Luns. 06.05.2024
El tiempo

Resultados da primeira xornada do 2014 chea de derbis

Resultados da primeira xornada do 2014 chea de derbis
O Montelouro-Seaia foi o único choque adiantado da 3ª-Foto-Edu Olveira

Arrincou o 2014 cunha xornada a medias e cun tempo rabudo. Non houbo competicións ligueiras na 3ª Autonómica (só un partido e adiantado), de cadetes para abaixo e tampouco en Veteranos nin na Liga Intermunicipios, pero o ano comezaba con varios derbis interesantes.

Como o vivido na Preferente entre Soneira e Dumbría, que arrincaba cun minuto de silencio polo falecemento dun dos míticos socios do clube soneirán, Victorio do Campo. Un derbi que rematou con vitoria visitante que deixa ao Soneira pechacancelas para comezar o 2014, quedando o Dumbría 5º a só 2 puntos da 3ª praza. O XSC empezaba o ano como acababa, e a nova derrota o deixa na 15ª praza, xa moito máis cerca da zona baixa que da alta.

Tamén con derbi empezaba a 1ª Autonómica, e cun resultado semellante. O equipo da zona alta, o Malpica, daba conta, desta volta por goleada, do pechacancelas, o Ponteceso. A Esteirana sumaba un empatiño en Amio e o Baio caía na casa ante o filial do Bertamiráns. O Camariñas sumaba 3 puntos esta xornada tralo choque adiantado a antes de fin de ano, pero non lle serven para deixar a zona de descenso.

A xornada da 2ª Autonómica comezaba cun partido menos, pois o Mazaricos-Zas era suspendido pola néboa. Sorprendente o comezo de ano do líder, o Sofán, que caía na casa ante a súa besta negra, o Cabana. Mantense de líder pero o Zas queda a só 2 puntos cun partido menos. O Cee non pasaba do empate en Camelle e o Fisterra caía na casa ante un Buño que xa está case que cos de arriba, igual que o Carnota.
Pero había un choque que sobresaia por riba de todos, pois o Cunchido acollía un intenso Outes-Corme entre dous dos equipos que mellor xogo desplegan da categoría. O choque rematou cun espectacular 2-3 que deixa ao Corme a 1 punto do Outes e a só 4 do líder.

Na 3ª Autonómica só se disputaba un choque adiantado, no que o Montelouro perdeu a ocasión de poñerse unha semana de líder, e permite que o Seaia se achegue a só un punto, e e por debaixo do líder, o Baíñas.

En Xuvenís as cousas seguen clarexándose e seguen os 3 de arriba destacados, pero un pouquiño menos. No Sur, o Cee e o Outes están a 6 puntos da 3ª praza, dun XSC que conseguía un empate nun choque vibrante ante o poderoso Dumbría. A que sorprendía era a derrota da Esteirana co Outes, que deixa aos de Esteiro cun só punto máis que o XSC e 7 sobre Cee e Outes.
Polo Norte o Coristanco é agora o que amenaza ao Corme nesa 3ª praza. Os cormeláns non pasaban do empate ante o Laxe e o Coristanco sufría para sacar un 0-1 en Camariñas e queda a 5 dos azulóns. Atrás queda o Ponteceso, que xa pareceu tirar a toalla tras un comezo fantástico de temporada e queda a 9 puntos tras caer estrepitosamente en Arliña. Por arriba, Cabana e Malpica non fallaban ante un gran Baio que prantou cara nas Redondas, e un Castriz que pouco puido facer en Pedra Queimada.

Foi mala a xornada para os equipos das máximas categorías base. O Dumbría División de Honra Cadete caía ante Coruxo e cae á 6ª praza. Mentres, na Liga Galega Infantil dúas derrotas dos dumbrieses e dos xalleiros.

E xa temos final da Copa da Costa Cadete, que se disputará o 01-05-13 entre Coristanco e Fisterra, tras superar ambos nas semis esta fin de semana a XSC e Muros.

Preferente, xornada 19

Viveiro 3-1 Xallas StComba
Soneira 0-1 Dumbría

1ª Autonómica, xornada 17

Malpica 4-0 Ponteceso
Baio 1-2 Bertamiráns B
Amio1-1 Esteirana
  • O Camariñas adiantou o seu partido ante o Lamela vencendo por 2-0.

2ª Autonómica, xornada 17

Camelle 1-1 Cee
Volantes 4-2 Muros
Fisterra 1-2 Buño
Carnota 4-1 Corcubión
Sofán 0-1 Cabana
Mazaricos Susp. Zas
Castriz 5-0 Indep. Carballo
Porteño 3-4San Lorenzo
Outes 2-3 Corme
  • Sofán-Cabana nas Eiroas.

3ª Autonómica, xornada 10

Montelouro2-3Seaia
  • Partido adiantado da xornada 10, que se disputa a vindeira fin de semana.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 18

Esteirana 0-4 Outes
Xallas StComba4-4 Dumbría
Cee 8-0 Soneira
  • Descansan Lira e Fisterra.
  • Muros-Mazaricos xa foi xogado a semana pasada co resultado de 1-1.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 18

Malpica 6-0 Castriz
Corme 3-3 Laxe
Camariñas 0-1 Coristanco
Cabana 2-1 Baio
Muxía 5-1 Ponteceso
  • Descansa Porteño.

División de Honra Cadete, xornada 16

Coruxo 2-1Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 16

Xallas StComba 1-2 Foz
Ural 7-0 Dumbría

Copa da Costa Cadete, Semifinais

Coristanco 3-2XSC
Muros 0-2Fisterra

Máis información

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios