ponteceso (4-0)

O Malpica venceu ao Ponteceso-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Pombo, Adrián, Manu Casal, David Castro, Alemán, Fernando Varela, M. Maradona (Tato, min.76), Cheo (Eloy Cabeza, min.63), Abel (Neucha, min.56), Ismael (Andrés, min.67), Juan oBello.
O Ponteceso non sacou nada de Pedra Queimada-Foto-Luis E Porto
  • PONTECESO: Eusebio, Dani Cotelo, Javi Peón, Óscar Moscoso (Lorenzo, min.46), Josito, Mendieta, Martín Puente, Alberto Recarey, Youssef, Bolón (Yago, min.46), Dieguito (David Brenlla, min.62).
  • Goles: 1-0, min.10: Abel de cabeza a un saque de banda de Cheo; 2-0, min.12: M. Maradona baixa un pase de oBello e bate de volea a Eusebio; 3-0, min.43: David Castro de penalti sobre Juan oBello; 4-0, min.78: Eloy Cabeza remata un córner botado por Juan oBello.
Cheo e Mendieta Capis Malpica e Ponteceso-Foto-Luis E Porto

Foi un querer e non poder o do Ponteceso en Pedra Queimada. Os de Mato chegaban tras un parón no que esperaban recuperar máis efectivos pero este comezo de ano foi tan negativo como o estaba sendo o 2013. Non ían 12 minutos e o Malpica xa levaba 2 tantos de vantaxe e ao final da primeira metade o partido quedaba sentenciado co 3º. Intentouno a base de tocar o cadro pontecesán pero sen profundidade nin verticalidade, tendo apenas 2 ocasións no ecuador do primeiro tempo, que puideron servir para recurtar, pero a falta botada por Óscar Moscoso non atopou rematador e Bolón non acertou a machacar un rexeite tras un córner.

O Malpica, nun gran partido de oBello, soubo aproveitar as súas armas, tivo máis eficacia e pillaría na zona de arriba e acabou levando os puntos e facendo dano a un tocado Ponteceso.

Malpica-Ponteceso_Foto-Wash Calvo

Baio - Bertamiráns B (1-2)

  • BAIO: Anxo, Jose (Alberto II, min.22), Chema, Yago, Eloy (Christian, min.46), Martin, Brais, Bieito, Alberto, Canay (Norberto, min.70), Santi Díaz.
  • Goles: 0-1, min.15; 0-2, min.25; 1-2, min.87: Santi Díaz.
  • Lesión: Jose.

Foi máis efectivo o Bertamiráns B ante un Baio que mereceu moito máis. O filial apenas chegou 3 veces á meta de Anxo e dous remataron en goles. Foi no ecuador da primeira, cando tras un comezo moi bo do Baio o cadro visitante se metía cun inmerecido 0-2.

De aí ao descando o Baio non respostou pero tampouco sufríu máis. Na segunda o panorama foi de dominio total local. Con defensa de tres os de Félix botáronse arriba e tiveron ocasións para igualar e mesmo para darlle a volta ao marcador, pero gol só chegaba no min.87 por medio do xuvenil Santi Díaz, o sábado titular no cadro baiés. Un tanto que non servía para acadar as táboas, a pesar de Chema tivese unha clara ocasión xa co tempo cumplido que repeliu o poste.

Amio - Esteirana (1-1)

  • ESTEIRANA: Manu, Roi, Codesido, Maseiras, Dani Rama, Pabliño, Josiño (Alberto, min.60), Andel, Simón, Kike, Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.78; 1-1, min.89: Kike de penalti.

Partido que se disputou o sábado ás 20:00h, un horario moi extrano para os xogadores, complementado polo frío destes días. Todas as circunstancias que rodeaban o partido, como foi o tempo destas navidades, fixo que os esteiráns fosen en cadro a Amio, a disputar un partido, o cal se antoxaba determinante para ambos, xa que de gañar a Esteirana veríase cunha marxe de puntos importante sobre o descenso.

Con esta previa xogouse un partido feo, trabado, moi espeso e de escaso xogo por parte dos visitantes. O dominio dos locais foi superficial, xa que non se viu reflexado en ocasións de gol, aínda que si se impuxeron nos balóns aéreos, nos rexeites e na disputa do balón. Tres foron as ocasións claras da Esteirana na primeira parte: unha de Kike que nunha contra tivo a portería a punto para marcar pero disparou fóra. Róber Pladur, dentro da área, controlou un balón tras xogada, chutou á reviravolta pero o balón foise alto. E Simón tras internada por banda, remata cruzado. Esta foi toda a historia da primeira metade.

Na segunda entrou o Amio moi metido no encontro, con moitos centros laterais e dominio a base de balóns longos. Nunha destas, centro desde a esquerda e por elevación sobre o defensa se produciu o remate que poría o 1-0 no marcador. Foise arriba o equipo visitante, arriscando algo e no 89 penalti por cortar o balón ca man tras recorte de Kike que el mesmo transforma. Este gol e as protestas dos locais serían a tónica do remate dun partido que duraría ata o 97.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios