Preferente: O Dumbría deixa ao Soneira pechacancelas

A xornada 19 da Preferente deixa ao Soneira pechacancelas para comezar o curso. O Dumbría levaba 3 puntos do Municipal vimiancés que o achegan moito á zona alta tras un choque moi igualado.
A mala xeira soneirá, con 11 partidos sen gañar, pode compararse coa do XSC, que leva só unha vitoria en 10 choques. Os xalleiros se puxeron por diante ante todo un Viveiro pero ao final non puideron sacar nada positivo do campo do 3º clasificado.
Soneira - Dumbría (0-1)

- SONEIRA: Víctor, Pichi, Fran de Urroa, Michael, Mayuyo (Richi, min.80), Brais, De La Sierra, Riki, Javi, Baba e Basti.
- DUMBRIA: Julian, Jose, Oscarín (David, min.88), Iago, Pablo Conde, Jota (Cote, min.67), Rivi (Jesús, min.59), Aarón López, Doro, Adrián Makaay (Luisito, min.59) e Adrian Nieto (Rudy, min.89).
- Gol: 0-1, min.55: Adrián Nieto.

O partido comezaba cun minuto de silencio polo pasamento dun dos máis míticos socios do Soneira SD, Victorino do Campo.
Partido moi igualado no que a xuventude vimiancesa mereceu algo máis. Na primeira metade, co vento a favor, o Dumbría tivo algo máis de presencia en ataque, pero non materializou as poucas ocasións de gol que tivo. Polo bando local Riki gozou dunha boa oportunidade de gol.
Xa no segundo tempo, o forte vento e auga non deixaron ver un gran xogo no Municipal. Tras un arranque de tanteo, o Dumbría marcaría por medio do seu dianteiro Adrian NIeto que tras un córner recollía un rexeite na frontal da área e batía por raso a Víctor. A partir de aí foron aumentando pouco a pouco a presenza na área de Julián pero non foron quen de perforar a meta do carballés.
O Dumbría, á contra tivo un par de ocasións para sentenciar pero o marcador xa non se movería sumando tres puntos fundamentais os dumbrieses que se colan na parte alta da clasificación. Os locais terán que seguir traballando para loitar por saír dos postos de descenso.

Viveiro - Xallas StComba (3-1)
- XSC: Pablo, Rubén, Cristian (Ismael, min.80), Alfonso, Héctor, Jonathan, Marcos (Arnejo, min.65), Jesús (Rubio, min.90), Richi (Iván Forján, min.70), Darío, César.
- Goles: 0-1, min.50: César; 1-1, min.60; 2-1, min.77; 3-1, min.83.
Non sae da xeira de malos resultados o equipo de Julio Martínez a pesar do paró de Nadal. Os xalleiros arrincaban ben o partido e tras unha igualada primeira metade se metían por diante co gol de César nada máis comezar o segundo tempo. Pero comezou a apretar o equipo local, que cómpre lembrar está 3º na táboa, e acabou remontando, cun tanto de penalti e outro xa nos últimos minutos.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa”.
- www.copadacosta.com.
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
Artigos relacionados
- A Escola dumbriesa do Atlético de Madrid abre as súas portas a toda a bisbarra.
- David Castro: 29273&opinion=1">Un día polos 50 anos do Buño.
- David Castro: Gracias Ángel, por darlle tanto ao Fútbol da Costa.
- Anxo Garrido: A homenaxe da UD Cerqueda a Ángel Garrido en vídeo.
- Pablo Varela: A conta atrás do R.C. Deportivo.
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- Alberto Pose: Da ilusión que xeneran os cromos da Costa.
- Unha exposición estrea os actos do 50 aniversario do CD Baio.
- O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa.
- O Atlélico de Madrid aterra en Dumbría.
- Manuel Varela: A Costa do Fútbol.
- #Regateegol: Vídeoentrevista cos presidentes máis novos do Fútbol da Costa.
- Unha bufanda, a do SD Camelle, que percorre o mundo.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).