Luns. 06.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Corme xa está aí

2ª Autonómica: O Corme xa está aí
O Cabana volvía facer a súa labor de besta negra na noite das Eiroas ante o Sofán-Foto-SD Sofán Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos

O Corme é o gran protagonista desta 17ª xornada da 2ª Autonómica. Remata así a primeira volta e quedamos á espera de coñecer o campión de inverno pois o Zas vía como se suspendía o partido en Mazaricos pola néboa e pode aínda rematar no máis alto.

Pero volvemos a Corme, que sacaba unha importantísima vitoria en Outes, ante o que foi líder durante moitas xornadas e do que chegou a estar a 14 puntos. Hoxe, o Corme durme a 1 punto do Outes e a só 4 do liderato, que segue polo de pronto nas mans duns Sofán que caía ante a súa besta negra, un Cabana que ademais sae do descenso.

Por detrás dos Sofán, Zas, Outes e Corme, e empatado con estes, está o Cee, que non pasaba do empate o sábado en Camelle. O Fisterra caía ante un Buño que xa está na zona dos grandes, ao igual que o Carnota, que daba conta do pechacancelas, un Corcubión que parece telo moi costa arriba.

Outro que espera que o 2014 chegue con novas viandas é o IDC, que caía en Castriz noutro partido que chegab con 11 xustos. Os de Rafa comezan pois o 2014 en descenso pero contan con recuperar alomenos 4 ou 5 efectivos para a vindeira semana.

Outes - Corme (2-3)

  • OUTES: Gato, Borja, Saúl (Mosto, min.65), Chúa, Maduro, Chía (Michi, min.55), David, Martín (Babu, min.70), Elías (Barral, min.46), Migui (Samuel, min.46), Piki.
  • CORME: Javi, Adolfo, Dani, Jesús, Alejandro, Juan Chans (Manu, min.65), Brais, Miguel Torrado, Sergio (Diego, min.85), Lucas, Toniño.
  • Goles: 0-1, min.20: Brais a pase de Toniño tras unha fermosa triangulación colectiva; 0-2, min.30: en propia meta; 1-2, min.50: Barral a pase de Samuel tras unha boa combinación; 2-2, min.90: Babu pola escuadra tras uns rexeites dende lonxe pola escuadra; 2-3, min.93: Lucas de penalti riguroso sobre Toniño.

Partidazo, moi bonito o xogado no Cunchido que non defraudou aos que se achegaron. Espectacular está este Corme, que puido ter gañado por xogo e ocasións, pero que acabou gañando no último suspiro xa co tempo cumplido. En fronte, un Outes que está nunha mala xeira de resultados nas últimas xornadas pero que competiu ata o final e que non sacou un empate de milagre.

A primeira metade, con bo fútbol, foi mellor o Corme, que combinou moi ben e marcou un par de tantos de bella factura. Reaccionaba o Outes na segunda, e a base de garra, e coa aportación dos Barral e Samuel dende o banco. Recurtaba o propio Barral tamén tras unha boa xogada. Co 1-2 puido sentenciar o Corme pero Juan fallou un penalti que parou Gato. Michi tivo unha gran ocasión á que respostou de marabilla Javi, e xa no min.90 Babu, que facía unha fin de semana espectacular tras marcar dous á Esteirana nos xuvenís e tivo que ser convocado tralas enfermidades Poke e Jura, marcaba un golazo dende fóra que puña as táboas no marcador.

E cando todo parecía que remataría en empate, o colexiado sinalou un penalti por unha rigorosa acción de Mosto sobre Toniño que Lucas non desaproveitou, para sumar 3 puntos para meterse arriba de todo.

Camelle - Cee (1-1)

  • CAMELLE: Carlos de Dido, Adrián Ramos (Arnosi, min.70), Ángel Riveiro, Matías, Mario, Javi Rañal, Sergio Romero, Miguel Riveiro, Varu (Cuchi, min.75), Tonsón.
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Rubén Fiuza, Piquero, Angeliño, Diego Cespón (Jacobo, min.63), Llanero (Javi, min.65), Isma Lamela, Penedo e Cristian (Jose Lago, min.46).
  • Goles: 1-0, min.18: Sergio Romero; 1-1, min.65: Llanero de penalti.
  • Conseguía manter un punto na casa o Camelle e iso que tiña ao xogador de campo Carlos de Dido baixo paus, ante tanta baixa. O cadro local se adiantaba por medio de Sergio Romero tras bos primeiros minutos dos locais. Pero a partir de aí o Cee tomaba lixeiramente o mando. Pero o Camelle aguantaba ben as embestidas visitantes, a pesar dun par de boas ocasións ceenses de Llanero e Dani Freire. Ata que mediada a segunda metade, un penalti non era desproveitado por Llanero para facer a igualada. Os ceenses protestaron ademais un posible penalti por mans dentro da área co 1-1 no marcador.

    Volantes - Muros (4-2)

    • VOLANTES: Yago, Fran Piñeiro, Miguel, Manu, Mingos, Iago, Martín (Cajulo, min.67), Varo, Adrián (Miguel, min.89), Gabri, Brais (Jesús, min.86) e Iván (Álvaro, min.86).
    • MUROS: Fabio, Ramón, Teo, Pelos, Iván, Pedro, Dani, Gelo, Saúl, Sexo e Jesús. Tamen xogaron: Gabo, Eloy, Ramón e Veloso.
    • Goles: 1-0, min.15: Brais tras un rexeite nunha xogada a balón parado; 2-0, min.30: Adrián Riomayor nunha xogada ensaiada; 2-1, min.55: Pelos de falta directa 2-2, min.65: Pelos de cabeza nunha xogada a balón parado; 2-3, min.80: Iago de penalti; 2-4, min.85: Ivi Nimo.

    A pesar do tanteo, foi un mal partido de ambos conxuntos muradáns, no que a tensión do derbi fixo mell ano xogo. Non houbo dominador claro pero o cadro laranxa tiraba de eficacia para colocarse por diante nas dúas primeiras ocasións. O Muros reaccionaba ante o segundo gol, e antes do descanso un balón de cabeza de Iván batía no longueiro como aviso.

    Xa na segunda metade o Muros tivo mais oportunidades, sobre todo a balón parado. Pelos empataba o partido con dous bos tantos, pero un mal despexe da defensa do Muros fixo que o Volantes con algo de sorte, volvera poñerse por diante a falta de 10 para o final e de penalti.

    Fisterra - Buño (1-2)

    • FISTERRA: Joselu, Dani, Robertín (Munitis, min.60), Sergio Manín, Santi, Tati (Bebeto, min.75), Manuel Cartamil (Naranjo, min.66), Hidalgo, Aitor, Mané, Bruno.
    • BUÑO: Brais, Eloy, Iago, Rubén, Alfredo, Dani, Gurita, Diego, Fran Borrazás, Elías e Charro (Martín, min.90).
    • Goles: 1-0, min.50: Dani no rexeite dun córner; 2-0, min.89: Diego no man a man; 2-1, min.94: Bebeto.
    • Expulsión: o visitante Elías por entrar sen permiso xa no permiso no min.80.

    5 partidos sen perder, e dos últimos 10 partidos, 8 vitorias. Ese é o balance deste Buño de Esmorís que xa se coloca na zona alta, a un só punto do propio Fisterra. Foi este un partido moi igualado, sen dominador claro, e con cheiro a empate, pero no que o Buño estivo máis acertado cara gol.

    Arrincaba o choque cunha ocasión de Iago para os visitantes que mandaba o balón arriba, e Aitor cruzaba demasiado un tiro para os locais.

    A segunda empezaba co gol do Buño tras un par rexeites Dani acerta a meter para dentro un córner. Quedaba moitos minutos por diante e o Fisterra comezaba a apretar. Foron os últimso 15 minutos xa de asedio local, pero foi o Buño o que ampliaría a renda no min.89, e só aí o cadro local puido recurtar xa sen tempo para o empate.

    Carnota - Corcubión (4-1)

    • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro (Fernando, min.66), Tono da Caixa (Pablo Pichín, min.79), Manolo Chouza, Pedro Pichín, Pumuky, Iván Maceiras (Pablo Beiro, min.57), Adrián, Nakata, Rodrigo, Manuel Luís (David, min.69).
    • CORCUBIÓN: Perlón, Marcos, Senra, Gabi (Trillo, min.46), Balucho, Jesús, Edu, Alberto (Tito, min.57), Sebas, Lema e Mario (Lucas, min.78).
    • Goles: 1-0, min.5: Manuel Luís; 2-0, min.15: Iván Maceiras; 3-0, min.30: Ferreiro 3-1, min.36: Mario de falta; 4-1, min.52: Manuel Luís.

    Comezaba durmido o Corcubión o 2014, e de contado se adiantaba o cadro local por partida doble. Un Carnota que puido ampliar a renda en varias ocasións que salvaba Jesús.

    Na segunda, o Corcubión dominaba territorialmente pero o partido era de ida e volta e as mellores ocasións eran do bando local, que facía moito dano á contra.

    Sofán - Cabana (0-1)

    • SOFÁN: Lerma, Iván Rey, Marcos Pensado (Diego, min.75), Cantudo (Gustavo, min.80), Javier Souto, Jorge Calvete (Míchel, min.80), Martín, Brais, Bertín, Iván Rojo e Suso Docampo (Santi, min.65).
    • CABANA: Añón, Isma, Eloy (Jose, min.70), Iván , Charli, Eloy Vilas, Diego (Sande, min.35), Fernando (Iván Mato, min.70), Josiño e Berti.
    • Gol: 0-1, min.70: Berti dende 40 metros pola escuadra.
    Non lle senta ben nunca á SD trasladarse ás Eiroas, e ademais se toca contra a súa besta negra. Curiosamente o ano pasado tamén se xogaba o partido contra o Cabana nas Eiroas, e curiosamente o partido remataba cun 0-1 a favor dos rosoneros con tanto de Iván de Treos. Desta volta foi Berti, cun golazo, o que decantou a balanza para os cabaneses, que suman 3 puntos que os sacan do descenso.

    O choque foi moi igualado, cun Cabana ben prantado atrás, ante un Sofán que intentaba combinar pero non atopaba o camiño entre as filas cabanesas. O Sofán parecía con presa, todo o contrario dun Cabana que sacaba perigosas contras. Josito rematou lambendo o pau na única ocasión, para ambos conxuntos, do primeiro tempo.

    Comezaba o Sofán máis metido, cun Iván Rey facendo incursións pola banda pero a defensa cabanesa non deixaba portas abertas. Berti facía o gol visitante e malia que a SD arriscaba no treito final, non chegaría o empate.

    Protestarían os sofanistas unha xogada na que Añón se podía meter co balón dentro da súa portería, pero a colexiada concedía córner. O enfado local traduciríase en 15 minutos de presas, balóns colgados e perigo relativo á meta cabanesa, que soubo aguantar as atropeladas accións da SD.

    Castriz - Indep. Carballo (5-0)

    • CASTRIZ: Juan (Víctor, min.75), Bruno, Alberto (Sergio Gerpe, min.54), Cili, David Pose, César (Esteban Quintáns, min.68), Rubén (Fabio, min.65), David Agra, Castro, Alex (Yordi, min.68), Chinda.
    • IDC: Noé, Yoni, Belar, Dani Rosalía, Pichel, Esteban, Cholo, Juni, Manu, Diego e Fraga.
    • Goles: 1-0, min.1: David Agra; 2-0, min.30: David Agra; 3-0, min.34: Castro; 4-0, min.80: Cili; 5-0, min.87: David Pose.

    Con 11 xustos, dadas as 9 baixas, se presentaba o IDC en Castriz esperando que os Reis traian alomenos para a vindeira semana 4 ou 5 efectivos máis. De feito, acababa o equipo carballés con 10 sobre o campo e o porteiro suplente de xogador.

    Así, David Agra encarrilaba pronto a goleada que remataban Cili e David Pose na recta final.

    Porteño - San Lorenzo (3-4)

    Porteno-San Lorenzo-Foto-Porteno
    • PORTEÑO: Bonano, Juan (Pejo, min.55), Esteban, Iago, Caamaño, Doyle, David (Marcos, min.70), Varela, Óscar, Ismael e Michael (Piti, min.65) (Parga, min.85).
    • SAN LORENZO: Gabriel (Puyol, min.62), Ruben, Adrián, Anxo, David (Eloy, min, min.75), Cachizo, Chucho, Fuentefría, Schuster, Dani, Javi (Velo, min.60).
    • Goles: 0-1, min.20: Javi; 0-2, min.37: Fuentefría; 1-2, min.40: Michael; 2-2, min.43: Varela; 3-2, min.50: Caamaño; 3-3, min.83: Cachizo; 3-4, min.94: o meta local Bonano en propia meta.

    Partido vibrante que se cadra podería ter rematado nun empate, pero que o facía cunha vitoria, a 4ª consecutiva dos de Gueli, que chegaba in extremis. En todo caso, por ocasións o San Lorenzo tivo máis, pero o Porteño foi quen de remontar un 0-2 e mesmo poñerse por diante na segunda metade, e ao final quedou sen premio.

    A primeira metade foi máis dos visitantes que se metían 0-2, pero antes do descanso o Porteño recurtaba e en 5 minutos lle daban a volta ao marcador. A partir dese 3-2, os visitantes se meteron apretando pero sen acerto con ocasións de Cachizo con dúas claras, Velo, Schuster. Pero acabaría remontando o San Lorenzo cun tanto no desconto moi protestado polos locais ao entender que houbo falta ao porteiro.

    Mazaricos - Zas (Susp.)

    Neboa no Pino do Val

    A espesa néboa impediu que se xogase un partido que podía colocar ao Zas líder.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Fonte

Comentarios