Resultados da penúltima xornada do ano
         11 de decembro de 2011 (15:36 h.)
      
    
              Unha xornada máis no fútbol da Costa, a penúltima do ano, que non trae moitas sorpresas, salvo o empate do Camariñas na Segunda Autonómica.
En Preferente, o máis negativo foi a derrota do Soneira en Foz que o coloca en postos de descenso tras a vitoria do Ribadeo, non saen os de Vimianzo desa racha negativa que, pese a que queda moita liga, pode ser un lastre para a segunda volta. O Santa Comba gañaballe o xoves, con moitos apuros ao Grixoa, e cos resultados que se deron colocase segundo e posto de ascenso directo. Os seus veciños de Xallas non foron capaces de sacar algo positivo do campo do invicto Compostela. A cara positiva deste domingo en Preferente douna o Dumbría que sen moito ruído colócanse no medio da táboa.
En Primeira, seguen sen darnos alegrías os dous representantes da Costa, mentres que o Cee perdía na casa e segue último, o Ponteceso facía o mesmo no difícil campo do Noia, pero veñen con sensacións positivas pois os goles da vitoria local chegaron nos últimos minutos e o terceiro nunha situación moi dubidosa.
Na Costa, como xa apuntabamos, a sorpresa foi o empate do líder na casa fronte ao Castriz, comezaron perdendo os de Manolín e conseguiron a igualada no minuto 80 por medio de David, moitas ocasións para os camariñáns pero non puideron sacar máis que un punto. Os de Caion fixeron os deberes o sábado gañando ao San Lorenzo e quedan agora a tres puntos do Camariñas polo que pasan a depender se sí, nunha liga que dominan os dous con moita superioridade, aínda que o Fisterra quere romper esa bipolaridade. Gañou o sábado e segue a espera de que fallen os dous primeiros e suma xa sete vitorias consecutivas. Outro que vén moi calado é o Baio, xa é cuarto, aínda que tivo que suar e moito para dobregar o entramado defensivo do Corcubión, no minuto 84 os de Tono perdía 1-0 e acabaron remontado con goles de Canai e Martín MC por partida dobre.
Na Terceira rematou a primeira volta e o Cabana acaba como campión de inverno ao desfacerse con máis apuros dos previstos ao Corcoesto no derbi do Concello. O resto de equipos da parte alta non fallaron. O Outes gañou con comodidade ao Xaviña, o mesmo fixo o Montelouro hoxe en Muxía. O partido máis interesante da xornada foi o Carnota-Cerqueda que acabou coa vitoria local no desconto, aos malpicáns non lle esta acompañando a sorte no tramo final de ano.
En xuvenís non houbo sopresas entre os primeiros clasificados, tan so cabe destacar a traballada vitoria do Dumbría B ante o Zas.
 
        
      
    
  Preferente, xornada 16
| Dumbría | 2-0 | Santiago | 
| S.D. Compostela | 3-2 | Xallas | 
| Foz | 1-2 | Soneira | 
| Santa Comba | 2-0 | Grixoa | 
1ª Autonómica, xornada15
| Noia | 4-2 | Ponteceso | 
| Cee | 0-2 | Flavia | 
2ª Autonómica, xornada15
| Fisterra | 5-3 | Zas | 
| Club do Mar | 3-0 | San Lorenzo | 
| Esteirana | 2-2 | Dumbría B | 
| Malpica | 2-0 | Muros | 
| Corme | 2-1 | Mazaricos | 
| Sofán | 3-1 | Nantón | 
| Camariñas | 1-1 | Castriz | 
| Baio | 3-1 | Corcubión | 
| Buño | 2-1 | O Pindo | 
3ª Autonómica, xornada 18
| Lira | 0-0 | Alcaián | 
| Laxe | 3-3 | Porteño | 
| Xaviña | 0-3 | Outes | 
| Cabana | 3-1 | Corcoesto | 
| Fisterra B | 5-2 | Soneira B | 
| Camelle | 1-3 | Indep. Carballo | 
| Carnota | 3-2 | Cerqueda | 
| Muxía | 1-5 | Montelouro | 
| Atl. Pereiriña | 2-3 | Volantes | 
Liga Nacional, xornada 14
| Bergantiños | 2-1 | Colegio Hogar | 
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 13
| Soneira | 1-1 | Dumbría | 
| Fisterra | 5-1 | Muros | 
| Santa Comba | 2-2 | Esteirana | 
| Outes | 1-2 | Corcubión | 
| Cee | 2-1 | Mazaricos | 
Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 17
| Camariñas | 4-2 | Corme | 
| Dumbría B | 4-3 | Zas | 
| Coristanco | 2-3 | Baio | 
| Malpica | 5-0 | Cabana | 
| Ponteceso | 8-0 | Muxía | 
División Honra Cadete, xornada 14
| Bergantiños | 3-4 | S.de Compostela | 
2ª Cadete, xornada 15
| Muxía | 1-10 | Malpica | 
| Ponteceso | 11-3 | Zas | 
| Fisterra | 1-7 | Camariñas | 
| Esteirana | 2-1 | Outes | 
| Coristanco | 1-4 | Cee | 
| Dumbría | 7-0 | Muros | 
| Porteño | 1-6 | Cabana | 
| Baio | 3-2 | Soneira | 
2ª Infantil, xornada 15
| E.M.F. Vimianzo | 0-9 | Cee | 
| Esteirana | 5-2 | Corme | 
| Coristanco | 9-1 | As Baleas | 
| Fisterra | 0-3 | Dumbría | 
| Cabana | 10-1 | Baio | 
| Outes | 6-1 | Muxía | 
| Ponteceso | 3-4 | E.D. Os Miudos | 
Liga de Veteranos, xornada 14
1ª División
| Bértoa | 3-0 | Buño | 
| Zas | 0-1 | Nantón | 
| Ponteceso | 1-1 | Cabana | 
| San Lorenzo | 3-1 | Xv. Bergantiños | 
| Corcubión | 5-3 | Vimianzo | 
| Bergantiños | 0-3 | Castriz | 
| Baio | 2-2 | Camariñas | 
2ª División
| Muros | 1-2 | Agualada | 
| Soneira | 6-0 | Sofán | 
| Cerqueda | 0-2 | Leiloio | 
| Club do Mar | 3-5 | Malpica | 
| Porteño | 0-2 | Coristanco | 
| Corme | 1-0 | Dep. Carballo | 
| Corcoesto | 2-2 | At. Milagrosa | 
Máis información
Crónicas da semana
- Preferente/2ª/3ª: Crónicas e resultados dos partidos do día da inmaculada.
 - 3ª Autonómica: Poucas sorpresas na xornada de Terceira.
 - Xuvenil Norte: O Malpica segue implacable e o Ponteceso perde opcións.
 - Xuvenil Sur: Un exemplo mal exemplo dos pais e siareiros no fútbol base.
 - 3ª Autonómica: Loita densa entre os de arriba.
 - 2ª Autonómica: 3 destacados por arriba e o resto mirando para abaixo.
 - Preferente: Un por arriba, un por abaixo e dous na zona media.
 - 1ª Autonómica: Josito decide un tedioso derbi.
 - Resultados da fin de semana de fútbol na Costa.
 - Comeza unha igualada Liga de Fútbol Sala de Cee.
 
Máis novas
- O Barsa de Preferente xoga de laranxa.
 - Vídeo entrevista de Anxo Garrido co colexiado Marcos Ordóñez.
 - A Copa do Mundo na fin do mundo.
 - A Bitacora da Semana: O blog da Camelle.
 - A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
 - Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
 - Un Dumbría descarado.
 - Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
 - Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
 - Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
 - O Plan Competicional e a Liga á carta.
 
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).